mércores, 22 de abril de 2015

A Nosa Biblioteca no Tempo:1965-2015




O 23 de abril expoñeremos na biblioteca  unha escolma dos nosos libros,  dende as edicións máis antigas dos anos corenta ata as máis recentes.  Contamos con vós!


martes, 21 de abril de 2015

I CONCURSO DE VIDEOPOEMAS



O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES Basanta Silva de Vilalba convocan o I Concurso de Videopoemas coas seguintes BASES
Poderá participar todo o alumnado do IES Basanta Silva cun máximo dun videopoema por persoa, que deberá ser orixinal e inédito.
Os traballos poden ser presentados de xeito individual ou por parellas.
Establécense 2 categorías:
Categoría A: 1º e 2º de ESO
Categoría B: 3º,4º de ESO e BAC
Os videopoemas serán en galego e partirán dun poema dalgún autor/a da literatura galega. A súa temática é libre.
Os videopoemas consistirán nunha fusión de vídeos ou imaxes e dun poema recitado, podendo integrarse opcionalmente música. A letra do poema deberá aparecer sobreimpresa nas imaxes.
No caso de usar música ou imaxes alleas, debe tratarse de materiais libres de dereitos de autor.
A súa duración máxima será de 3 minutos.
A entrega farase nun sobre pechado co título escrito na súa parte dianteira. Dentro deste sobre introducirase:
- o videopoema ( en formato dvd ou cd) no que só aparecerá o título.- outro sobre pechado, no que figurarán o mesmo título e os datos do alumno/a (nome e apelidos, curso e grupo)
Os participantes entregarán os seus traballos ao profesorado de Lingua Galega nas súas respectivas aulas.
O prazo de presentación rematará o día 22 de maio de 2015.
Establécense os seguintes premios:
Categoría A:1º premio: un libro electrónico.2º premio: lote de libros, cómics e películas.
Categoría B:1º premio: un libro electrónico.2º premio: lote de libros, cómics e películas

 O xurado estará constituído por profesorado dos Departamentos de Lingua Galega e Literatura, Debuxo e Música. O fallo do xurado e a entrega de premios terán lugar o día 29 de maio ás 13,25 horas na Biblioteca do centro, onde se fará a proxección dos videopoemas gañadores.

Videopoemas



     Deixámosvos aquí unha mostra de videopoemas, algúns deles tamén de estudantes. Non vos lancedes sobre os ordenadores a buscar imaxes. Quizais sexades máis creativos e queirades facer o voso propio vídeo, sós, con amigos/as,... Pero o primeiro que debedes facer é reflexionar sobre o contido “emotivo” do poema seleccionado, sobre eses sentimentos agochados detrás das palabras concretas. As imaxes non teñen que reflectir o que o poema di literalmente, senón as sensacións que provoca no lector. Para facelos, podedes utilizar programas como Photopeach , Windows Movie Maker,...


 


Baseado no poema “Curiosidades” de LOIS PEREIRO





  Baseado nun poema deTodas as mulleres que fun, de ANDREA NUNES BRIÓNS, 1º Premio CinEOI da Coruña no 2012.






A partir do poema “Roedores de caucho”, de CARLOS NEGRO







 Do poema “Digo Vietnam e basta”, de CELSO EMILIO FERREIRO








Videopoema gañador do 1º premio do II Certame Palabrasinpapel de 2015, realizado polo alumnado de Teatro do IES Rosalía de Castro de Compostela.










Videopoema a partir dun poema do libro Berlín, de MARÍA LADO e realizado pola mesma autora