Amosando publicacións coa etiqueta Autoras e autores. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Autoras e autores. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de abril de 2018

venres, 22 de setembro de 2017

Adicatorias de M.A.Prado para a nosa Biblioteca.

Xa temos expostos na bilioteca os fermosos debuxos cos que Miguel Anxo Prado nos adicou a súa "Mansión dos Pampín" e "Trazo de Xiz". 💚💚 Encantáronnos! 😊


Miguel Anxo Prado é un coñecido debuxante galego con proxección internacional, autor de banda deseñada e ilustrador de libros infantis e xuvenís como como "Cando o mar foi polo río", de Manuel María, "O centro do labirinto", de Agustín Fernández Paz ou "Bala perdida" de Manuel Rivas. Tamén o coñeceredes por ser o deseñador da mascota oficial do Xabarín Club, así como de diferentes personaxes do programa e do elenco da serie de animación producida en Galicia Os vixilantes do camiño. 

Na biblioteca poderedes atopar estas e outras moitas obras súas, vide botar un ollo! 👀


xoves, 22 de xuño de 2017

UN RELATO DE DIESTE EN CURTA

Presentámosvos a curtametraxe Sobre a morte do Bieito, unha adaptación do relato homónimo de Rafael Dieste incluído na obra Dos arquivos do trasno. Esta actividade corresponde a unha das propostas de traballo voluntario para o terceiro trimestre feitas pola profesora de Lingua Galega ao alumnado de 1º de BAC. Dita proposta consistía na representación dun dos relatos desta obra de Dieste, que foi libro de lectura obrigatoria para eles. 

David Basanta, Manuel Debasa, Lara Pena e Manuel Vidal elixiron este coñecido relato e realizaron este magnífico traballo. Todo o mérito para eles!






martes, 13 de xuño de 2017

CENTENARIO DO NACEMENTO DE AUGUSTO ROA BASTOS


Augusto Roa Bastos (Asunción, 13 de xuño de 1917 - 26 de abril de 2005), narrador e poeta uruguaio, é considerado o escritor máis importante do século XX do seu país e un dos máis destacados da literatura hispanoamericana. As súas obras foron traducidas a máis de vinte e cinco idiomas.



"Lo más importante de su literatura fue su capacidad de abordar cuestiones tan profundas como las que trató con un lenguaje tan moderno, tan flexible." (Jorge Edwards, escritor chileno).



Varios dos seus poemas foron musicados. Un deles é o que escribiu e homenaxe a Julio Correa:




Roa Bastos tamén escribiu letras para cancións (Con las manos juntas, Amo a mi patria, Dulce tierra mía, Muchacha dorada, Viva la vida, viva el amor, Cholí, Los hombres, Arribeño, Sueño y realidad, Gallito de riña, Sombra del fuego, Tu sombra, Del regreso, Bracero golondrina e Donde la guaranía crece).





sábado, 27 de maio de 2017

365 PÓSTERES DE PELICULAS REDESEÑADOS

O deseñador gráfico australiano Peter Majarich, realizou no ano 2016 o proxecto A Movie Poster A Day, no que, utilizando un persoal estilo minimalista, creou a súa versión dun cartel dunha película clásica cada día.

                
Cartel orixinal
Póster de Majarich

As diferenzas entre os orixinais e os versionados son "pruebas contundentes de cómo ha evolucionado la estética y el diseño hasta el día de hoy. La mayoría no sólo están basados en una película y su universo, también en una época en la que absolutamente todo influyó en la línea visual de una cinta, una ilustración, un póster, entre otros elementos". (Vía: Cultura Colectiva)





venres, 26 de maio de 2017

CONCURSO SOBRE CARLOS CASARES

O alumnado do 1º ciclo de ESO realizou estes traballos para participar no concurso sobre o autor. Podédelos ver na vitrina branca da biblioteca, que está no corredor do edificio A.

 Os premiados coñeceranse axiña.



sábado, 20 de maio de 2017

RETRATOS DE CARLOS CASARES

O Departamento de Educación Plástica e Visual tamén quixo celebrar o Día das Letras Galegas coa realización por parte do alumnado de creacións consistentes na aplicación de cor, baseada na técnica empregada por Andy Warhol, a unha fotografía do escritor.

Esta é a primeira mostra, que se irá renovando en semanas sucesivas:



xoves, 18 de maio de 2017

FALLO DO III CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

O xurado, reunido o día 11 de maio de 2017, resolveu conceder os seguintes premios:
CATEGORÍA A

1º premio:

O arco da vella, de Manuel María
Paula López González e Carlota Millor Pardo (1º ESO-B)



2º premio:

Todo canto amei, de Antón Avilés de Taramancos
Nerea Morado Parga e Paula Pérez Seijas (1º ESO-D)





CATEGORÍA B

1º premio:

Lela, de Castelao 
Laura Freire Ledo e Uxía Lamas Paz (4º ESO-A)

 


2º premio:

Negra Terra, de Manuel Rivas
Paulo Domínguez López e Manuel Francisco Lamela Gómez (4º ESO-B)



Parabéns ao alumnado gañador e tamén ao que non obtivo ningún premio!

ENTREGA DE PREMIOS DO III CONCURSO DE VIDEOPOEMAS

Durante o recreo de hoxe, o alumnado gañador recibiu o seu premio e visionamos os vídeos galardoados.

  

  

  

 

 

 

   

  
 



“VENTO FERIDO” DE CARLOS CASARES

O pasado 10 de febreiro cumpríronse 50 anos da publicación de Vento Ferido, a primeira obra do autor, que escribiu diariamente a columna Á marxe no xornal La Voz de Galicia dende 1992 ata 2002, ano do seu pasamento. Na correspondente ao día 12 de decembro de 1998, Un libro, líase:

“A miúdo, cando me preguntan cal foi o día máis feliz da miña vida, non sei que responder, pois estou convencido de que esa categoría absoluta non existe. Días felices hai moitos, ou quizais poucos, na vida de case todo o mundo. Podería dicir, en cambio, que unha das datas máis agradables que gardo na memoria correspóndese cunha mañá soleada da primavera do 1967, cando eu era estudante en Santiago e fun á oficina de correos a recoller un paquete do cal ignoraba o seu contido. No momento de abrilo, unha vez que tiña identificado o que viña dentro, sentinme desbordado pola alegría: era o meu primeiro libro, recén publicado.
Era tal a euforia que sentía, que tiña ganas de ensinarllo á xente que pasaba pola rúa, aínda que non a coñecese. Deuse a casualidade de que, ao saír da oficina postal, batín con Ricardo Carballo Calero, que daquela era profesor meu na universidade. Naturalmente, amoseille o libro. Recordo que o colleu, deulle un par de voltas nas mans e díxome: «Ultimamente Galaxia fai unhas portadas azuis moi bonitas».
Desde entón, teño pasado por esa experiencia moitas veces, a última delas hai un par de días. Xa non é o mesmo. A emoción da primeira vez non é agora máis que un sentimento menos rotundo, máis parecido á satisfacción que un sente cando lle rascan a cabeza que á euforia imparable de quen está vivindo nas fronteiras da felicidade. Ignoro se estou falando dun avance ou dun retroceso, dunha proba de madurez ou dunha derrota da vida. Pódese comparar ao momento en que un deixa de crer nos Reis Magos, paso obrigado para non ser un parviño toda a vida. Con todo, un debía ter o dereito de seguir emocionándose un pouco máis con estas cousas.”


Mediametraxe inspirada en Vento ferido dirixida por Miguel Grandío.




"O Parlamento de Galicia, con ocasión de dedicárselle o Día das Letras Galegas do 2017 ao escritor Carlos Casares Mouriño, coincidente co 50 aniversario da publicación de Vento Ferido, insta á Xunta de Galicia a manter as iniciativas de política cultural que contribúan a afondar e a espallar o coñecemento da obra literaria de Carlos Casares, do seu pensamento galeguista, do importante labor que desenvolveu no eido da normalización lingüística, da modernización da cultura e na dignificación da lingua galega. Así como contribuír a conservación, divulgación, coñecemento e posta en valor do seu legado material e cívico; mais alá do ano 2017, no que se lle dedica o Día das Letras Galegas.” (Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, celebrada o 11 de abril de 2017 sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego con motivo da homenaxe no Día das Letras Galegas do ano 2017 ao escritor Carlos Casares Mouriño).


mércores, 17 de maio de 2017

"A VOLTA ÁS LETRAS EN CINCUENTA DÍAS"

"Neste 17 de maio chegamos xuntos co L de letra, de literatura, de libro. Chegamos co L de luz, de latexo, co L de lingua. Vimos celebrar o aniversario da maior festa cultural de Galicia, co L de cincuenta.

Neste 17 de maio tomamos a iniciativa, en liberdade, asumindo os riscos da propia creación. Os deseñadores realizamos cincuenta carteis; os escritores, cincuenta propostas microliterarias, cincuenta aturuxos, coma quen di. Os impresores ocupámonos da tiraxe de mil unidades de cada peza, de realizar mil coleccións de cincuenta carteis cada unha, nun total de cincuenta mil exemplares impresos, aos que contribuímos tamén os papeleiros. Os editores achegamos o resultado a colexios, bibliotecas e librarías en todo o país. Profesores, bibliotecarios e libreiros organizamos e convocamos exposicións posibles en Galicia enteira. Velaquí unha iniciativa conxunta de colaboración coa Real Academia Galega, na que está o Faro de Vigo cuhna publicación que recolle A volta ás Letras en Cincuenta Días. Velaquí unha suma de entendemento e cooperación entre once entidades e institucións, cincuenta deseñadores e cincuenta escritores.

Neste 17 de maio vimos coas Letras no corazón, letraferidos, reunidos arredor da construción do país, dun país feito de palabras e de imaxes. Porque escribir é pensar, deseñar é pensar. Porque a palabra e o trazo conducen o pensamento. E o país cambia, amplíase e transfórmase segundo se vai pensando, segundo se vai narrando. Ensánchase cos novos territorios imaxinados, liberados segundo avanzamos, como quere Novoneyra, do Courel a Compostela. As palabras e as imaxes son os lugares da cultura, esa é a masa que nos une. Porque somos as letras que lemos e as nosas son as que nos escriben, as que nos describen, as que nos pensan e nos fan pensar; son as que din quen somos, como galegos, tamén como individuos. Somos o que lemos e estas son as Letras que nos fixeron, as que aínda nos fan". (As Letras que nos fixeron. Manifesto do Día das Letras Galegas 2012)


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017: CARLOS CASARES


“Hai xente que fala da vida a través dos conceptos; outros tenden a facelo con imaxes e algúns máis con metáforas. Sempre tiven a tendencia, mesmo nas discusións máis abstractas e volátiles, a entender o mundo baixo a especie do narrado” (Carlos Casares Mouriño)








AS 40 AUTORAS E AUTORES MÁIS LIDOS POLOS CLUBS DE LECTURA NO CURSO 2015/2016

Revisadas as lecturas realizadas polos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia durante o curso 2015/2016, coñecemos os autores e autoras escollidos preferentemente polo lectorado neste período, sempre dentro das actividades dos 239 clubs de lectura que recibiron axudas a través da convocatoria da D.X. de Centros e Recursos Humanos para o seu funcionamento.O número de títulos lidos fai referencia ao total de lectura de cada autor escollidas polo conxunto dos clubs.

Agustín Fernández Paz lidera unha vez máis esta táboa na que tamén atopamos poetas ou autores de banda deseñada. Observamos, así mesmo, que son 13 as autoras que aparecen nesta relación dos 40 autores/as máis lidos, con obras seleccionadas polos lectores e lectoras. (Vía: Ler en manconún)

martes, 16 de maio de 2017

CENTENARIO DO NACEMENTO DE JUAN RULFO



Juan Rulfo (1917-1986), o autor mexicano máis traducido, é o creador dunha das grandes obras da literatura universal: Pedro Páramo (1955). Os seus primeiros contos foron publicados nas revistas América e Pan en 1945. Algúns deles xunto a outros dez de nova creación conformaron El llano en llamas (1953).


“No sé si se ha advertido el uso sutil que Rulfo hace de los grandes mitos universales en Pedro Páramo. Su arte es tal, que la trasposición no es tal: la imaginación mítica renace en el suelo mexicano y cobra, por fortuna, un vuelo sin prestigio. Pero ese joven que inicia la odisea en busca de su padre perdido, ese arriero que lleve a Juan Preciado a la otra orilla, la muerta, de un río de polvo, esa voz de la madre y amante, Yocasta-Eurídice, que conduce al hijo y amante, Edipo-Orfeo, por los caminos del infierno, esa pareja de hermanos edénicos y adánicos que duermen juntos en el lodo para iniciar otra vez la estirpe humana en el desierto de Comala, esas viejas virgilianas-Eduviges, Damiana, la Cuarraca-, fantasmas de fantasmas que contemplan sus propios fantasmas, esa Susana San Juan, Electra al revés, el propio Pedro Páramo, Ulises fijo de piedra y barro… todo este trasfondo mítico permite a Juan Rulfo trazar la ambigüedad humana de un cacique, sus mujeres, sus pistoleros y sus víctimas y, a través de ellos, incorporar la temática del campo y la Revolución mexicanos a un contexto universal". (Carlos Fuentes, La Cultura en México, 29 de julio de 1964)





A fotografía foi unha paixón que cultivou ao longo da súa vida. As primeiras apareceron na revista América en 1949 e a primeira exposición tivo lugar en Guadalajara, México, en 1960.





domingo, 14 de maio de 2017

RECURSOS EN ABALAR SOBRE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS

  • Libro para traballar a vida e obra de Carlos Casares


  • Xogo do tipo "Pasapalabra" sobre a vida e obra de Carlos Casares


  • Unidade didáctica de Lingua galega e literatura


  • Unidade didáctica de Literatura galega do século XX e da actualidade


  • A orixe do Día das Letras Galegas, fundación da Real Academia Galega e a vida e obra dun autor/a homenaxeado/a.


  • BrincaLETRAS para traballar obras literarias dos autores homenaxeados nalgún momento no Día das Letras Galegas