La cortadora de margaritas (Enrique García e Rubén Salazar)
Zaira, unha nena de apenas 10 anos, vive a inxustiza dunha guerra, coa perspectiva que lle permite a súa tenra e inxenua mirada. Ela recolle todos os días margaridas para un amigo ao que bota de menos; para non esquecerlle, para non perderlle...
El circo de las mariposas (Joshua Weigel)
Verástegui representa ao señor Méndez, quen, durante a Gran Depresión, percorre co seu circo as paraxes abatidas de Estados Unidos. Will, un mozo sen brazos e só o amago dunha perna, exposto nunha feira como un erro da natureza, escapa e únese á troupé de Méndez, onde descobre outra forma de facer espectáculo e plantea o seu porvir á luz dos seus novos compañeiros.
La guerra (Luis Berdejo e Jorge C. Dorado)
Durante a Segunda Guerra Mundial un neno, coa súa irmá recentemente nada en brazos, escapa dos soldados que o perseguen. Logra refuxiarse nun armario dunha casa abandonada, pero os seus perseguidores están preto.
Los Nadies (Carlos Salgado)
O grupo de
deseñadores e artistas visuais de Freelance For escolleu o poema Los Nadies do escritor uruguaio Eduardo
Galeano para unha campaña da ONG África Directo. Neste vídeo de animación,
realizado gratuitamente pola Axencia de Publicidade Sra Rushmore, o escritor
puxo voz ao seu poema, incluído no Libro de
los abrazos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario