xoves, 6 de abril de 2017

CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

A Casa-Museo Manuel María convoca un concurso de videopoemas sobre composicións poéticas de Rosalía de Castro e de Manuel María.

O concurso ten a finalidade de potenciar a creatividade artística do alumnado a través da conxunción da palabra, o son e a imaxe e, ao mesmo tempo, a difusión da obra poética en galego de Rosalía e a obra de Manuel María, dúas das voces máis destacadas da poesía galega.

Participantes
Alumnado dende 3º da ESO até 2º de Bacharelato, alumnado de FP de Grao Medio e de Grao Superior e alumnado de Ensinanzas Artísticas.

Requisitos
Os videopoemas participantes deberán ser construídos sobre a base dun poema en galego de Rosalía ou dun poema de Manuel María. O poema escollido deberá aparecer nalgún momento do vídeo sobreimpreso, con independencia de que apareza tamén doutros xeitos. As videocreacións deberán presentarse en formato MP4 e non excederán dos 3 minutos de duración (incluídos os créditos, se os houber).
As pezas deben ser orixinais e inéditas. Caso de seren empregadas músicas, imaxes ou textos alleos deberán estar libres de dereitos de autor para as pezas seren aceptadas.
Seralles confirmada a recepción da preinscrición a través de correo electrónico nas 48 horas seguintes a máis tardar.

Prazo
Os traballos deberán ser enviados antes do día 27 de abril por calquera medio dixital ao enderezo contacto@casamuseomanuelmaria.gal .
Antes do 8 de maio a Casa-Museo comunicará os videpoemas seleccionados para a súa proxección na Casa-Museo.
Dita proxección levarase a cabo nun acto público aberto que se celebrará o sábado 20 de maio na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei. Alí o xurado escollido, composto por persoas alleas á organización, valorará os traballos seleccionados e escollerá os premiados.

Premios
Premiaranse os dous mellores videopoemas cunha tablet cada un.
(Vía: CCEOU)



Ningún comentario:

Publicar un comentario