xoves, 21 de marzo de 2013

Certame de Recitado Poético

   O Equipo de Normaización Lingüística convoca o 2º Certame de Recitado Poético, que se desenvolverá ao longo do mes de maio; previamente teremos un taller de recitado poético.
   Poderan participar todos os alumnos matriculados no IES Basanta Silva. As bases terédelas nos taboleiros das aulas.
   A lectura dos poemas gañadores así como a entrega de premios farase o día 24 de maio, dentro das actividades previstas no Maio Cultural.

mércores, 6 de marzo de 2013

Concurso de fotografía escolar.

   O pasado luns, 4 de marzo, tivo lugar a entrega dos premios do concurso de Fotografía na escola.
   A fotografía gañadora foi presentada por Manuel Vidal Lozano co título Escolares de Outeiro de Rei, 1972.
   O segundo premio recaeu na fotografía presentada por David Castro Celeiro, titulada Recreo no colexio da Castellana (Aranga), 1983.
   E por último, o terceiro foi para Gabriella Shaene Pinheiro de Oliveira pola foto Escolares do colexio de Moreda (Lanzós) de excursión a Santiago, 1970.




     1º PREMIO

venres, 1 de marzo de 2013

Alborada para Rosalía


  O pasado 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro, ao cumprírense 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. A Fundación Rosalía, a Real Academia Galega e a Asociación de Gaiteiros Galegos facían un chamamento a todos os gaiteiros e gaiteiras de Galiza para tocar unha alborada de gloria na honra de Rosalía.
  No Basanta Silva, o luns 25 tivemos uns minutos no recreo para escoitar a David Pico, Alberto Rivas e Raquel Díaz, que puxeron así o seu gran de area en lembranza da nosa poetisa.
  Xa pola tarde, as alumnas e os alumnos de 2º ESO fixeron unha lectura dalgúns poemas de Cantares gallegos e escoitaron outros musicados e interpretados polo grupo Não, Amancio Prada ou Luz Casal e Carlos Núñez.





Reencontro con Hugo.

  O pasado venres tivo lugar a reunión do segundo grupo de 1º e 2º da ESO do Club de Lectura, para comentar o libro e a película La invención de Hugo Cabret. Como da outra vez, revisamos de novo o incrible Home Mosca interpretado por Harold Lloyd e A viaxe de Méliès á lúa...
   E para rematar aí tedes unhas fotos do encontro.