mércores, 30 de xaneiro de 2019

Club de lectura de 2º da ESO

Para completar a presentación das tres novelas de Ledicia Costas viñeron dous membros do club de lectura de terceiro falarnos dos libros. Foi unha xuntanza verdadeiramente entrañable. 🥰 Aqui tedes algunhas fotos do acto.

Reunión do club de lectura 2º da ESO. Ledicia na biblio do noso IES

Agora toca ler unha novela de Ledicia Costas, e hai onde escoller; queres viaxar da man das mulleres planta e de Jules Venre ao Vigo do século XIX, ou prefires pasear polo Vigo do século XX e vivir o día a día dun grupo de rapaces. Ou es dos que quere viaxar ao Londres victoriano? Escolle!!! Cal vas ler? Ou es dos que vai ler as tres? 



domingo, 20 de xaneiro de 2019

Escarlatina, a cociñeira defunta!

Recetas feitas pola rapazada do club de lectura de primeiro da ESO.

https://www.instagram.com/p/Brr26NRHLLt0xvTT8H6M_2khzA_2rU6s6WfEDQ0/?utm_source=ig_share_sheet&igshid=71jzywbxxr98

Escarlatina no club de lectura

https://www.instagram.com/p/Brqi9bShnaY6NbdRJR20kh2v6I957heE_-uhp80/?utm_source=ig_share_sheet&igshid=1ul4khtgupem1

CÓMIC

Así de chulo loce na nosa biblio o novo recuncho reservado 
para a banda deseñada.


Un día calquera na biblioteca do Basanta

Os venres, no Basanta Silva trabállase moito e ben! O resto da semana tamén! 😊#BasantaSilva#portimadrugo


Club de lectura

Hoxe foi a reunión do club de lectura de 3ºda ESO, onde continuamos coa narrativa galega; despois de "A praia dos Afogados" de Domingo Villar, agora imos con "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz".


Club de lectura

O pasado xoves 10 de Xaneiro foi a reunión do club de lectura de 4º da ESO. Despois de ler na primeira avaliación a obra de teatro "Os vellos non deben namorarse", agora toca unha novela que é un clásico: "Frankenstein ou o moderno Prometeo", de Mary Shelley.




Visita de Antía Yañez

Preparándonos para recibir a Antía Yañez, que ven a 

falarnos do seu libro: "O misterio de Portomarín".


BO NADAL

#BibliodoBasanta deséxavos un Nadal con boa química e 

moi felices festas. 

NADAL NA BIBLIO DO BASANTA


Árbore de libros feita por Iago Rodríguez e a estrela de 

Alba de 4º da ESO, locen así de chulas na biblio polo Nadal!🎄🎄







CONCURSO DE FOTOPOEMAS


📷💖📷







NOVIDADES







"Sempre a mesma historia? CAMBIA O CONTO!"

A rapazada de 2º da ESO C organiza esta exposición, logo dun exhaustivo traballo de investigación e recollida de datos. Nela estúdanse, exemplifícanse e visualízanse as múltiples violencias machistas. Neste video, que elas mesmas dirixiron e montaron, explícano todo perfectamente e chaman a cambiar o conto! CAMBIEMOS O CONTO! 

video da exposición "Sempre vivas"

Exposición 25N

A rapazada de 2ºda ESO C inaugurando a exposición que eles mesmos elaboraron sobre as violencias machistas. Baixaron á Biblioteca, buscaron información, traballarona e convertírona nesta fermosa mostra.

Exposición 25N

Concurso Fotopoemas! Participa!


Charla sobre o cancro no instituto





25N no Basanta


xoves, 17 de xaneiro de 2019

Contra as violencias machistas no Auditorio

https://www.instagram.com/p/BqpWCsRH1-3dnZBmQJPToPq7mI2SR8kOYIEUuQ0/?utm_source=ig_share_sheet&igshid=6zx83g1yi5ar