A semana pasada o equipo directivo do centro coordinou a entrega ao alumnado deste libro, editado e enviado pola Deputación Provincial de Lugo aos centros de secundaria da provincia, sobre Maruja Mallo, a artista viveirense da Xeración do 27, homenaxeada no Día das Artes Galegas 2017.
“Se condensan 93 anos de traxectoria vital e artística da protagonista en doce estampas ou capítulos. En cada un deles, téntase recrear unha parte da historia de Maruja Mallo con vida propia (...) Ademais, no libro reprodúcense cadros e pinturas das tendencias máis significativas da artista.
Na obra, crease unha personaxe de ficción que conversa con Maruja e narra as máis importantes circunstancias da súa vida, valora a súa obra e dálles voz a personaxes tan significativos como María Teresa León, Rafael Alberti, Miguel Hernández, Pablo Neruda, Luis Buñuel, Federico García Lorca, María de Maeztu, etc. Que interveñen nas diversas narracións, construídas ao xeito de contos. ( Vía: Deputación Provincial de Lugo)
Os diferentes capítulos son: A infancia nunha maleta; Unha moza única; Un extravagante catalán; Limóns con azucre e bohemia; Sumando versos e lenzos; As sensombreiro; A conquista de París; Escuela de Vallecas; Unha profesora, un pintor e dous poetas; Da sorpresa do trigo ao exilio; Da vida americana; e O ser das 20 almas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario