Un equipo do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba pasa á fase final do Parlamento Xove, despois de acadar o 4º posto na fase clasificatoria.
O Parlamento Xove é unha competición de debate entre o alumnado galego da ESO e de BAC, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado co obxectivo de fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.
Formaban este grupo de debate de 4º da ESO os alumnos e alumnas Uxía Gato Díaz, Manuel Francisco Lamela Gómez, Sergio López Ramudo e Ainé Shilpa Novo Yáñez, que amosaron a súa gran capacidade dialéctica e de argumentación; se ben hai un traballo anterior no que estiveron acompañados polos seus compañeiros/as Carla Villares, David de la Fuente, Paulo Domínguez, Pablo López, Francisco Airado, María López, Uxía Fernández, Miriam García, Marcos Sachín Novo e Alberte Roca, que exerceron de asesores documentalistas, e baixo a supervisión e asesoramento das profesoras Sabela Figueira e Araceli Paz. Todos eles, no seu tempo libre e durante dous meses estiveron preparando o fondo documental e o propio debate que se propoñía nesta ocasión: En España a idade legal para mercar alcol é 18 anos. Variar este límite influiría nos hábitos de consumo de alcol entre a xuventude?
Nesta fase clasificatoria, que se celebrou a pasada fin de semana en Culleredo, participaban 24 centros de ensino secundario de Galiza e o equipo do Basanta Silva gañou os 3 debates nos que se enfrontou aos equipos do CPI Cruz do Sar de Bergondo, o IES Plurilingüe Pedra da Águia de Camariñas e o IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, acadando un 4º posto entre os 8 equipos que se enfrontarán na fase final, que se celebrará na sede do Parlamento de Galiza os días 21 e 22 de abril.
A
competición Parlamento Xove consiste
en que a Dirección Xeral de Xuventude formula un tema a debater que se comunica
con antelación. Na fase clasificatoria, os equipos debaten entre si o día
sinalado pola organización despois dun
sorteo do que resultan os emparellamentos dos equipos. Os dous equipos que se
enfrontan en cada encontro defenden posturas opostas: un equipo asume a postura
A FAVOR e o outro a postura EN CONTRA, que se decide por sorteo inmediatamente antes
do comezo do debate. (Araceli
Paz)
Ningún comentario:
Publicar un comentario