venres, 14 de decembro de 2012

Luns 17, reunión con 1ºBAC.

 Non vos esquezades, o luns 17 pola tarde, teremos a reunión das cabras para falar sobre quen de nós é ou non é un replicante. De momento deixámosvos un documento atopado nos arquivos do instituto...Soñarán os androides con ovellas eléctricas?




xoves, 13 de decembro de 2012

Xente de aquí e de acolá.

 Aquí vos deixamos un vídeo da nosa amiga Emma, gravado en Madrid onde cursa 1º de Belas Artes, e que non perdeu as mañas co da música. Vímolo o outro día en Youtube, e pareceunos apropiado ensinalo ao mundo tamén dende aquí.


luns, 10 de decembro de 2012

Os procesos do liño.

  O mes pasado durante os dias 22 e 23 tivo lugar no edificio A a exposición-demostración Os procesos do liño a cargo da Asociación de Mulleres de Ínsua. Esta actividade foi organizada por Vicedirección e o Departamento de Tecnoloxía.
  Deixámosvos un vídeo fotográfico da exposición. Sabedes de quen é o cadro que aparece no comezo e final do vídeo? Unha pista, titúlase Las Hilanderas.