xoves, 12 de xuño de 2014

Club de lectura

  A semana pasada tivo lugar a última presentación do club de lectura deste ano. O vello e o mar e Contos dos irmans Grimm serán as novelas coas que rematemos a nosa aventura. Sorte coa viaxe.



mércores, 11 de xuño de 2014

Animación á lectura

Os nosos parabéns aos gañadores dos concursos de cartaces e marca páxinas.

      - Concurso de cartaces: Beatriz Felpeto Rodríguez (E1D) e Ángel García Yáñez (E1D)
      - Concurso de marca páxinas: Ismael Francos López (E1A)

Moitas grazas a todo o alumnado que participou!

venres, 6 de xuño de 2014

xoves, 5 de xuño de 2014

Certame de Recitado de Poesía



  Durante os días 20, 21, 22 e 23 do mes de maio tivo lugar na biblioteca do instituto un certame de recitado de poesía con motivo da celebración do maio cultural. Desta guisa, contamos cun gran número de participantes do primeiro e segundo ciclo da ESO. O xurado estivo formado, como en anos anteriores, por profesores e alumnos do equipo de normalización lingüística do centro, neste caso, a responsabilidade de elexir aos premiados recaeu sobre o profesor de galego Domingo Villasuso e o de bioloxía José María Fernández Segura e sobre os alumnos Javier López Rubiera e Isabel Castro López de 1º da ESO e 1º de Bacharelato respectivamente. Os alumnos, que durante as primeiras semanas do mes, puideron ensaiar na bibloteca o recitado dos seus poemas, puxeron moi complicado a elección dos gañadores ao xurado. Pero finalmente, decidimos que os gañadores serían:

       Na categoría A (rapaces de 1º e 2º da ESO), os elexidos foron:

  Modadidade Individual: Rosa María Rodriguez Currás de 1º da ESO co poema Adios ríos; adiós fontes de Rosalía de Castro quedou en primeiro lugar, Silvia López Lorenzo de 2º da ESO con Que pracidamente brilan tamén de Rosalía de Castro acadou a segunda posición e Manuel Francisco Lamela Gómez de 1º da ESO, logrou o áccesit co poema Xa nin rencor nin desprezo de novo de Rosalia de Castro.
       
      Modalidade Parellas: En primeiro lugar Sara Leal Rey e Natalia Prestes Camba de 2º da ESO co poema Campanas de Bastabales de Rosalía de Castro, na segunda posición Ayné e Marcos Novo Yáñez de 1º da ESO con Si eu tiver a fror do lume de Manuel Luís Acuña e o áccesit foi para Manuel Lamela Gómez e Sergio López Ramudo de 1º da ESO co poema Sen paz xean-se as palabras de Xulio Válcarcel
 
        Na catagoría B  (rapaces de 3º da ESO), gañaron:

   Modadidade Individual: En primeiro lugar Daniel Rego Yáñez co poema A Pablo Neruda de Antonio García Teijeiro, no segundo, Jorge Basanta Trillo con Oh…!  de Lois Pereiro e Alberto Ferreiro Díaz conseguiu o áccesit con para Méndez Ferrín de X. Costa Clavell.
        
  Modalidade Parellas: Celine Fernández Janeiro e Cristina Muñiz Santalla  co poema Rondeau das señoras donas…de Álvaro Cunqueiro quedaron en primeiro lugar, Andrea Díaz Lozano e Paula García Joven con A Pual Èluard de Luz Pozo Garza en segundo lugar e Claudia Basanta Hermida e Antía Fernández Quintela con Sós de Manuel Antonio levaron o áccesit.

  Noraboa aos gañadores e graciñas a todos os que vos animastes a participar!