Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial do Libro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Mundial do Libro. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de maio de 2017

"HISTORIA DEL LIBRO"

Esta interesante mostra, como xa dixemos nunha entrada anterior, fai un percorrido pola historia da comunicación escrita desde os seus antecedentes ata os actuais formatos dixitais.

Poderáse comtemplar ata o día 23 de xuño.

  

  

  





sábado, 20 de maio de 2017

A HISTORIA DO LIBRO


O IES Fernado Esquío de Neda cedeunos esta exposición temática coa que queremos conmemorar o Día Mundial do Libro e que poderedes contemplar do 23 de maio ao 23 de xuño.

É un percorrido pola historia da comunicación escrita, desde os seus antecedentes (as pinturas rupestres, os petróglifos, etc) e as súas primeiras manifestacións en soportes diferentes (pedra, taboíñas de de arxila, papiro, pergamiño, taboíñas de madeira e papel) ata os actuais formatos dixitais.



domingo, 23 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO

O 28 de xullo deste ano conmemórase o centenario do nacemento da escritora madrileña Gloria Fuertes (1917-1988), que ocupa un lugar imprescindible na poesía feminina de posguerra. Porén, queremos dedicarlle este día.


“Gloria Fuertes es uno de los referentes de la literatura infantil española del siglo XX. Aunque son muchas las facetas literarias y musicales que cultivó, la dedicada a la producción para niños es la más conocida. Entre muchos otros premios, fue galardonada con el diploma de Honor del Premio Internacional de Literatura Infantil Hans Christian Andersen”(Vía: Cervantes Virtual)

“En mi poesía el tema que más me interesa es el dolor, en mí y en los demás, por este orden egoísta. Después, el amor. En tercer lugar, lo contrario del amor: las injusticias, las guerras y los bichos”. (Gloria Fuertes)


O 28 de xullo de 2016, Google mostrou na súa páxina principal un 'doodle' interactivo para conmemorar o 99º aniversario do seu nacemento.

Pasando o rato polas letras que dan nome ao buscador, que se transforman en bocadillos con imaxes dos contos que a escritora narra aos seus oíntes.

xoves, 13 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2017

El Ministerio de Educación, Cultura y Deporte ha difundido el cartel oficial que conmemora el Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor y que se celebra todos los 23 de abril. El ilustrador Javier Sáez Castán, Premio Nacional de Ilustración 2016, ha sido en esta ocasión el autor del cartel oficial, inspirado en la obra Sin noticias de Gurb, obra del galardonado con el Premio Cervantes 2016, Eduardo Mendoza.


El Día Mundial del Libro y del Derecho de Autor fue promulgado por la UNESCO en 1995 a iniciativa de España. El 23 de abril de 1616 es la fecha de la muerte de Miguel de Cervantes y de William Shakespeare.

Como es tradición, el Ministerio de Educación, Cultura y Deporte se unirá a la fiesta del libro con una serie de actos, entre los que destaca la entrega el próximo jueves 20 de abril del Premio de Literatura en Lengua Castellana Miguel de Cervantes. El galardón es el máximo reconocimiento a la labor creadora de escritores españoles e hispanoamericanos cuya obra haya contribuido a enriquecer de forma notable el patrimonio literario en lengua española. (Vía: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte)

domingo, 9 de abril de 2017

DÍA MUNDIAL DO LIBRO 2017


Coma en anos anteriores, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita, co gallo do Día Mundial do Libro, un pequeno marcapáxinas cun texto orixinal dun autor ou autora galega. Nesta ocasión é Rosalía Fernández Rial a poeta que agasalla co seu texto sobre o libro e a lectura ás Bibliotecas Escolares de Galicia.



Rosalía lévanos co libro ao mundo da palabra, da música, da maxia, do imprescindible aire para respirar. (Vía: Bibliotecas Escolares de Galicia)

xoves, 6 de abril de 2017

DÍA DO LIBRO NO CONCELLO DE VILALBA

Para celebrar o Día Mundial do Libro o Concello de Vilalba organiza dúas actividades:
  • "Un libro por unha cita". Na Biblioteca Municipal e na Casa de Cultura estarán ubicados 24 libros envoltos e numerados destinados a idades diferentes. Cada participante deberá escoller un, descubrir como mínimo o seu título e autoría a partir dunha cita do mesmo. Todas as citas dos libros e a ubicación destes faranse públicas na páxina web e no Facebook do concello a partir do día 7 de abril. A data da lectura das citas e a entrega de premios será o día 23 de abril. (Máis información)
  • "Libro, cámara, acción". Concurso para todos os públicos no que os participantes deberán elaborar un vídeo coa dramatización ou escenificación dun fragmento dunha obra literaria. O primeiro premio consistirá nun Ipad e os finalistas recibirán un lote de libro de Carlos Casares. (Máis información)

venres, 29 de abril de 2016

ALGUNHAS CURIOSIDADES SOBRE CERVANTES E A SÚA OBRA MESTRA







Se a lectura de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha parecía un pouco complicada, xa non hai escusa: acábase de presentar unha 'tradución’ ao castelán actual de obra cume do castelán antigo.

 

xoves, 28 de abril de 2016

mércores, 27 de abril de 2016

A OBRA DE CERVANTES E A LITERATURA MODERNA

Que fai da literatura de Cervantes, e especialmente de El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha, un referente indispensable na literatura moderna? 
O catedrático de Literatura Jordi García explícao desta maneira: 






A obra cervantina xa foi debidamente apreciada e valorada polos seus contemporáneos, mesmo polo propio Shakespeare:





As traducións do Quixote son innumerables; aquí vai a ligazón a unha páxina do Instituto Cervantes que permite acceder á tradución do primeiro capítulo da obra en cincuenta idiomas.



martes, 26 de abril de 2016

"EL QUIJOTE INTERACTIVO"

A Biblioteca Nacional dixitalizou a primeira edición da obra de Cervantes que conserva nos seus fondos. Esta versión contén gravados, música e mapas das andanzas do fidalgo e o seu escudeiro. Permítenos acceder a outras edicións da obra, coñecer a vida do século XVI, realizar procuras, compartir fragmentos, etc.

 http://quijote.bne.es/libro.html?pagina=1-000