Durante a guerra de Vietnam, en 1972, unha bomba de napalm queimou as costas desta nena de nove anos, que se quitou a roupa para aliviar a súa dor e correu espida por unha estrada. A fotografía desa escena tomada polo fotógrafo Nick Ut deu a volta ao mundo e foi galardoada co Premio Pullitzer.
Co paso do tempo Kim deixou de sentir vergoña ao ver a fotografía e descubriu que “se non podía escapar desta imaxe, quería utilizala para a paz. E esa é a miña elección.”
En 1996, foi convidada á cerimonia conmemorativa da Guerra de Vietman (Día dos Veteranos) en Washington. Mentres pronunciaba un discurso dixo que atopara a felicidade e a liberdade despois de moitos anos de dor e sufrimento, perdoando publicamente á persoa que lanzara a bomba de naplam no seu pobo.
Kim foi nomeada Embaixadora de Boa Vontade da Unesco en 1994. Desde entón, dedica a súa vida a fomentar a paz. Con ese obxectivo fundou The Kim Foundation International, que axuda aos nenos vítimas da guerra.
- Phan Thị Kim Phúc.
- Kim Phuc. La fuerza del perdón.
- O selfie de Kim e Nick.
- Entrevista a Nick Pu en BBC Mundo.
- The Kim Foundation.
- A guerra do Vietnam.
- Napalm.
- Día de los Veteranos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario