martes, 23 de xuño de 2015

Club de Lectura

Rematamos o curso cuha semana chea de actividades para o alumnado participante no club de lectura. Esperamos que foran do voso agrado!

Martes, 16 de xuño


 Saída cultural co alumnado dos grupos do club de lectura


         O Martes 16 de xuño 72 participantes no club de lectura, acompañados por 4 membros do profesorado responsable do club e do equipo de biblioteca, fomos visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro e o Xardín Botánico-Artístico de Padrón, a Fundación Camilo José Cela  en Iria Flavia e o Panteón de Galegos Ilustres en Santiago.




 Aínda que era un grupo moi numeroso de alumnado para visitar uns lugares relativamente pequenos, cremos que a saída foi gratamente satisfactoria para todos nós. Na Casa de Rosalía tivemos que dividirnos en dous grupos. Así, mentres o grupo de 1º de ESO visitaba a casa, os grupos de 2º e 3º/4º de ESO percorrían os xardíns, e viceversa.

 Logo fomos ao Xardín Botánico-Artístico de Padrón, declarado monumento nacional en 1946. Alí puidemos admirar as sequoias vermellas: a de Macías o namorado, e a de Rosalía de Castro, baixo a sombra da cal escribiu a ilustre poetisa algunhas das súas composicións; tamén a Coroa de Cristo, o Carballo Fastigiado, a Palmeira do Senegal, o Olivo do Milenio, o Castiñeiro das Indias os Pradairos...

     Tras un pequeno percorrido pola vila e un breve descanso no Espolón, marchamos a Iria Flavia, onde visitamos a Fundación Pública Camilo José Cela, pero antes de entrar fixemos unha parada na igrexa e no cemiterio onde está enterrado o Premio Nobel. Xa dentro da fundación, volvemos dividirnos en dous grupos. Esta vez, mentres un grupo visitaba a fundación o outro facía un taller de teatro.
         



        

    
     Finalmente, fixemos unha parada en Santiago, na  igrexa do convento de San Domingos de Bonaval, para visitarmos o Panteón de Galegos Ilustres, onde descansan os restos de Rosalía, Castelao, Ramón Cabanillas e Alfredo Brañas, entre outros.             





xoves, 4 de xuño de 2015

I CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

O pasado venres, 29 de maio, fíxose entrega dos premios aos mellores videopoemas. Moitas grazas a todo o alumnado participante.

Os premiados foron os seguintes:

CATEGORÍA A

1º premio: 

Miriam García Fernández e María López Morado (E2D)

A rosa que sangra  ( Ramón Cabanillas)




2º Premio:

Carla Villares Fraga e Laura Hermida Barbazán (E2D)

Cidades  (Fran Alonso)





Accesit:



Uxía Gato Díaz e Jéssica García Montenegro (E2C)


En pé! ( Ramón Cabanillas)






CATEGORÍA B

                                                                         1º premio:

Uxía Villares González e María Castro López (E3C)


Pénelope (Xosé María Díaz Castro)






2º premio:

Antonio Souto Prieto (E4A)


Queridiña dos meus ollos (Rosalía de Castro)



Accésit:

Manuel Vidal Lozano (E3B)

Terras da Terra Cha (Manuel María)