Desde o ano 2006 a sección galega da Sociedade Española de Estudos
Clásicos (SEEC) organiza un concurso “on line” de cultura clásica que cada ano
versa sobre un tema e onde aparecen preguntas relacionadas cos currículos de
Cultura Clásica, Latín e Grego que se imparten en Secundaria. O
concurso ten dúas fases: a primeira autonómica e a segunda estatal onde compiten
os vencedores de cada autonomía ou sección.
A inscrición será desde o 1 de decembro
ata o 26 de xaneiro de 2016. O concurso terá lugar entre os días luns 1, martes
2, mércores 3 e xoves 4 de febreiro (primeira fase), e os días mércores 17 de
febreiro e mércores 2 de marzo de 2016 (desempate local e fase final estatal
respectivamente), segundo se detalla nas bases e calendario do concurso.
Nesta edición participarán as seccións
da SEEC de Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla, Aragón, Canarias,
Galicia, Extremadura, La Rioja, Valencia-Castellón e de Alacant, Valladolid, e
a Associació de Professorat de Llengües Clàssiques de Catalunya (APLEC).
- XI edición do concurso Odisea (Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Ningún comentario:
Publicar un comentario