Amosando publicacións coa etiqueta Comunidade escolar b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Comunidade escolar b>. Amosar todas as publicacións
mércores, 1 de marzo de 2017
xoves, 23 de febreiro de 2017
QUE É POESÍA?
Xa se escribiron varias contestacións en diferentes linguas, mais aínda hai moito espazo baleiro.
Seguide escribindo as respostas!
venres, 17 de febreiro de 2017
MÁGOA DE #RosaliaTe
Suspendeuse a actividade programada debido á mínima concorrencia de participantes.
Moitas grazas ao alumnado que se achegou ao pavillón para levala a cabo.
martes, 7 de febreiro de 2017
PRÓXIMO RETO NO NOSO CENTRO
A gran maioría de vós participastes no reto das 1000 grúas proposto polo equipo da biblioteca, ou en The Big Challenge.
Tamén vimos nas aulas, os corredores, o patio, etc. mostras dun desafío, o water bottle flip challenge ou reto do lanzamento da botella, que consiste en lanzar unha botella parcialmente chea de auga, que dea todas as voltas posibles e, ao caer, quede de pé e sen moverse.
O mozo Mike Senatore realizou ese lanzamento nun concurso escolar de talentos en Charlotte, EE. UU. O vídeo publicado en YouTube ten xa máis de sete milones de reproducións.
O venres 17 de febreiro temos outro reto, o proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), #RosalíaTe, para conmemorar o Día de Rosalía. Esta asociación propón que o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato “interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía (de modo, por exemplo, que no vídeo resultante se poidan ler versos completos de Rosalía de Castro, ou que se poidan intuír artisticamente os contidos da súa obra…)”.
Ide pensando como facelo!
luns, 6 de febreiro de 2017
martes, 24 de xaneiro de 2017
A CHEGADA DAS PRIMEIRAS GRÚAS
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Artes,
Comunidade escolar,
Conmemoracións,
Fomento da escritura,
Fomento da lectura,
Paz e non-violencia,
Titorías
xoves, 19 de xaneiro de 2017
O RETO DAS 1000 GRÚAS
- Como realizar unha grúa de papel en 28 pasos (con imaxes e vídeos de cada un deles)
- Origami, el arte de plegar papel
- Historia del origami
- Sadako y la mil grullas de papel neste blog
Etiquetas:
Actividades da biblioteca,
Artes,
Comunidade escolar,
Conmemoracións,
Fomento da escritura,
Fomento da lectura,
Paz e non-violencia,
Titorías
sábado, 5 de novembro de 2016
luns, 20 de xuño de 2016
PRÉSTAMOS PARA O VERÁN
Toda a comunidade educativa poderá levar en préstamo fondos para ler durante as vacacións de verán.
A data de devolución dos mesmos será o primeiro día de clase do mes de setembro.
luns, 6 de xuño de 2016
BIBLIOTECA AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ
"Agustín Fernández Paz dálle nome á biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba.
O escritor Agustín Fernández Paz foi homenaxeado este luns en Vilalba ao poñerlle o seu nome á biblioteca do IES Basanta Silva. Fernández Paz non puido asistir ao acto de descubrimento da placa, pero si estiveron presentes familiares seus, así como o director xeral da editorial Xerais, Manuel Bragado.
O escritor chairego agradeceu o nomeamento a través dun vídeo gravado este domingo." (Vía: El Progreso)
domingo, 27 de marzo de 2016
DÍA DE ROSALÍA 2016
Isto foi o que aconteceu o día 24 de febreiro: agasallamos aos membros da comunidade escolar con versos de Rosalía e flores, fixemos o envío simultáneo e masivo duns dos seus versos e, finalmente, dirixímonos á biblioteca ao son da Alborada de Rosalía para escoitar o Manifesto.
sábado, 20 de febreiro de 2016
ACTUALIZACIÓN DE RECURSOS EDUCATIVOS DO “ESPAZOABALAR”
O repositorio do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 54 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.695 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.VI EDICIÓN DO PLAN "NAVEGA CON RUMBO"
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organiza a sexta edición do plan Navega con Rumbo, enmarcado dentro do proxecto Abalar.
O obxectivo deste programa é concienciar ao alumnado, profesorado e familias no uso responsable de Internet e as redes sociais, dando recomendacións para unha navegación responsable e segura.
Premendo sobre a imaxe da páxina do plan accederes a todos os seus contidos:
luns, 15 de febreiro de 2016
DÍA DE ROSALÍA 2016
O 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía, co gallo da conmemoración do nacemento da poetisa (nesta ocasión cúmprense 179 anos).
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) convida "á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo."
"Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal.
A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.” (AELG)
Este ano a súa proposta para ESO e Bacharelato é realizar un "envío masivo e simultáneo dun verso de Rosalía desde os terminais móbiles do alumnado e do profesorado dos centros, baixo a etiqueta #mobilizarosalía. O verso, do poema IV de Cantares gallegos (parte da estrofa 13) é o seguinte:
Trocando en sonrisas / queixiñas e choros
Que se enviaría través das redes sociais, en calquera das súas múltiples aplicacións e formatos, acompañado dunha imaxe alusiva a Rosalía. Esta acción pode realizarse, con autorización previa da dirección do centro e supervisión das/os docentes, durante un período concreto de clase ou no período de recreo."
O noso centro súmase a esta iniciativa e proximamente informarémosvos como a levaremos a cabo.
venres, 8 de xaneiro de 2016
MANDALAS
Mais que é un mandala?
Esta palabra procede do sánscrito e significa “centro,
círculo, anel máxico.” Segundo a definición da RAE, é un “dibujo complejo,
generalmente circular, que representa las fuerzas que regulan el universo y que
sirve como apoyo de la meditación.”

sábado, 5 de decembro de 2015
ESCRITOS NA FLORESTA. ÁRBORES HISTÓRICAS
Esta exposición está baseada nun dos apartados do libro-catálogo Escritos na Floresta. Árbores senlleiras na cultura chairega, de Ricardo Polín, que xa comentamos nunha entrada anterior.
A mostra está composta de máis de 40 paneis, que poderedes ver e ler mellor na sala de exposicións do centro.
A mostra está composta de máis de 40 paneis, que poderedes ver e ler mellor na sala de exposicións do centro.
venres, 27 de novembro de 2015
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Velaquí o vídeo do derradeiro día da escoita de cancións e a recollida de sinaturas.
TODO O CENTRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este e o mural feito coas sinaturas de todas as personas do centro que quixeron manifestar o seu rexeitamento a este tipo de violencia.
Moitas grazas ao alumnado do PDC de 4º pola súa axuda.
MÚSICA E SINATURAS NO PATIO DO CENTRO_1
Do día 25 ao 27 de novembro escoitamos cancións e asinamos nas máns para reflexionar sobre a violencia de xénero e amosar a nosa desaprobación.
xoves, 26 de novembro de 2015
SINATURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe e mañá, durante o recreo, seguiremos escoitando cancións. Tamén poderemos manifestar o noso rexeitamento á violencia machista.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)


























