Amosando publicacións coa etiqueta Ex-alumnado. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ex-alumnado. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de maio de 2017

ENCONTRO CON INMA E YOLANDA PURRIÑOS

O salón de actos do centro foi onte territorio das artes, en concreto da fotografía, da man de dúas grandes profesionais, ex-alumnas do centro. 
A actividade, na que participou o alumnado de 3º e 4º de ESO, foi proposta polo Equipo da biblioteca.

 


 


Graciñas por compartir con nós os vosos coñecementos, experiencias e momentos emotivos dun xeito tan ameno.


sábado, 20 de maio de 2017

ENCONTROS CO EX-ALUMNADO: INMA E YOLANDA PURRIÑOS

Biblioteca escolar, territorio das Artes é o lema das Bibliotecas Escolares para este curso. Para axudar á visibilidade das Artes o Equipo da biblioteca propuxo a realización desta actividade dentro da programación do Maio Cultural do centro. Terá lugar o día 23 de 11:45 a 13:25.

Acceso ao programa


Currículo de Inma Purriños

Currículo de Yolanda Purriños



venres, 25 de xaneiro de 2013

Xente de aquí e de acolá.

  De novo presentámosvos un exalumno coñecido de todos. É o noso Marcos, que anda por esa feiras do mundo amosando o seu traballo. O outro día apareceu na prensa facendo unha demostración de talla na Feira do Nadal en Lugo. Esperamos que teñas moitos éxitos nesta andaina.

                                               
     Ladra fai demostracións de talla para promocionar a súa artesanía.

xoves, 13 de decembro de 2012

Xente de aquí e de acolá.

 Aquí vos deixamos un vídeo da nosa amiga Emma, gravado en Madrid onde cursa 1º de Belas Artes, e que non perdeu as mañas co da música. Vímolo o outro día en Youtube, e pareceunos apropiado ensinalo ao mundo tamén dende aquí.