venres, 22 de xaneiro de 2016

BANSKY

É o pseudónimo co que se coñece ao artista actual máis representativo do Street Art (arte urbana), que engloba todo tipo de expresión artística realizada na rúa de forma ilegal. 

Non se teñen datos biográficos sobre el. No ano 2008, o xornal Mail on Sunday anunciou que descubrira a súa identidade, identificándoo como Robin Gunningham, feito que el sempre negou.

No seu libro Wall and Street dinos que empezou pintado directamente sobre as paredes utilizando sprays. Ao ser isto moi arriscado, empezou a usar plantillas propias de cartón. 

As súas obras levan implícitas críticas sobre temas contemporáneos (o consumismo, o terrorismo, a autoridade política, a arte, etc.), e como el mesmo di: “Unha parede é unha arma moi grande. É unha das cousas máis desagradables coas que podes golpear a alguén.”


    



       

 
       

     



  


Ningún comentario:

Publicar un comentario