sábado, 28 de novembro de 2015

XOSÉ CHAO REGO

O teólogo e escritor vilabés, faleceu hoxe en Santiago.

O conxunto da súa obra fíxoo merecedor da “letra E”, concedida pola Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2002. 
Obtivo o Premio da Crítica de Galicia na modalidade de Ensaio e Pensamento en 1984 por Eu renazo galego. Ensaio sobre a identidade galega, e en 2005 por O demo meridiano.



UNHA ESCOLA PARA TOD@S: INCLUSIÓN EDUCATIVA DE ALUMN@S CON SÍNDROME DE DOWN E/OU DISCAPACIDADE INTELECTUAL

Down Galicia presentou este proxecto á convocatoria Tu proyecto. Nuestro proyecto de Honda, para promover a inclusión escolar do alumnado con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na escola ordinaria.

Se queres axúdalos,  debes seguir estes pasos:

1º: clicar nesta ligazón
2º: clicar no recadro “Súmate” (que aparece en azul), no lado dereito da páxina.
3º: cubrir os datos e darlle a “enviar” (pódese realizar un voto por cada enderezo de correo electrónico diferente).
4º: enviarase ao correo unha ligazón. Darlle a “aprobar”.

MÁIS CA VIDA

Rubén Riós dirixiu este documental, cuxo trailer foi presentado no XX Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF). 
A curtametraxe relata o mundo real e a fortaleza de personas con diversas capacidades.


PUNTO VIRTUAL DE EDUCACIÓN DE DOWN GALICIA

Down Galicia é unha entidade que ten como misión mellorar a calidade de vida das persoas coa Síndrome de Down e discapacidade intelectual e das súas familias.

Esta entidade pon a disposición das comunidades educativas un Punto Virtual de Educación co fin de mellorar a coordinación e colaboración cos distintos axentes implicados no proceso educativo e así dar resposta ás necesidades do alumnado, favorecendo a súa inclusión nas aulas e nos centros.

PROPOSTA PARA UNHA EDUCACIÓN LIBRE DE ACOSO HOMOFÓBICO E TRANSFÓBICO.

O Instituto da Muller e para a Igualdade de Oportunidades acaba de publicar este documento co obxectivo de construír un instrumento de referencia na análise e proposta de recomendacións e estratexias para previr, detectar e intervir en casos de acoso escolar por homofobia e transfobia en España.

venres, 27 de novembro de 2015

CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Velaquí o vídeo do derradeiro día da escoita de cancións e a recollida de sinaturas.


XOSÉ NEIRA VILAS

O autor de Memorias dun neno labrego, morreu hoxe na súa casa de Gres, Vila de Cruces.

Eu son Balbino. Un rapaz de aldea. Coma quen dis, un ninguén. E ademais, pobre."

Este é o comezo do libro máis lido e traducido da lingua galega. Esta novela, que se publicou no ano 1961, chegou á edición número 35 e leva vendidos máis de 600.000 exemplares. 





TODO O CENTRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Este e o mural feito coas sinaturas de todas as personas do centro que quixeron manifestar o seu rexeitamento a este tipo de violencia.



Moitas grazas ao alumnado do PDC de 4º pola súa axuda. 

 


HAIKUS QUE DEIXAN PEGADA

O alumnado de 3º de ESO animouse a elaborar poemas contra a violencia de xénero e a realizar a pegada dos mesmos na parede onde xa estaban algúns dos que forman parte do Libro do Mal Amor.

En hora boa polas vosas achegas.

MÚSICA E SINATURAS NO PATIO DO CENTRO_1

Do día 25 ao 27 de novembro escoitamos cancións e asinamos nas máns para reflexionar sobre a violencia de xénero e amosar a nosa desaprobación.

xoves, 26 de novembro de 2015

domingo, 22 de novembro de 2015

TROCO DE LIBROS

Queremos continuar con esta actividade, posta en marcha o curso pasado, co fin de incentivar o intercambio de libros entre toda a comunidade do noso centro.


PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 2º de ESO e 1º de Bacharelato participou activamente nas actividades programadas.

Non podemos subir as fotos de todos os grupos debido a problemas técnicos.

Aquí tedes algunha do alumnado de 2º de ESO.  

 









Esperamos que aprenderades e disfrutarades moito. 

sábado, 21 de novembro de 2015

ALICIA NO PAÍS DAS MARABILLAS


En 1865 publícase por primeira vez a obra mestra de Lewis Carroll, Alice’s Adventures in Wonderland, que foi ilustrada por John Tenniel. Este clásico universal tivo gran influencia en diferentes campos (a literatura, a filosofía, a arte, a lingüística, a ciencia, etc.) e foi traducido a 174 idiomas.

En 1871 o seu autor escribiu a segunda parte: Through the Looking-Glass, and What Alice Found There (Do outro lado do espello e ou que Alicia atopou aló).


Ilustración de John Tenniel
Lewis Carroll

                     
                        Facsímile da obra,
                         cunha ilustración de
               Lewis Carroll

O libro en liña:


Audiolibros:


 



Outras ligazóns de interese:

venres, 20 de novembro de 2015

O PERIGO DE POÑERSE A FOTO DE PERFIL CO FILTRO DA BANDEIRA FRANCESA



Un interesante artigo para tratar a cuestión da utilización crítica e consciente das redes sociais, un contido ALFIN (alfabetización informacional).


DÍA UNIVERSAL DO NENO. (20 de novembro)

A Asemblea Xeral da ONU recomendou en 1954 que os países instituiran o Día Universal do Neno, para fomentar a fraternidade entre todos eles e promover o seu benestar. O 20 de novembro marca a data en que a Asemblea aprobou a Declaración dos Dereitos do Neno en 1959 e a Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989.


“O único que todos os nenos teñen en común son os seus dereitos. Todo neno ten dereito a sobrevivir e prosperar, a recibir unha educación, a non ser obxecto de violencia e abusos, a participar e a ser escoitado.”
Mensaxe do Secretario Xeral da ONU.



mércores, 18 de novembro de 2015

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

Esta curtametraxe realizada pola comunidade educativa do IES Díaz Castro de Guitiriz obtivo o primeiro premio da categoría de ensino non universitario na VI edición do OUFF Escola. Está baseada na vida do poeta Xosé María Díaz Castro, figura homenaxeada no Día das Letras Galegas 2014.


MÚSICA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO




Algunhas cancións máis:

domingo, 15 de novembro de 2015

ACTIVIDADES SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

ALUMNADO
ACTIVIDADE
Data
Hora
Lugar
Organizadores
2º de ESO
Prevención da violencia de xénero.
(Charla)
20 de novembro
E2C
9:35-10:25
aula de referencia de cada grupo
Biblioteca
Departamento de Filosofía
Departamento de Orientación
CIM do Concello de Vilalba
e2B
10:25-11:15
E2D
11:45-12:35
E2E
12:35-13:25
E2A
13:25-14:15
1º de BAC
Cineforum.
(Varias curtametraxes)
24 de novembro
11:45-13:25
Salón de actos
Biblioteca
Departamento de Filosofía
Departamento de Orientación
CIM do Concello de Vilalba



venres, 13 de novembro de 2015

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


CUESTIONARIO ON LINE SOBRE CONVIVENCIA ESCOLAR NAS AULAS


Está impulsado pola Consellería de Cultura e Educación e dirixido tanto ao alumnado como a docentes, familias e persoal non docente vinculado aos centros educativos, que dispoñen de prazo ata o 30 de novembro para cubrilo.

Accédese a el a través dunha aplicación informática e cunhas claves aleatorias que a dirección de cada centro entrega aos seus membros
Hai sete tipos de cuestionarios distintos en función do colectivo aos que vai dirixido, cunhas 20 preguntas sinxelas e directas por documento.
A Consellería fai un chamamento á participación, xa que canta máis información se dispoña, máis preciso será o diagnóstico e máis efectivas serán as medidas a implementar.

xoves, 12 de novembro de 2015

VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA

Aquí tedes algunhas fotos desta actividade, na que participaron todos os grupos de 1º de ESO.
1º ESO-A

 1º ESO-B  
             

1º ESO-C
  

1º ESO-D
    



O LIBRO DO MAL AMOR

É un proxecto levado a cabo polo IES Pintor Laxeiro. Grazas a el, podemos compartir convosco algunhas dos haikus de escritores que colaboraron con eles.











HAIKUS QUE DEIXAN PEGADA


A biblioteca e o ENDL organizan unha pegada de haikus contra a violencia de xénero na que todo o alumnado poderá facer achegas da súa autoría. 
Exporanse no edificio B (zona de paso) arredor do cartel que vedes debaixo dende o 16 ata o 27 de novembro.


mércores, 11 de novembro de 2015

O SAN MARTIÑO

Esta festividade (11 de novembro) é moi seguida en toda Galicia (segundo o Dicionario dous Nomes Galegos (1998: 370), 235 parroquias levan este nome) e está asociada ás antigas tradicións de matanza porcina de outono.
No concello de Vilalba hai catro parroquias nas que San Martiño é o seu patrón: Codesido, Distriz,Lanzós e Noche.

Lenda do Castro de San Martiño de Lanzós
“Din que apareceu un tesouro, aí ao Adro, no castro. Naide o recorda, pasou fai moitos anos. Apareceu un baúl cheo de xoias e lanzas. Por eso se chama Lanzós esta Parroquia. Deixárono os que vivían no castro cando se foron, porque non podían con todo o que tiñan para levar. Deixárono con intención de volver por el, pero non volveron máis e atopárono os que viñeron vivir despois. O cofre seique estaba cheíño de xoias de ouro e lanzas. O caso é que os que o atoparon puxéronlle Lanzós a esta parroquia que quere decir Terra de Lanzas. Vai tu saber si son contos todo. Tamén din que aí enriba no Coto do Ouro (Linde entre parroquias) hai un xugo de ouro enterrado, fai anos mandaban as cabras pacer ao monte, por mirar de atopalo. Bo!, se te pos a crer nesas cousas, esos son contos que se contan, pero non hai xugos, nin ouro, nin hai nada.”

(Informante: veciña de Lanzós, 81 anos, O Cotelo)
(Fonte: Galicia Encantada)


martes, 10 de novembro de 2015

SAGAS LITERARIAS XUVENÍS

Co nome de saga, coñécese no mundo literario contemporáneo, a un conxunto de relatos novelescos do mesmo autor, que teñen entre si certa relación de continuidade e forman unha unidade.
Estas son algunhas das que podedes atopar na biblioteca, tanto en formato papel como electrónico.