Corredora de María Reimondez, 22 segundos de Eva Mejuto e Maruja Mallo de Elvira Riveiro, tres marabillosos agasallos que recibimos este pasado martes da Asociación Feminista de Vilalba. Lecturas para a igualdade que axiña poderedes levar en préstamo!
Amosando publicacións coa etiqueta Eliminación da violencia de xénero b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Eliminación da violencia de xénero b>. Amosar todas as publicacións
xoves, 30 de novembro de 2017
sábado, 25 de novembro de 2017
25N DE 2017 CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Onte, no Basanta Silva, pintamos os muros e manifestamos o noso rexeitamento da vilolencia de xénero, coa lectura dun manifesto e a actuación de Ari, Noa, Anxo, Lois, Montero e Trastoy, que rapearon para nós, en primicia, o marabilloso tema que eles mesmos compuxeron e que puidemos escoitar tamen á noite no Auditorio.
Etiquetas:
Concello de Vilalba,
Diversidade,
Eliminación da violencia de xénero,
Feminismo,
Igualdade de xénero,
Inclusión educativa,
LGTB,
Paz e non-violencia
PINTANDO CRISTAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
sábado, 17 de xuño de 2017
PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO NA ADOLESCENCIA
"Hay Salida" é a campaña actual contra a violencia de xénero, lanzada polo Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.
![]() |
| Acceso |
Recursos para a súa prevención no ámbito educativo:
- Servicio de información y asesoramiento 016
- Material educativo “Hay salida" (curtametraxes, guía de actividades e folleto)
- Guía didáctica - es +. Cine para ser al voz de quienes calla contra la violencia sobre la mujer: educación
- Cómic "Pillada por ti"
- Portal web para consejos escolares
- Plan Director para la convivencia y mejora de la seguridad en los centros educativos y sus entornos
- Portal web "Portal Intercambia"
- Premios Irene: la paz empieza en casa
- Curso de formación para el profesorado
xoves, 6 de abril de 2017
CONCURSO: "NOS DUELE A TODOS"
III edición do concurso pola Igualdade e contra a Violencia de Xénero promovido pola Fundación Mutua Madrileña.
Duración
O concurso comezará ás 9:00 horas do 8 de marzo de 2017 e concluirá para todos os efectos ás 15:00 horas do 21 de maio de 2017.
Participantes
Alumnado de E.S.O, Bacharelato, grao ou posgrao universitario ou FP matriculado e residente en España. Se é menor de 18 anos deberá achegar a autorización do seu pai, da súa nai ou do seu titor/a legal se o seu traballo resulta gañador.
Requisitos
As persoas participantes deberán realizar unha peza orixinal creativa para concienciar e previr contra a violencia de xénero á mocidade. Considerarase válido calquera formato dixital (vídeo, audio, imaxe, presentación animada).
Premios
- Categoría Grao, Posgrao e Formación Profesional de Grao Superior, dirixido ao estudantado universitario e de FP de Grao Superior, o premio consiste en 3.500 euros en metálico ou un cheque pola mesma cantidade canjeable por material electrónico se a persoa gañadora é menor de idade.
- Categoría Especial á Campaña máis Popular en Redes Sociais, o premio consiste en 1.000 euros en metálico se a persoa gañadora é maior de idade ou un cheque pola mesma cantidade canjeable por material electrónico se a persoa gañadora é menor de idade.
- Categoría Especial Tolerancia Cero, elixido polo equipo de Fundación Mutua en colaboración con Atresmedia, o premio consiste en 1.000 euros en metálico e difusión da peza orixinal creativa por parte de Atresmedia se a persoa gañadora é maior de idade ou un cheque pola mesma cantidade canjeable por material electrónico e difusión da súa peza orixinal creativa por parte de Atresmedia se a persoa gañadora é menor de idade.
(Vía: CCEOU)
CAMPAÑA: "DEZ FORMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO DIXITAL"
"Controlar, espiar, obligar… es violencia de género"
O Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, PantallasAmigas e Twitter uníronse para concienciar e erradicar unha das formas de violencia de xénero máis común entre adolescentes, a violencia de xénero dixital que se dá a través do control e o abuso nas redes e Internet.
A campaña, a través de dez imaxes animadas, centra o seu foco en mostrar como violencia de xénero acciones que algúns mozos adolescentes realizan coas súas parellas ou exparellas.
Obxectivos
- A campaña quere chamar a atención da mocidade sobre determinados comportamentos, co fin de provocar primeiro a reflexión para que, despois, sexan eliminalas como prácticas limitantes e agresivas.
- As mensaxes, aínda que identifican formas de dano psicolóxico, presentan unhas mulleres empoderadas e apoiadas polas persoas próximas e a sociedade, exercendo resistencia ás situacións de control e agresións exercidas polas súas parellas.
- Ademais dunha imaxe que se distribuirá nas redes sociais, cada unha das dez accións atópase reflectida nunha breve animación. Estas animacións, por unha banda, axudan a comprender mellor a mensaxe e a empatizar coa situación e, por outro, contribuirán á súa viralización e visibilidade en diferentes plataformas.
- A campaña incorpora o chío #HaySalida, lema promovido en anteriores accións pola Delegación do Goberno para a Violencia de Xénero, e o chío #fuerzaenmivoz, utilizado por Twitter na súa liña de actuación para fornecer a voz das mulleres na internet a través do diálogo coa comunidade, a difusión das ferramentas e regras da plataforma e o desenvolvemento de iniciativas conxuntas coa sociedade civil. (Vía: CCEOU)
"Controlar, espiar, obligar… es violencia de género"
domingo, 27 de novembro de 2016
Á VIOLENCIA DE XÉNERO… DILLE NON!
Esta exposición itinerante, impulsada pola Xunta de Galicia, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres está dirixida a axudar á mocidade a recoñecer, identificar e rexeitar condutas sexistas e nocivas nas súas relacións.
venres, 25 de novembro de 2016
O CENTRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Sumámonos á campaña En negro contra a violencia colocando os carteis entregados polo Concello de Vilalba:
E tamén se elaborou unha pancarta:
DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER (25 de novembro)
- A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos.
- A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero.
- A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade.
- A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial.
- A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.
“A violencia contra as mulleres e as nenas é unha violación dos dereitos humanos, unha pandemia de saúde pública e un grave obstáculo para o desenvolvemento sustentable. [...] Sae moi cara ás familias, as comunidades e as economías. […] O mundo non se pode permitir pagar ese prezo”. (Ban Ki-moon, Secretario Xeral da ONU)
- Mensaxe do Secretario Xeral da ONU
- Macroencuesta de violencia contra la mujer 2015. Avance de resultados
- Ficha estadística de víctimas mortales por Violencia de Género. Año 2016
sábado, 5 de decembro de 2015
ALERTCOPS
Esta aplicación móbil, posta en marcha polo Ministerio do Interior, facilita a comunicación dos cidadáns coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para alertar sobre unha situación delituosa da que se é vítima ou testemuña.
O 25 de novembro incorporou un novo botón específico para alertar sobre unha situación de violencia de xénero.
Ao seleccionar este tipo de alerta, pregúntase ao usuario se é vítima ou testemuña e inmediatamente envíase a notificación ao centro de atención máis próximo, xunto coa información do usuario e a súa posición xeográfica exacta. A partir dese momento, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado xestionan a situación de risco, poñéndose en contacto co usuario por chat ou por vía telefónica para solicitar máis información, ofrecer indicacións, mobilizando efectivos á localización da alerta ou calquera outra acción que se estime oportuna.
Co fin de protexer á vítima, unha vez que a alerta se pecha por parte das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, non queda rastro algún no terminal do usuario.
venres, 27 de novembro de 2015
CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA
Velaquí o vídeo do derradeiro día da escoita de cancións e a recollida de sinaturas.
TODO O CENTRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Este e o mural feito coas sinaturas de todas as personas do centro que quixeron manifestar o seu rexeitamento a este tipo de violencia.
Moitas grazas ao alumnado do PDC de 4º pola súa axuda.
HAIKUS QUE DEIXAN PEGADA
O alumnado de 3º de ESO animouse a elaborar poemas contra a violencia de xénero e a realizar a pegada dos mesmos na parede onde xa estaban algúns dos que forman parte do Libro do Mal Amor.
MÚSICA E SINATURAS NO PATIO DO CENTRO_1
Do día 25 ao 27 de novembro escoitamos cancións e asinamos nas máns para reflexionar sobre a violencia de xénero e amosar a nosa desaprobación.
xoves, 26 de novembro de 2015
SINATURAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Hoxe e mañá, durante o recreo, seguiremos escoitando cancións. Tamén poderemos manifestar o noso rexeitamento á violencia machista.
mércores, 25 de novembro de 2015
martes, 24 de novembro de 2015
domingo, 22 de novembro de 2015
PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O alumnado de 2º de ESO e 1º de Bacharelato participou activamente nas actividades programadas.
Non podemos subir as fotos de todos os grupos debido a problemas técnicos.
Aquí tedes algunha do alumnado de 2º de ESO.
Non podemos subir as fotos de todos os grupos debido a problemas técnicos.
Aquí tedes algunha do alumnado de 2º de ESO.
Esperamos que aprenderades e disfrutarades moito.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)






























