xoves, 30 de maio de 2013

Recitado de poesía.






 Durante dúas semanas do mes de maio do presente curso, celebrouse na biblioteca do instituto o 2º Certame de Recitado de Poesía no que participaron rapaces e rapazas de 1º e 2º da E.S.O. O xurado, formado polo mestre de galego, Domingo García Villasuso e por tres alumnas de Normalización Lingüística, elixiron aos gañadores, que estiveron divididos en dúas categorías, segundo recitaran individualmente ou en parellas.
 Foi unha complicada elección, pola calidade dos alumnos que se presentaron, que estiveron durante os días previos do certame ensaiando na biblioteca e recibindo consellos para a súa posta en escena pero, finalmente os gañadores foron:
 Categoría individual:
 1º Premio:
 - Manuel Vidal Lozano de 1º da E.S.O co poema “Sóubente outono derradeiro” de Rafa Yáñez.
 2º Premio:
 -   Jorge Basanta Trillo de 2º co poema “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro.
 -   Silvia López Lorenzo de 1º da E.S.O co poema “Adiós  ríos, adiós fontes...” de Rosalía de Castro.

 Accésits:
 1º - Raúl González Seco de 1º da E.S.O.
 2º - Gonzalo Castelo Purriños de 1º da E.S.O.
 3º - Mar Fraga González de 2º da E.S.O.
 4º - Sara Leal Rey de 1º da E.S.O.
 -  Isadora  Costa Lopes de 2º da E.S.O.

 -  Yolanda Buceta Martínez de 1º da E.S.O.

 Categoría parellas:
 1º Premio:
 - Celine Fernández Janeiro e Cristina Muñiz Santalla de 2º da E.S.O co poema “Déjeuner de matin” de Jacques Prévert.
 2º Premio:
 - Noelia Aranda Fiévez e Paula García Joven de 2º da E.S.O co poema “Campanas de Bastabales” de Rosalía de Castro.
 Accésits:
 1º - Claudia Basanta Hermida e Alba Durán Rivas de 2º da E.S.O.
 2º - Antía Fernández Quintela e Manuel Lodeiro Palma de 2º da E.S.O.
 3º - Natalia Pardo López e María Paz Eimil de 2º da E.S.O.
 4º - Samuel López Rey e Javier Lozano Fernández de 1º da E.S.O.
 5º - Sonia Covas Rico e Andrea Díaz Lozano de 2º da E.S.O.

venres, 24 de maio de 2013

xoves, 16 de maio de 2013

Maio Cultural

   O pasado venres 10 tivo lugar a actividade Pasen e vexan, sobre as orixes do cine. A actividade desenvolveuse en dúas partes, a primeira consistiu nunha explicación sobre os comezos do cinematógrafo, atendendo aos seus creadores, os irmáns Lumiérè, e ás primeiras proxeccións mudas que utilizaban acompañamento musical en directo.






   A segunda parte tratou de recrear a ambientación da proxección de 1902, A viaxe á lúa de G. Meliès. Con narración en directo do cantamañanas Carrasco, e música a cargo dos incorrexibles pianistas do momento, Lucinio & Maoxu. Un fracaso en toda regra !!!!



martes, 14 de maio de 2013

Homenaxe ao Guernica.

 Comezou o Maio cultural, coa homenaxe ao Guernica, no seu 76 aniversario. Na presentación deuse unha explicación sobre o porqué do cadro e da súa realización a cargo de Picasso. A seguir comezouse coa lectura de poemas sobre a vida e contra a guerra, que continuará ao longo de todo o mes nos recreos.



venres, 3 de maio de 2013

Premios Minerva

 Onte, xoves dous de maio, tivo lugar a entrega dos premios literarios Minerva, convocados polo colexio M. Peleteiro de Santiago. Dámosvos esta noticia, porque entre os premiados temos dous alumnos vinculados ao noso centro.
  En poesía Brais Lamela, exalumno, gañou o primeiro premio pola súa triloxía Cadernos vermellos.
  Por outra banda en narración Alba Sofía Naseiro, alumna de 1º Bach., levou o primeiro accésit polo seu traballo titulado A ratoeira.
  Parabéns e seguide dándonos alegrías !!!!