venres, 31 de marzo de 2017
xoves, 30 de marzo de 2017
PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES 2017
Onte celebrouse a gala de entrega destes galadóns, na que Eduardo Alonso recibiu o Premio de Honra Marisa Soto e Imma António leu o Manifesto Galego do Dia Mundial do Teatro:
1. Maquillaxe: Trini F. Silva por Voaxa e carmín, de ButacaZero e Eme2.
2. Vestiario: Mari Seoane por Voaxa e carmín, de ButacaZero e Eme2.
3. Escenografía: Dani Trillo por Foucellas, de Talía Teatro.
4. Iluminación: Afonso Castro por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
5. Música orixinal: Terbutalina por Eroski Paraíso, de Chévere
6. Adaptación / Tradución: Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
7. Texto orixinal: Santiago Cortegoso por Raclette, de Ibuprofeno Teatro.
8. Actor secundario: Evaristo Calvo por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
9. Actriz secundaria: Maria Roja por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
10. Actor protagonista: Santi Romay por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
11. Actriz proyagonista: Patricia de Lorenzo por Eroski paraíso, de Chévere.
12. Drección: Xesús Ron por Eroski paraíso, de Chévere.
13. Espectáculo infantil: Danda da Choiva, de Elefante Elegante.
14. Espectáculo: Eroski paraíso, de Chévere.
- Os XXI Premios María Casares xa teñen gañadores en Asociación de Actores e Actrices de Galicia
- A gran festa do teatro repartiu os seus galardóns en Cultura Galega.
POEMAS DE MIGUEL HERNÁNDEZ MUSICADOS
O cantautor Joan Manuel Serrat publicou dous discos monográficos con poemas musicados de Miguel Hernández, o primeiro deles en 1972 e o segundo en 2010.
"Con motivo de la conmemoración del centenario de su
nacimiento, volví a tomar toda la poesía de Miguel Hernández -Desde los poemas
de juventud hasta Cancionero y romancero de ausencias- y a partir de ahí
comencé a elegir poemas y fragmentos de poemas que me parecieron muy
interesantes para musicar. En un principio trabajé sobre 20 o 30 poemas y,
seleccionando y descartando, llegué hasta los 13 que componen el disco. Ninguno
de ellos ha sido musicado".
Premendo sobre as imaxes inferiores teredes acceso ás cancións dos álbumes de Serrat mencionados anteriormente.
Máis poemas musicados por outros artistas:
mércores, 29 de marzo de 2017
SOBRE O TEATRO
Historia del teatro, de Miguel Ángel Gómez Ferrero e César Vallejo de Castro:

26 programas audiovisuais pedagóxicos sobre as artes escénicas divididos en bloques temáticos:

- Teatro de hoy en Instituto de Tecnologías Educativas (ITE).
- En tempos de demolición hai que ter presente a Vidal Bolaño, que podía producir espectáculos con tres pesos, de Alberto Ramos.
- Nominados aos premios María Casares.
- Teatreando (teatro español).
- Tres espectáculos galegos nos premios Max.
martes, 28 de marzo de 2017
75º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE MIGUEL HERNÁNDEZ
Miguel Hernández (Orihuela, 30 de outubro de 1910 - Alicante, 28 de marzo de 1942), coñecido como “o poeta do pobo” tamén escribiu obras de teatro e prosa.
O pasado decembro o Congreso dos Deputados acordou por unanimidade declarar 2017 Ano Miguel Hernández. As primeiras iniciativas desta conmemoración foron a dixitalización da súa obra (Miguel Hernández. O legado dun soño) e a declaración de Cartaxena como Cidade Hernadiana.
"Recordar a Miguel Hernández que desapareció en la oscuridad y
recordarlo a plena luz, es un deber de España, un deber de amor. Pocos poetas
tan generosos y luminosos como el muchachón de Orihuela cuya estatua se
levantará algún día entre los azahares de su dormida tierra. No tenía Miguel la
luz cenital del Sur como los poetas rectilíneos de Andalucía sino una luz de
tierra, de mañana pedregosa, luz espesa de panal despertando. Con esta materia
dura como el oro, viva como la sangre, trazó su poesía duradera. ¡Y éste fue el
hombre que aquel momento de España desterró a la sombra! ¡Nos toca ahora y
siempre sacarlo de su cárcel mortal, iluminarlo con su valentía y su martirio,
enseñarlo como ejemplo de corazón purísimo! ¡Darle la luz! ¡Dársela a golpes de
recuerdo, a paletadas de claridad que lo revelen, arcángel de una gloria
terrestre que cayó en la noche armado con la espada de la luz!"(Pablo Neruda).
- Fundación Cultura Miguel Hernández.
- Monográfico sobre el autor no Centro Virtual Cervantes. (Vida e obra, estudos críticos sobre a súa obra e repercusión da mesma).
- Miguel Hernández y El Torero más valiente: vocación poéticade una “tragedia española”, de Francisco J. Diez de Revenga y Mariano de Paco.
- Testimonios de personas que conocieron a Miguel Hernández.
- A súa obra na:
- Biblioteca Virtual Cervantes.
- Biblioteca Agustin Fernández Paz do IES Santiago Basanta Silva.
luns, 27 de marzo de 2017
PREMIOS E BOLSAS
XIV Premio Pura e Dora Vázquez de ilustración
- Información
O obxectivo do certame é recoñecer a calidade artística de traballos creados para nenos e mocidade, fomentar a lectura entre este público e destacar a figura das escritoras Pura e Dora Vázquez.
As persoas participantes deberán presentar os traballos tomando como base o texto gañador na modalidade de narración, que foi a obra Do meu nome e outras trapalladas, do escritor Antonio Yáñez Casal.
- Participantes
Poderán concorrer ao premio ilustradores de calquera nacionalidade que presenten as súas ilustracións e orixinais, non menos de dez, tomando como base o texto premiado na modalidade de narración do XIV Premio Pura e Dora Vázquez.
- Prazo
O prazo de admisión de orixinais termina o 31 de marzo, admitíndose, con todo, aqueles que foran entregados nas oficinas de Correos ese mesmo día.
VI Premio de Poesía Carme Villaverde
- Premio
VI Premio de Poesía Carme Villaverde
- Información
O IES Nº1 de Ordes convoca a sexta edición do Premio de Poesía,
en lembranza da docente Carme Villaverde Raña.
en lembranza da docente Carme Villaverde Raña.
- Participantes
Alumnado de ESO, de Bacharelato, de ESA e de FP de Grao Medio e de Grao Superior que curse estudos en Galicia e non teña cumpridos 20 anos a 31 de decembro de 2017.
- Requisitos
Presentaranse tres composicións, con liberdade de metro e rima. Deberán ser orixinais, inéditas e escritas en lingua galega.
Remitiranse cinco exemplares en papel en formato DIN A-4.
Só se fará constar o título da obra e un pseudónimo. En sobre a parte, pechado e co título da obra e o pseudónimo no exterior, incluiranse os datos persoais da persoa participante: nome e apelidos, enderezo, teléfono de contacto, idade, curso e centro onde estuda.
- Premio
Concederase un único premio de 400 euros. Se o xurado o considera oportuno, pola baixa calidade das obras presentadas, o premio poderá ser declarado deserto. A decisión do xurado é inapelable.
- Prazo
O prazo de presentación remata o 5 de maio de 2017 ás 14:00 horas.
- Xurado
O xurado estará integrado por profesorado de lingua e literatura.
A decisión do xurado darase a coñecer o día 11 de maio de 2017 ás 12:00 horas. Comunicaráselle persoalmente á persoa premiada.
A entrega do premio terá lugar na Casa da Cultura de Ordes o día 22 de maio ás 19:00 horas.
A obra gañadora será publicada na revista do centro.
- Información
Bolsas para a realización de cursos de inglés en Irlanda, de dúas semanas de duración, durante o mes de agosto de 2017, nun programa de inmersión todo incluído. Establécese un lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios/as, de ESO, de bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada pola axencia na súa totalidade.
- Convoca
Eurolingua Venairlanda S.L.
- Obxectivo
Defender e potenciar a idea da aprendizaxe de inglés no estranxeiro como o mellor modo de aprender o idioma.
- Datos de interese
Os cursos, financiados ao 100%, incluirán:
· Recollida no aeroporto e traslado ao aloxamento.
· Aloxamento en familia ou residencia universitaria.
· Programa de 20 clases de inglés por semana, con Internet e material didáctico.
· Programa de actividades culturais visitas e excursións.
· Certificado, supervisión e teléfonos de emerxencia.
· Non incluído, pero xestionable gratuitamente, o billete de avión.
En caso de forza maior a data poderase modificar, pero sempre se debe realizar o curso nos meses de verán.
- Datas
A data de saída será o 27 de xullo e a de regreso o 10 de agosto.
- Convocatoria
Convócanse en réxime de concorrencia competitiva un máximo de 2.400 bolsas para a participación nun programa intensivo de inmersión lingüística en inglés en España en réxime de internado e pensión completa, dunha semana de duración, no mes de xullo de 2017.
- Persoas beneficiarias
Serán requisitos necesarios para optar a estas bolsas:
a) Nacer entre o 1 de xaneiro de 1997 e o 31 de decembro de 2000 e estar matriculado no curso 2016/17 en calquera curso dalgún dos seguintes estudos:
· Bacharelato
· Ensinos profesionais de música e danza
· Grao medio de Formación Profesional
· Grao medio de artes plásticas e deseño
· Grao medio de ensinos deportivos e
· Ensinanzas de idiomas de nivel intermedio ou avanzado
b) Obter no curso 2016/17 a condición de bolseiro/a do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte conforme á Resolución 11 de agosto de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan bolsas de carácter xeral, para o curso académico 2016/17, para estudantes que cursen estudos postobligatorios. (BOE do 13 de agosto).
c) Ter totalmente aprobado o curso inmediato anterior, cunha nota final mínima de 7,50 puntos na materia de inglés. No caso de solicitantes que estean matriculados en ensinos bilingües pero non cursasen a materia de inglés como materia individualizada o curso anterior, terase en conta a cualificación obtida na materia de inglés de cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria.
d) Obter un número de orde na lista de persoas adxudicatarias que o/a sitúe dentro do total de bolsas a conceder.
- Prazo
- Contía da axuda
A obtención da axuda comportará a cobertura de todos os gastos inherentes á participación no curso, con excepción de 100,00 euros para completar o prezo total do curso e dos gastos de desprazamento ao centro que lle sexa asignado, que serán por conta do participante.
- Criterio de adxudicación
A asignación das bolsas entre as persoas solicitantes que cumpran os requisitos esixidos efectuarase atendendo á cualificación obtida na materia de inglés.
DÍA MUNDIAL DO TEATRO

- Promover o teatro en todas as súas formas a través do mundo.
- Concienciar ás persoas do valor de teatro en todas as súas formas.
- Posibiblitar que as comunidades teatrais promocionen o seu traballo a gran escala para que os gobernos e os líderes sexan conscientes do valor e importancia da danza en todas as súas formas e a apoien.
- Gozar do teatro en todas as súas formas.
- Compartir o desfrute do teatro cos demais.
“We gather to weep and to remember; to laugh and to contemplate; to learn and to affirm and to imagine” (Brett Bailey, Stage Director from South Africa, World Theatre Day Message Author 2014)
No acto principal, unha personalidade de recoñecido prestixio comparte na Mensaxe do Día Mundial do Teatro as súas reflexións sobre o teatro e a paz. O primeiro deles foi escrito por Jean Cocteau. Desde o ano 2005, cada personalidade estivo presente no mesmo e desde 2009 inclúense representacións realizadas por ela ou relacionadas coa súa mensaxe.
sábado, 25 de marzo de 2017
LÍRICA GALEGA
No ano 1991, o xornal El Correo Gallego empezou a publicar un suplemento cultural denominado Revista das Letras.
Incluímos o número 669 correspondente ao 17 de maio de 2007, que é unha antoloxía realizada por Helena González sobre a poesía escrita por mulleres, dende a posguerra ata hoxe.
Nesta panorámica da muller na lírica galega figuran autoras destacadas: Xohana Torres, Ana Romaní, Antía Otero, Oriana Méndez, María do Cebreiro, Maite Dono, Olga Novo, Pilar Pallarés, Emma Couceiro, Luz Pozo Garza, Helena de Carlos, Marta Dacosta, Elvira Riveiro, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Chus Pato, María Mariño e Lupe Gómez.
Os textos están acompañados de fotografías de Manolo Martínez.
Para a autora do monográfico, este é un "xoguete de ler, e con pracer lector, as maneiras que ensaiaron algunhas poetas desde a posguerra deica hoxe mesmo para representar as mulleres ao lonxe, difuminadas por efecto da distancia e unha luz outra que se interpón".
venres, 24 de marzo de 2017
"AUTOPOÉTICAS"
Recompilación de materias representativos da poesía galega contemporánea, desde mediados dos oitenta ata a actualidade.
xoves, 23 de marzo de 2017
25º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE ANTÓN AVILÉS DE TARAMANCOS
Antón Avilés de Taramancos (Taramancos. Noia, 1935-A Coruña, 1992)
foi a figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2013.
- Obras do autor na
- Biblioteca Virtual Galega
- Centro de Documeentación da AELG.
- Biblioteca Municipal de Vilalba.
- Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Santiago Basanta Silva.
- Antón Avilés de Taramancos. Letras Galegas 2003 na Biblioteca Virtual Galega.
mércores, 22 de marzo de 2017
"SETE POETAS SEN FRONTEIRAS"
Yolanda Castaño versiona ao galego obra de sete poetas de distintas nacionalidades e linguas como un dos resultados da súa participación en xuño de 2010 nun obradoiro de tradución poética celebrado en Dane (Eslovenia) (...) A tarefa fundamental consiste en poñer en comunicación poetas que se traducen entre si e que representen literaturas de moi diversa dimensión en canto ao seu coñecemento no sistema da literatura mundial e en canto ao número de falantes das linguas vehiculares.
Os poetas e linguas representadas foron neste encontro, ademais da propia Yolanda Castaño, as seguintes: Xi Chuan (chinés mandarín), Antoine Cassar (maltés), Veronika Dintinjana (esloveno), Stanislav Lvovski (ruso), Yasuhiro Yotsumoto (xaponés) e Mamta Sagar (canarés).
Advírtase o seguinte erro na maquetación do suplemento: os poemas da derradeira páxina, atribuídos a Mamta Sagar, corresponden en realidade a Yasuhiro Yotsumoto. (Vía: poesiagalega.org)
A POESÍA ESPAÑOLA NA VOZ DE PACO IBÁÑEZ
Paco Ibáñez creou e musicalizou poemas de autores españois e hispanoamericanos, tanto clásicos como contemporáneos, con algúns dos cales mantivo unha estreita amizade: Alberti, Blas de Otero, Celaya e Goytisolo.
“Paco Ibáñez además de cantarse a sí mismo hace algo más colectivo y más difícil, incorpora en su música y su voz a los poetas clásicos y contemporáneos... Se identifica con ellos dándoles a cada uno el tono y el estilo que le corresponde, aunque imprimiendo en todos el sello de su inconfundible personalidad o quizá de una secreta comunidad.
Toda la poesía española, y yo particularmente, en cuanto soy un pequeño representante de ella, debemos mucho a la propagación y la vida que Paco Ibáñez ha dado a nuestros versos. Pero estoy seguro que su satisfacción más que la mía será la que está ya dándole el pueblo, público, en el que estamos con él los poetas”. (Gabriel Celaya).
Seleccionamos os seguintes álbums (de 1968 e 1970 respectivamente) para mostrarvos unha parte da súa obra.
1. La poesía es un arma cargada de futuro
(Gabriel Celaya).
2. Andaluces de Jaén (Miguel
Hernández).
3. Balada del que nunca fue a
Granada (Rafael Alberti).
4. Me llamarán, nos llamarán
(Blas de Otero).
5. Me queda la palabra (Blas de
Otero).
6. España en marcha (Gabriel
Celaya).
1. Don dinero (Francisco de
Quevedo).
2. Déjame en paz, amor tirano
(Luis de Góngora).
3. La gran pérdida de Alhama
(Romance anónimo).
4. Romance satírico (Francisco
de Quevedo).
5. Verdad, mentira (Luis de
Góngora).
6. Es amarga la verdad (La
pobreza) (Francisco de Quevedo).
1. A galopar (Rafael Alberti).
2. Nocturno (Rafael Alberti).
3. Un español habla de su tierra (Luis Cernuda).
4. Como tú (León Felipe).
5. Villancico (Gloria Fuertes).
6. Era un niño que soñaba (Antonio Machado).
7. Proverbios y cantares (Antonio Machado).
2. Nocturno (Rafael Alberti).
3. Un español habla de su tierra (Luis Cernuda).
4. Como tú (León Felipe).
5. Villancico (Gloria Fuertes).
6. Era un niño que soñaba (Antonio Machado).
7. Proverbios y cantares (Antonio Machado).
1. Palabras para Julia (José
Agustín Goytisolo).
2. Érase una vez (José Agustín
Goytisolo).
3. Me lo decía mi abuelito (José
Agustín Goytisolo).
4. Lo que puede el dinero (Arcipreste
de Hita).
5. Nana de la mora (José Ángel
Valente).
6. Coplas por la muerte de su padre
(Jorge Manrique).
- A flor de tiempo, páxina oficial de Paco Ibáñez.
martes, 21 de marzo de 2017
DÍA MUNDIAL DA POESÍA
"... nos invita a reflexionar sobre el poder del lenguaje poético y el florecimiento de las capacidades creadoras de cada persona." (...)“La poesía es una manifestación de la diversidad en el diálogo, de la libre circulación de las ideas por medio de la palabra, de la creatividad y de la innovación. (...) Merced a sus asociaciones y metáforas y a su gramática singular, el lenguaje poético constituye, pues, otra faceta posible del diálogo entre las culturas. (…) La iniciativa de una acción mundial en favor de la poesía dará un reconocimiento y un impulso nuevos a los movimientos poéticos nacionales, regionales, e internacionales y el objetivo principal de esta acción debería ser sostener la diversidad de los idiomas a través de la expresión poética y dar a los que están amenazados la oportunidad de expresarse en sus comunidades respectivas."
Propoñemosvos comenzar a celebración desta data cun poema de Gabriel Celaya musicalizado e interpretado por Paco Ibáñez.
E tamén cun momográfico do poeta, que contén una pequena biografía e o recitado por el mesmo de Contigo, Sólo tras padecer, Noche abierta e Noche estelar.
- Proclamación do 21 de marzo como Día Mundial da Poesía.
- Patrimonio documental incluído en el Registro de la Memoria del Mundo y relacionado con la poesía.
- La poesía en el correo de la UNESCO (artículos sobre poesía).
- Leer y escribir la poesía. Las Recomendaciones de Poetas Notables, Procedentes de varios Horizontes, Sobre la Enseñanza de la Poesía en Establecimientos de Nivel Secundario (UNESCO)
- Día Mundial de la Poesía: ‘Guerrero’, un poema de a. P. Alencart en 20 idiomas.
- Antología poética de Gabriel Celaya.
- Obras de Gabriel Celaya na nosa biblioteca.
sábado, 18 de marzo de 2017
venres, 17 de marzo de 2017
MOMENTOS DE POESÍA
Durante unhas horiñas estivo connosco Yolanda Castaño, que veu voando á
nosa vila no seu prezado coche.
Ao fondo da paisaxe, a chuvia
esvaece as
nubes cun borrón.
Esta folla de
ruta milita na xograresca.
Xa teño gana de partir e o meu coche é un
soldado.
Non vas oíndo chifrar o seu cargamento
sensible?
As estradas comarcais parecen
cadernos pautados.
Gustaríame sucar os montes cun poema ao
lombo
coma os viaxantes.
O meu coche é
unha bala prateada con
ritmo en vez
de pólvora, e eu dígolle: “Vamos!”.
Xuntos
atravesamos vales, barrios de funcionarios,
as grandes
explotacións eólicas
danme ganas
de loitar contra os xigantes.
O meu coche mais eu entendémonos sen dicirnos
nada.
Flores
brancas do ibuprofeno,
o meu coche é un soldado
e eu dígolle “Vamos recitar poemas
a Monforte de Lemos!”,
e el
acompasa o seu motor ao meu rexistro,
repenica,
badalea
aínda que
teña
metrofobia.
Cando tiña tan só
quince anos gañou o accésit ao Premio Antonio García Hermida do XVIII Certame de Vilalba con 100
Versos Descoñecidos.
Ademais de permitirlle
mercar o tan ansiado pantalón de coiro, decatouse de que as súas composicións
eran recoñecidas alén do seu colexio.
A escritora e dimamizadora cultural fíxonos reflexionar sobre as figuras literarias (hipérboles, metáforas, etc.) e as distintas interpretacións da linguaxe poética.
Se falase de ti non
prounciaría
as silabas supremas
pero bicas ben e gústame
estar contigo.
O meu verde co teu azul.
Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.
Abstéñome de pronunciar
esas sílabas sublimes
pero gústame cómo abrazas
e o teu pelo fai xogo co meu vestido.
Os teus dedos patinan nas
miñas medias.
O meu verde co teu azul.
O Vídeo da Egoísta, galardoado co 1º premio no apartado de videocreación do Festival Curtocircuito 2004 exemplificou a mestura de linguaxes creativas.
A
POESÍA É UNHA LINGUA MINORIZADA
Comezaría polo espesor. A súa acidez, o seu
ph.
Camiña igual ca unha muller:
entre o masacre do invisible
e o campo de concentración da visibilidade.
Ladra estilo e final,
unha épica hospitalaria.
No poema a linguaxe
faise ouvidos xordos a si mesma,
nel as palabras amplían
o seu círculo de amizades.
Hai
que masturbar o abecedario
ata que balbuza cousas
aparentemente inconexas.
Caixa
de cambios da fala,
acenos doutra orde.
O sorriso do mosquito dentro da pedra de
ámbar.
Non se trata de que non comprendas árabe.
Non entendes
poesía.
Boa viaxe e estadía na Verde Erín!
Aproveitamos para animaros a que penetredes no mundo da poesía e participedes no III Concurso de Videopoemas, que convocaremos proximamente e cuxo fallo farase público o Día das Letras Galegas.
Aproveitamos para animaros a que penetredes no mundo da poesía e participedes no III Concurso de Videopoemas, que convocaremos proximamente e cuxo fallo farase público o Día das Letras Galegas.
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Alumnado,
Autoras e autores,
Conmemoracións,
Departamentos didácticos,
Día Mundial da Poesía,
Encontros e obradoiros,
ENDL,
Fomento da lectura,
Poesía
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)