luns, 30 de abril de 2018
Doazón da familia de Agustín Fernández Paz
Agustín sempre con nós, na biblio, na memoria e no corazón! ❤Vitrina coa exposición de fondos, doazón da familia de Agustín Fernández Paz.
Recomendacións lectoras
'Izan o da saca' témola na biblio do Basanta e, por suposto, recomendamos a súa lectura á rapazada de BAC, e tamén a valentes de 4 da ESO que se atrevan! Unha fascinante novela para ler, por exemplo, no verán. Levádea en préstamo!
Mural realizado para o día do libro na cortiza da biblioteca
Para celebrar este 23 de Abril de 2018, Nerea e as súas axudantes agasallaron á biblioteca do Basanta Silva con este fermoso mural que elas mesmas pintaron ao longo da semana. Cousa bonita!
Día do Libro
Ao día do libro dedicamos este ano a semana enteira e toda a poesía do mundo! Con ela, fixemos chapas e marcapáxinas. Personalizamos tazas, camisetas, vasos, platos, estoxos, caixas de cristal, bolsas e todo o que se nos puxo diante... #todoépoesía no Basanta Silva! Para ver todas as fotos visita o facebook da biblioteca:https://www.facebook.com/iesbasantasilva.vilalba/media_set?set=a.2111925905706668.1073741873.100006678370753&type=3
sábado, 21 de abril de 2018
O Ratiño Pérez na biblio do Basanta
A Biblioteca "Agustín Fernández Paz" acordou facer socio de honra ao Ratiño Pérez, pola súa contribución á historia da literatura, tanto escrita como de tradición oral. Por tal motivo, hoxe, este pasado mércores, na biblioteca, festexamos este merecido recoñecemento.
Foi un día moi especial, no que veu visitarnos o Ratiño acompañado da famila e dos amigos. Un dos ratos da nosa biblioteca foi o encargado de recibilo e darlle a benvida, para logo proceder ao acto de entrega do carnet da biblioteca e doutros agasallos. Aquí deixamos a reportaxe fotográfica dunha xornada marabillosa.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)