domingo, 31 de xaneiro de 2016

"HA VUELTO" de Trimur Vernes

Atendendo á petición feita por unha voluntaria da biblioteca incorporamos ao noso catálogo dixital esta novela humorística protagonizada e narrada en primeira persoa por Hitler.


Sinopse:
É a primavera de 2011. Adolf Hitler esperta nun escampado no centro de Berlín. Non hai símbolos nazis, reina a paz, as rúas están invadidas por estranxeiros, e Alemaña está gobernada por unha muller rechoncha que fai o que quere en Europa. Sesenta e seis anos despois da súa caída, o resucitado Hitler triunfa na televisión como perfecto imitador do Führer, un cómico xenial. Pero el non chancea en absoluto. A fama é a plataforma perfecta para retomar a súa carreira política. Que mal podería facer hoxe Hitler? Esta disparatada historia está contada por el mesmo, un home que analiza tenazmente a súa contorna, que descobre de modo fulminante os puntos débiles dos demais, que, cunha terquedad sen límites, se guía pola súa estraña lóxica, con fanatismo pero tamén con lucidez.

Podedes empezar a ler as primeiras páxinas AQUÍ.

Ningún comentario:

Publicar un comentario