O 23 de marzo de 2017 celébrase o Día Meteorolóxico Mundial. Coa finalidade de participar na celebración desta efeméride e poñer de manifesto a importancia das nubes e de como o noso clima está cambiando a medida que acumulan na atmosfera máis gases de efecto invernadoiro, convócase o concurso de fotografía Entendendo as nubes.
Participantes e categorías
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os centros poderán participar nas seguintes categorías:
Primeira categoría, para as etapas de educación infantil e primaria.
Segunda categoría, para as etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.
Forma e prazo de presentación
Para participar nesta convocatoria cada centro educativo poderá enviar ata un máximo de tres fotografías á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do enderezo electrónico administracion.meteogalicia@xunta.gal .
O prazo para a remisión de fotografías será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Valoración dos traballos
O xurado seleccionará as tres mellores fotografías en cada categoría, para o que valorará a orixinalidade, excepcionalidade e valor artístico destas, que serán obras orixinais e inéditas e non estarán retocadas por ningún programa informático.
Premios
Cada unha das tres fotografías seleccionada en cada categoría será recoñecida cun diploma acreditativo do resultado do concurso.
Os/as autores/as da primeira fotografía seleccionada en cada categoría recibirán como premio unha cámara de fotos.
Os/as autores/as das fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar, en cada categoría, recibirán como premio uns prismáticos.
(Vía: CCEOU)
Ningún comentario:
Publicar un comentario