O Portal das Palabras, unha iniciativa Real Academia Galega e a Fundación Barrié, elixe a finais do mes de decembro a Palabra do Ano.
Na primeira quincena do mes de recóllense todas as propostas achegadas, faise una selección das máis populares que teñan maior carga semántica e, para rematar, ábrese unha votación pública para a escolla final.
No ano 2015 participaron 364 persoas e recolléronse 174 termos distintos. Entre os máis populares e que máis se adaptaban as bases, seleccionáronse seis: refuxiado, indignación, feminicidio, plebiscitario, xihadismo e rechouchío. O resultado coñeceuse o día 30 de decembro, sendo refuxiado a vocábulo máis representativo.
A Fundación del Español Urgente, promovida pola Axencia EFE e BBVA e asesorada pola Real Academia Española, coincidiu co Portal das Palabras en nomear refugiado como palabra do ano en español. Na lista das doce palabras finalistas figuraban tamén; chikunguña, sextuplete, inequidad, poliamor, disruptivo, me gusta (de Facebook), trolear, zasca, clictivismo, gastroneta e despatarre.
- Refuxiado, Palabra do ano 2015
- "Mira-que-din" de refuxiado
- Refugiado, palabra del año 2015 para la Fundéu BBVA
- 2015: El año de la crisis de refugiados en Europa
- Contra viento y marea. Ponte en la piel de un refugiado. (Xogo en liña)
Ningún comentario:
Publicar un comentario