III edición do concurso pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero promovido pola Fundación Mutua Madrileña.
Duración
O concurso comezará ás 9:00 horas do 8 de marzo de 2017 e concluirá para todos os efectos ás 15:00 horas do 21 de maio de 2017.
Participantes
Alumnado de E.S.O, Bacharelato, grao ou posgrao universitario ou FP matriculado e residente en España. Se é menor de 18 anos deberá achegar a autorización do seu pai, da súa nai ou do seu titor/a legal se o seu traballo resulta gañador.
Requisitos
As persoas participantes deberán realizar unha peza orixinal creativa para concienciar e previr contra a violencia de xénero á mocidade. Considerarase válido calquera formato dixital (vídeo, audio, imaxe, presentación animada).
Premios
- Categoría Grao, Posgrao e Formación Profesional de Grao Superior, dirixido ao estudantado universitario e de FP de Grao Superior, o premio consiste en 3.500 euros en metálico ou un cheque pola mesma cantidade canjeable por material electrónico se a persoa gañadora é menor de idade.
- Categoría Especial á Campaña máis Popular en Redes Sociais, o premio consiste en 1.000 euros en metálico se a persoa gañadora é maior de idade ou un cheque pola mesma cantidade canjeable por material electrónico se a persoa gañadora é menor de idade.
- Categoría Especial Tolerancia Cero, elixido polo equipo de Fundación Mutua en colaboración con Atresmedia, o premio consiste en 1.000 euros en metálico e difusión da peza orixinal creativa por parte de Atresmedia se a persoa gañadora é maior de idade ou un cheque pola mesma cantidade canjeable por material electrónico e difusión da súa peza orixinal creativa por parte de Atresmedia se a persoa gañadora é menor de idade.
(Vía: CCEOU)
Ningún comentario:
Publicar un comentario