venres, 22 de xaneiro de 2016

“SADAKO Y LA MIL GRULLAS DE PAPEL”

Esta curtametraxe está baseada nunha historia real. Cando Sadako Sasaki tiña dous anos, unha bomba atómica caeu sobre a súa cidade, Hiroshima en Xapón. Despois de dez anos, os médicos descubriron que tiña leucemia, un tipo de cancro causado pola bomba atómica. Durante a súa estancia no hospital, a súa amiga Chizuko cóntalle unha lenda:  aquela persoa que faga mil grullas de papel, recibirá un desexo de parte cada unha das grullas. Así que Sadako propúxose facelas pero só logrou completar 644.



Tras a súa morte, os seus compañeiros de colexio publicaron un libro coas súas cartas. Sadako converteuse nunha heroína para os nenos e nenas do seu país, que recadaron fondos para erixir un monumento a Sadako e a todos os nenos mortos a consecuencia da bomba atómica. En 1956 inaugurouse unha estatua no parque da Paz de Hiroshima. Na base está gravada a seguinte mensaxe:

Este é o noso berro,
é a nosa pregaria:
que haxa paz no mundo.


Sadako e as mil grullas son agora un símbolo de paz para todo o mundo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario