Se queredes
ver algunha película sobre o tema aquí tedes dúas boas opcións para ver en
liña.
La vida es bella (Roberto Benigni)
En 1939, a piques de estalar a Segunda Guerra Mundial, o extravagante Guido chega a Arezzo (Italia) coa intención de abrir unha librería. Alí coñece a Doura e, a pesar de que é a prometida do fascista Ferruccio, casa con ela e ten un fillo. Ao estalar a guerra, os tres son internados nun campo de exterminio, onde Guido fará o imposible para facer crer ao seu fillo que a terrible situación que están a padecer é tan só un xogo.
La estrategia del caracol (Sergio Cabrera)
Os veciños dun dos barrios máis pobres da cidade colombiana de Bogotá loitan para evitar o derrubamento da casa onde viven, propiedade dun millonario sen escrúpulos. Defendendo o edificio contra xuíces e policías, planean unha orixinal estratexia ideada e dirixida por Don Jacinto, un vello anarquista español. A loita contra os especuladores e os corruptos está perdida antes de empezar, pero os veciños están dispostos a facer o que sexa para defender a súa dignidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario