Non vos esquezades, o luns 17 pola tarde, teremos a reunión das cabras para falar sobre quen de nós é ou non é un replicante. De momento deixámosvos un documento atopado nos arquivos do instituto...Soñarán os androides con ovellas eléctricas?
venres, 14 de decembro de 2012
xoves, 13 de decembro de 2012
Xente de aquí e de acolá.
Aquí vos deixamos un vídeo da nosa amiga Emma, gravado en Madrid onde cursa 1º de Belas Artes, e que non perdeu as mañas co da música. Vímolo o outro día en Youtube, e pareceunos apropiado ensinalo ao mundo tamén dende aquí.
luns, 10 de decembro de 2012
Os procesos do liño.
O mes pasado durante os dias 22 e 23 tivo lugar no edificio A a exposición-demostración Os procesos do liño a cargo da Asociación de Mulleres de Ínsua. Esta actividade foi organizada por Vicedirección e o Departamento de Tecnoloxía.
Deixámosvos un vídeo fotográfico da exposición. Sabedes de quen é o cadro que aparece no comezo e final do vídeo? Unha pista, titúlase Las Hilanderas.
Deixámosvos un vídeo fotográfico da exposición. Sabedes de quen é o cadro que aparece no comezo e final do vídeo? Unha pista, titúlase Las Hilanderas.
venres, 30 de novembro de 2012
Recital do club de lectura na radio...
Celebrando o centeneario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, alumnos do club de lectura visitaron radio SER para ler algúns dos seus poemas e coñecer o funcionamento dunha emisora de radio.
Deixámosvos unha mostra do evento, a canción que se escoita titúlase Agardarei, popularizada polo cantautor Luís Emilio Batallán no mítico disco Aí vén o maio. Baseada nun poema de Celso Emilio titulado Teño o corazón senlleiro da súa obra Viaxe ao país dos ananos de 1968, obra na que o poeta criticaba, mediante a sátira, os círculos oficiais de emigrantes galegos de Venezuela, cos que discrepaba abertamente por estaren ideoloxicamente próximos ao franquismo.

xoves, 22 de novembro de 2012
Soñan os androides?
O pasado venres tivemos a reunión con 1º de BAC. e presentámoslles a novela ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? do autor americano de ciencia ficción Philip K. Dick. Pronto saberemos quen de nós é un replicante.
De momento deixámosvos unhas fotos, estará entre nós o susodito...
De momento deixámosvos unhas fotos, estará entre nós o susodito...
venres, 16 de novembro de 2012
De ratos e homes
Hoxe foi a presentación do libro De ratos e homes de John Steinbeck e da película do mesmo título de Gary Sinise para 3º e 4º da ESO. Serviunos de acompañamento musical a canción Stand by me de Ben E. King, xa sabedes, por iso da amizade...
Deixámosvos un vídeo do encontro.
Deixámosvos un vídeo do encontro.
mércores, 7 de novembro de 2012
mércores, 31 de outubro de 2012
Presentación de "La invención de Hugo Cabret"
O Luns 29 tivo lugar a presentación da obra La invención de Hugo Cabret de Brian Selznick na Biblioteca.
A actividade proposta para o curso xira en torno á anécdota que contaba R. Azcona de dúas cabras que comen nun estercoleiro, unha come un anaco de película e a outra pregúntalle:
- Gústache ?
Ao cal a primeira responde:
- Si, mais gustoume máis a novela.
Partindo desta anécdota, propónselles aos alumnos do club de lectura ler a novela citada e despois ver a película. Cal delas lles gustará máis?
Deixámosvos unhas fotos da devandita presentación cuxa protagonista foi a maxia...
venres, 26 de outubro de 2012
Por fín !!
Benvidos á nova andaina do club de lectura!!
O Luns 29 esperámosvos cunha sorpresa dende París.
Non faltedes á cita.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)