domingo, 17 de xaneiro de 2016

DÍA ESCOLAR DA NON-VIOLENCIA E A PAZ

Logo do DENIP por Eulogio Díaz del Corral
Desde 1964, para conmemorar a morte de Gandhi, celébrase o 30 de xaneiro o Día Escolar da Non-violencia e a Paz, recoñecido pola UNESCO en 1993. Xurdiu dunha iniciativa pioneira, non gobernamental, independente, e voluntaria de Educación Non-violenta e Pacificadora do profesor español Llorenç Vidal.
O seu obxectivo é a educación en e para a tolerancia, a solidariedade, a concordia, o respecto aos Dereitos Humanos, a non-violencia e a paz. A mensaxe básica e permanente é: 


Amor universal, Non-violencia e Paz.
O Amor universal é mellor que o egoísmo,
a Non-violencia é mellor que a violencia


e a Paz é mellor que a guerra.




Ningún comentario:

Publicar un comentario