“Abre os libros e mergúllate na auga da vida que abrolla irreprimible desde as súas páxinas”. (Agustín Fernández Paz)
xoves, 6 de abril de 2017
DÍA DO LIBRO NO CONCELLO DE VILALBA
Para celebrar o Día Mundial do Libro o Concello de Vilalba organiza dúas actividades:
"Un libro por unha cita". Na Biblioteca Municipal e na Casa de Cultura estarán ubicados 24 libros envoltos e numerados destinados a idades diferentes. Cada participante deberá escoller un, descubrir como mínimo o seu título e autoría a partir dunha cita do mesmo. Todas as citas dos libros e a ubicación destes faranse públicas na páxina web e no Facebook do concello a partir do día 7 de abril. A data da lectura das citas e a entrega de premios será o día 23 de abril. (Máis información)
"Libro, cámara, acción". Concurso para todos os públicos no que os participantes deberán elaborar un vídeo coa dramatización ou escenificación dun fragmento dunha obra literaria. O primeiro premio consistirá nun Ipad e os finalistas recibirán un lote de libro de Carlos Casares. (Máis información)
Ningún comentario:
Publicar un comentario