venres, 19 de abril de 2013

Aí ven o maio !!

  Non sei si sabedes que dende a directiva estase a organizar un mes de maio cultural cheo de actividades, recitais, teatro, música, cine, exposicións...etc. Esperamos entón, con entusiasmo e expectación, este mes de maio florecente, abride pois as vosas mentes e mantédevos alerta. E para a dirección un: Así se fai !! 


xoves, 11 de abril de 2013

Homenaxe aos irmáns Lumière.

   O pasado mes de marzo os alumnos de Cultura Audiovisual rodaron un vídeo homenaxe aos irmáns Lumière, mais concretamente A saída da fábrica de Lyón, eles titularon esta homenaxe como Saída dos alumnos do instituto. Pídennos que agradezamos a todos os alumnos e compañeiros participantes a súa estimada colaboración. Deixámosvos co vídeo, a ver que vos parece.