domingo, 28 de febreiro de 2016

EXPOSICIÓN DE FONDOS: DÍA DE ROSALÍA


MANDALAS DA PAZ

Este é o resultado da participación do alumnado na actividade.



CENTENARIO DA MORTE DE HENRY JAMES

Henry James (15 de abril de 1843 - 28 de febreiro de 1916) foi un escritor americano que pasou a maior parte da súa vida en Gran Bretaña, onde se expatriou e nacionalizou. Está considerado como unha das figuras craves do realismo do século XIX. As súas novelas máis coñecidas mostran o encontro dos americanos con Europa e os europeos. O monólogo interior e a técnica do punto de vista son dúas das características principais na escrita deste autor.


No noso catálogo dixital están os títulos que vedes a continuación. Ao premer sobre a portada de cada un deles accederes ao seu resumo.


 http://www.lecturalia.com/libro/42421/el-alumno h  

  
       

   
     


        
 
       

             


              






venres, 26 de febreiro de 2016

ROSALÍA NA VOZ DE MARINA MAYORAL

A escritora e investigadora mindoniense publicou varios estudos sobre a obra da poetisa da Casa da Matanza. 
Nunha entrevista que Marina Mayoral concedeu a Armando Requeixo, dixo: “A Rosalía seina de memoria e gústame recitar para min algún poema en momentos especiais.”

Escoitémola!






ROSALÍA NO "DOODLE" DE GOOGLE

O día 24 de febreiro de 2015 Google personalizou a páxina do seu motor de busca, o sitio web máis visitado a nivel mundial, cun doodle para homenaxear a Rosalía no 178º aniversario do seu nacemento.


POEMAS ILUSTRADOS DE ROSALÍA EN INTERNET





O ano pasado o Concello de Teo celebrou o Día de Rosalía difundindo en Internet unha escolla de poemas da autora ilustrados por Ana Costas. 

Velaquí o resultado:


mércores, 24 de febreiro de 2016

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA (21 de febreiro)



O día 21 de febreiro de 1952, dous estudantes foron asasinados pola policía e o exército do estado paquistaní mentres se manifestaban en Dhaka (Bangladés) para defender a lingua bengalí.

En novembro de 1999, ese día foi proclamado pola Conferencia Xeral da ONU para a Educación, a Ciencia e a Cultura para potenciar a unidade na diversidade e a comprensión internacional a través do multilingüismo e o multiculturalismo.


Nun estudo publicado este ano pola UNESCO, catro de cada dez persoas no mundo non teñen acceso á educación nun idioma que entendan. 
“O uso das linguas maternas no marco dun enfoque plurilingüe é un compoñente esencial da educación de calidade, que é a base para empoderar ás mulleres e aos homes e ás súas sociedades.” (Extracto da mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO. 2016)


Segundo o devandito organismo “estímase que, se nada se fai, a metade dos 6.000 idiomas falados actualmente desaparecerá a finais deste século. Coa desaparición das linguas non escritas e non documentadas, a humanidade non só perdería unha gran riqueza cultural, senón tamén coñecementos ancestrais contidos, en particular, nas linguas indíxenas.”

  



martes, 23 de febreiro de 2016

ROSALÍA EN PREZI

A presentación que incluímos aquí foi elaborada polo CEP Pilar Maestú Sierra, da Pobra do Caramiñal. 
Utilizaron un programa, Prezi, que nos deixa elixir a orde das diapositivas e o seu tamaño só con situar o cursor sobre elas.

Xa veredes o fácil que é usalo.


luns, 22 de febreiro de 2016

ROSALÍA EN "STREAMING"

A maior plataforma dixital gratuíta de libros en español, O libro total, ofrécenos algunhas dos seus títulos, diferentes versións dos mesmos e información sobre a autora e a súa obra.



Só tedes que premer sobre a imaxe para acceder á páxina.

domingo, 21 de febreiro de 2016

ROSALÍA É MUNDIAL

Xosé Henrique Costas, profesor da Universidade de Vigo, ideou un proxecto cuxo obxectivo era traducir ao maior número de linguas posibles os poemas máis coñecidos de Cantares gallegos: Airiños, airiños aires e Adiós ríos, adiós fontes e difundilo a través dunha páxina web.


Na nosa selección figuran as linguas maternas do noso alumnado, as faladas en España e as extranxeiras ofertadas polo centro. Engadimos as que están en esperanto e grego. 

Todas elas están expostas no corredor do edificio A

O LÉXICO E A LINGUA DE ROSALÍA DE CASTRO

O Portal das Palabras ofrécenos estes dous vídeos que “recollen conxuntos léxicos ou temáticos coa idea de ampliar o noso universo de termos e axudar a que nos expresemos mellor e con máis riqueza.”









sábado, 20 de febreiro de 2016

FALECEMENTO DE UMBERTO ECO



O destacado escritor, ensaísta e crítico literario italiano, mundialmente coñecido pola súa novela El nombre de la rosa (1980), morreu este venres. 





A adaptación cinematográfica deste título, cuxo DVD tedes na nosa biblioteca, estreouse en 1986.




No ano 2015, Eco fixo unhas declaracións ao xornal italiano La Stampa que desataron unha gran polémica: 

"As redes sociais danlle o dereito de falar a lexións de idiotas que primeiro falaban só no bar despois dun vaso de viño, sen danar á comunidade. Eles rapidamente eran silenciados, pero agora teñen o mesmo dereito a falar que un premio Nobel. É a invasión dos imbéciles."



ACTUALIZACIÓN DE RECURSOS EDUCATIVOS DO “ESPAZOABALAR”

O repositorio do espazoAbalar ampliou novamente a súa oferta, nesta ocasión con 54 novos contidos educativos en formato dixital. Coa nova actualización do repositorio alcánzanse os 2.695 recursos, dispoñibles en varios idiomas, para os seguintes niveis educativos: educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos.

ACTIVIDADE PARA CELEBRAR O DÍA DA ÁRBORE


Trátase dunha actividade organizada por Confemadera Galicia e dentro da campaña "O monte é a nosa vida" para celebrar o Día da Árbore o xoves 3 de marzo de 2016, e que pode ser seguida por videoconferencia por calquer centro de secundaria de Galicia que o solicite.




Confemadera Galicia e a Xunta de Galicia poñen á nosa disposición unha serie de unidades didácticas sobre a singularidade dos nosos bosques: