domingo, 9 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2017


Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.



Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. (Vía: Bibliotecas Escolares de Galicia)

Ningún comentario:

Publicar un comentario