luns, 27 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Esta conmemoración foi instaurada en 1961 polo Instituto Internacional de Teatro (ITI), a ONG máis famosa das artes escénicas, para promocionar estas artes como embaixadoras da cultura, a identidade e a sociedade de todos os países do mundo. A data do 27 de marzo elixiuse porque ese día do ano 1962 tivo lugar a apertura da tempada do Théâtre des Nations en París. 




Os obxectivos desta celebración son:
  • Promover o teatro en todas as súas formas a través do mundo.
  • Concienciar ás persoas do valor de teatro en todas as súas formas.
  • Posibiblitar que as comunidades teatrais promocionen o seu traballo a gran escala para que os gobernos e os líderes sexan conscientes do valor e importancia da danza en todas as súas formas e a apoien.
  • Gozar do teatro en todas as súas formas.
  • Compartir o desfrute do teatro cos demais.

“We gather to weep and to remember; to laugh and to contemplate; to learn and to affirm and to imagine” (Brett Bailey, Stage Director from South Africa, World Theatre Day Message Author 2014)


No acto principal, unha personalidade de recoñecido prestixio comparte na Mensaxe do Día Mundial do Teatro as súas reflexións sobre o teatro e a paz. O primeiro deles foi escrito por Jean Cocteau. Desde o ano 2005, cada personalidade estivo presente no mesmo e desde 2009 inclúense representacións realizadas por ela ou relacionadas coa súa mensaxe.

Este ano celebrarase na sala de UNESCO en París e a autora da mensaxe, que podedes ler tamén en inglés, francés, árabe, italiano, grego, etc., será Isabelle Huppert, actriz cinematográfica e teatral francesa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario