martes, 4 de abril de 2017

"LAS SINSOMBRERO" E MARUJA MALLO

Na España nos anos 20 e 30, estas figuras femininas loitaron con valentía, coraxe, intelixencia e determinación polos dereitos da muller e participaron da vida intelectual e cultural sen obter recoñecemento algún. Esas escritoras pertencentes á xeración do 27, artistas e intelectuais foron as grandes esquecidas da súa época

A orixe do nome débese a un acto trangresor das normas da época, do que Maruja Mallo, unha das integrantes do grupo dixo: "un día se nos ocurrió a Federico, a Dalí, a Margarita Manso y a mí quitarnos el sombrero porque decíamos que parecía que estábamos congestionando las ideas y, atravesando la Puerta del Sol, nos apedrearon llamándonos de todo".



Se queres coñecer a vida e obra destas mulleres olvidadas pola historia das ciencias e das artes, só tedes que premer na imaxe:



E se vos interesa descubrir as relacións que Las Sinsombrero mantiveron entre elas e tamén con outros membros da xeración do 27 ou con algunhas personalidades da súa época, podedes facelo coa seguinte aplicación interactiva:
 



Ningún comentario:

Publicar un comentario