Marabillosa merenda de crepes coa que, as alumnas e alumnos de 1ºde BAC de francés, despedimos este curso 2017/18. O francés, esa fermosa lingua que nos levou de novo ás escolas nas que aprendimos a ler, a escribir, a falar, a compartir...unha fermosa viaxe que agardamos repetir en anos vindeiros. Moitísimas grazas á Escola de Educación Infantil e ao CEIP A. Insua Bermúdez de Vilalba por facelo posible.
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas b>. Amosar todas as publicacións
domingo, 1 de xullo de 2018
Os do Club de lectura na Ría de Arousa
Un ano máis rematamos as actividades do club de lectura cunha saída; este ano tocou a Ría de Arousa e O Grove.
mércores, 6 de xuño de 2018
Xogando co francés
Clases de francés na EEI de Infantil e nos cursos de primaria do CEIP Insua Bermúdez, impartidas polo alumnado de 1º de BAC de francés do IES Basanta Silva.

sábado, 28 de xaneiro de 2017
ROTEIRO HISTÓRICO POR VILALBA
O pasado venres 27 de xaneiro realizamos unha visita polo casco histórico da vila. O director do Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba (MUPAV) explicounos diferentes elementos do noso patrimonio (edificios civís e relixiosos, cruceiros, rúas e prazas, escudos, etc), informounos doutros relacionados con eles (as revoltas irmandiñas, os petos de ánimas, as fontes e lavadoiros, os castros, as portas da muralla, os antigos oficios, etc.) e desmontou interpretacións erróneas afaianzadas pertinazmente.
Esta actividade, á que asistiu alumnado de 4º de ESO, foi organizada polo equipo da biblioteca e o ENDL para botar a andar o roteiro literario que imos facer.
venres, 30 de novembro de 2012
Recital do club de lectura na radio...
Celebrando o centeneario do nacemento de Celso Emilio Ferreiro, alumnos do club de lectura visitaron radio SER para ler algúns dos seus poemas e coñecer o funcionamento dunha emisora de radio.
Deixámosvos unha mostra do evento, a canción que se escoita titúlase Agardarei, popularizada polo cantautor Luís Emilio Batallán no mítico disco Aí vén o maio. Baseada nun poema de Celso Emilio titulado Teño o corazón senlleiro da súa obra Viaxe ao país dos ananos de 1968, obra na que o poeta criticaba, mediante a sátira, os círculos oficiais de emigrantes galegos de Venezuela, cos que discrepaba abertamente por estaren ideoloxicamente próximos ao franquismo.

Subscribirse a:
Comentarios (Atom)