Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións

mércores, 30 de xaneiro de 2019

Club de lectura de 2º da ESO

Para completar a presentación das tres novelas de Ledicia Costas viñeron dous membros do club de lectura de terceiro falarnos dos libros. Foi unha xuntanza verdadeiramente entrañable. 🥰 Aqui tedes algunhas fotos do acto.

Reunión do club de lectura 2º da ESO. Ledicia na biblio do noso IES

Agora toca ler unha novela de Ledicia Costas, e hai onde escoller; queres viaxar da man das mulleres planta e de Jules Venre ao Vigo do século XIX, ou prefires pasear polo Vigo do século XX e vivir o día a día dun grupo de rapaces. Ou es dos que quere viaxar ao Londres victoriano? Escolle!!! Cal vas ler? Ou es dos que vai ler as tres? 



domingo, 20 de xaneiro de 2019

Escarlatina no club de lectura

https://www.instagram.com/p/Brqi9bShnaY6NbdRJR20kh2v6I957heE_-uhp80/?utm_source=ig_share_sheet&igshid=1ul4khtgupem1

Club de lectura

Hoxe foi a reunión do club de lectura de 3ºda ESO, onde continuamos coa narrativa galega; despois de "A praia dos Afogados" de Domingo Villar, agora imos con "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz".


Club de lectura

O pasado xoves 10 de Xaneiro foi a reunión do club de lectura de 4º da ESO. Despois de ler na primeira avaliación a obra de teatro "Os vellos non deben namorarse", agora toca unha novela que é un clásico: "Frankenstein ou o moderno Prometeo", de Mary Shelley.




domingo, 1 de xullo de 2018

Os do Club de lectura na Ría de Arousa

Un ano máis rematamos as actividades do club de lectura cunha saída; este ano tocou a Ría de Arousa e O Grove.






xoves, 12 de abril de 2018

Escarlatina na biblio do Basanta

O alumnado de 1 da ESO leu Escarlatina de Ledicia Costas no club de lectura e probou a cociñar as súas recetas. Así foi que saboreamos a cociña do inframundo e disfrutamos deste marabilloso banquete.




Escarlatina, a cociñeira defunta.

No club de lectura de 1º da ESO lemos Escarlatina e aventurámonos de novo coas marabillosas recetas os protagonistas elaboran. Un almorzo entrañable na biblioteca que nos deixou estas imaxes para o recordo.





 

martes, 19 de decembro de 2017

Lecturas dos nosos Clubs neste primeiro trimestre.

Cada unha das lecturas acompañouse do visionado das seguintes películas: 
  • En 1º da ESO lemos "Conto de Nadal" de Charles Dickens e vimos de T. Haynes, "Doctor Who: Un cuento de navidad".
  • En 2º da ESO lemos "Irman do vento" e  vimos "Cometas en el cielo", película dirixida por Marc Forster. 
  • En 3º da ESO lemos "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz e vimos "Matar a un ruiseñor" de Robert Mulligan.
  • En 4º da ESO lemos "Frankenstein" de Mary Shelley, e vimos "El Doctor Frankenstein", film dirixido por James Whale. 
  • No bacharelato lemos "Novela de xadrez", de Stefan Zweig, e vimos "Juego de Reyes", do director Gerd Oswald, película baseada na novela. 








mércores, 17 de maio de 2017

AS 40 AUTORAS E AUTORES MÁIS LIDOS POLOS CLUBS DE LECTURA NO CURSO 2015/2016

Revisadas as lecturas realizadas polos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia durante o curso 2015/2016, coñecemos os autores e autoras escollidos preferentemente polo lectorado neste período, sempre dentro das actividades dos 239 clubs de lectura que recibiron axudas a través da convocatoria da D.X. de Centros e Recursos Humanos para o seu funcionamento.O número de títulos lidos fai referencia ao total de lectura de cada autor escollidas polo conxunto dos clubs.

Agustín Fernández Paz lidera unha vez máis esta táboa na que tamén atopamos poetas ou autores de banda deseñada. Observamos, así mesmo, que son 13 as autoras que aparecen nesta relación dos 40 autores/as máis lidos, con obras seleccionadas polos lectores e lectoras. (Vía: Ler en manconún)

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2017

Co gallo do Día Mundial do Libro, o Portal Educativo publicou a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, de 21 de abril de 2017, pola que se recoñece ao debuxante e autor de banda deseñada Miguelanxo Prado co Premio dos Clubs de Lectura  pola súa contribución ao impulso da lectura en galego entre o alumnado que participa nos clubs de lectura de ensino secundario de Galicia. Miguelanxo Prado foi un dos autores máis lidos polos clubs de lectura no curso 2015/2016. O premio seralle entregado o 17 de xuño na que será a X Xornada dos Clubs de Lectura, e que se celebrará en Compostela coa asistencia de un milleiro de lectores e lectoras, entre profesorado e alumnado, en representación dos máis de 11.000 lectores dos clubs de lectura de Galicia, do ámbito educativo.

Este galardón, creado en 2015 para recoñecer o apoio dos escritores e escritoras galegas aos mediadores no seu labor de fomento da lectura con adolescentes e mocidade, concédese cada ano a un autor ou autora diferente, en función das lecturas realizadas polos clubs, de forma autónoma, no curso anterior. Foron xa galardonados con este Premio dos Clubs de Lectura Agustín Fernández Paz e Ledicia Costas(Vía: Asesoría de bibliotecas escolares)


xoves, 13 de abril de 2017

REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA DE ESO

CLUB DE LECTURA DE 3º E 4º DE ESO




CLUB DE LECTURA DE 2º DE ESO



CLUB DE LECTURA DE 1º DE ESO
Con degustación dos platos elaborados polo alumnado a partir dalgúns receitas do libro de Román. Abofé que cociñaron ben, todo estaba exquisito.

    


  



   


  

 

luns, 12 de decembro de 2016

REUNIÓNS PARA COMENTAR OS LIBROS DO CLUB DE LECTURA


HORA
LUNS 19
MARTES 29
MÉRCORES 21
11:45-14:15
Club de Lectura de 3º e 4º de ESO
(Salón de actos)
Club de Lectura de 1º e 2º de Bacharelato
(Biblioteca)
12:35-14:15
Club de Lectura de 2º de ESO
(Biblioteca)
16:15-17:55
Club de Lectura de 1º de ESO
(Biblioteca)


venres, 14 de outubro de 2016

PRESENTACIÓNS DOS LIBROS DO CLUB DE LECTURA


grupo
LIBRO
DÍA E HORA
LUGAR
Club de Lectura de 1º de ESO
Canción de Nadal
Charles Dickens
19 de outubro
11:15-11:45
Biblioteca
Club de Lectura de 2º de ESO
Pel de lobo
Xosé Miranda
28 de outubro
11:15-11:45
Biblioteca
Club de Lectura de 3º e 4º de ESO
De ratos e homes
John Steinbeck
28 de outubro
11:15-11:45
Biblioteca
Club de Lectura de 1º e 2º de Bacharelato
O vixía no centeo
J.D. Salinger
11 de novembro
11:15-11:45
Biblioteca