Amosando publicacións coa etiqueta Encontros e obradoiros. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Encontros e obradoiros. Amosar todas as publicacións

domingo, 1 de xullo de 2018

Creps por cortesía das nosas compañeiras e compañeiros da EEI e do Insua Bermúdez de Vilalba

Marabillosa merenda de crepes coa que, as alumnas e alumnos de 1ºde BAC de francés, despedimos este curso 2017/18. O francés, esa fermosa lingua que nos levou de novo ás escolas nas que aprendimos a ler, a escribir, a falar, a compartir...unha fermosa viaxe que agardamos repetir en anos vindeiros. Moitísimas grazas á Escola de Educación Infantil e ao CEIP A. Insua Bermúdez de Vilalba por facelo posible.





venres, 12 de maio de 2017

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"

O alumnado de 2º de ESO acudiu onte a esta actividade organizada polo equipo biblioteca. Nela o enxeñeiro informático Alberto Carreiras tratou diversos aspectos relacionados co uso responsable de Internet.







domingo, 7 de maio de 2017

A INTERNET CON XEITO

O día 11 deste mes de 11:45 a 13:00 o alumnado de 2º de ESO acudirá a unha charla divulgativa sobre o uso responsable de Internet e as redes sociais impartida por un especialista do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

“A Internet representa un mundo de posibilidades para o lecer e a aprendizaxe pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. Pais, nais e profesores son esenciais para axudarche a emprender unha navegación responsable e útil, por iso tamén temos suxestións e consellos dirixidos aos maiores cos que te relacionas”. (Vía: Navega con Rumbo)

  • Accesos ás guías de navegación para ler en liña ou descargar:

Alumnado
Nais e pais
Profesorado



martes, 18 de abril de 2017

OBRADOIRO DE IMAXE CORPORAL E AUTOESTIMA

Hoxe tiveron lugar os últimos obradoiros impartidos por Xosé de Quérote+. Esta actividade foi organizada polo Equipo da Biblioteca e o Departamento de Orientación.

Coma sempre, quedaron encantados. Esperemos que poñan en práctica o aprendido.

 


 

  

 


venres, 17 de marzo de 2017

MOMENTOS DE POESÍA

Durante unhas horiñas estivo connosco Yolanda Castaño, que veu voando á nosa vila no seu prezado coche.

Ao fondo da paisaxe, a chuvia
esvaece as nubes cun borrón.
Esta folla de ruta milita na xograresca.

Xa teño gana de partir e o meu coche é un soldado.
Non vas oíndo chifrar o seu cargamento sensible?
As estradas comarcais parecen
cadernos pautados.
Gustaríame sucar os montes cun poema ao lombo
coma os viaxantes.
O meu coche é unha bala prateada con
ritmo en vez de pólvora, e eu dígolle: “Vamos!”.
Xuntos atravesamos vales, barrios de funcionarios,
as grandes explotacións eólicas
danme ganas de loitar contra os xigantes.
O meu coche mais eu entendémonos sen dicirnos nada.

Flores brancas do ibuprofeno,
o meu coche é un soldado
e eu dígolle “Vamos recitar poemas
a Monforte de Lemos!”,
e el
acompasa o seu motor ao meu rexistro,
repenica,
badalea
aínda que teña
metrofobia.

Cando tiña tan só quince anos gañou o accésit ao Premio Antonio García Hermida do XVIII Certame de Vilalba con 100 Versos Descoñecidos




Ademais de permitirlle mercar o tan ansiado pantalón de coiro, decatouse de que as súas composicións eran recoñecidas alén do seu colexio. 

 


A escritora e dimamizadora cultural fíxonos reflexionar sobre as figuras literarias (hipérboles, metáforas, etc.) e as distintas interpretacións da linguaxe poética.

Se falase de ti non prounciaría
as silabas supremas
pero bicas ben e gústame estar contigo.
O meu verde co teu azul.

Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.

Abstéñome de pronunciar esas sílabas sublimes
pero gústame cómo abrazas e o teu pelo fai xogo co meu vestido.
Os teus dedos patinan nas miñas medias.
O meu verde co teu azul.


O Vídeo da Egoísta, galardoado co 1º premio no apartado de videocreación do Festival Curtocircuito 2004 exemplificou a mestura de linguaxes creativas.






A POESÍA É UNHA LINGUA MINORIZADA

Comezaría polo espesor. A súa acidez, o seu ph.

Camiña igual ca unha muller:
entre o masacre do invisible
e o campo de concentración da visibilidade.

Ladra estilo e final,
unha épica hospitalaria.

No poema a linguaxe
faise ouvidos xordos a si mesma,
nel as palabras amplían
o seu círculo de amizades.

Hai que masturbar o abecedario
ata que balbuza cousas
aparentemente inconexas.

Caixa de cambios da fala,
acenos doutra orde.
O sorriso do mosquito dentro da pedra de ámbar.

Non se trata de que non comprendas árabe.
Non entendes
poesía.

Boa viaxe e estadía na Verde Erín!





Aproveitamos para animaros a que penetredes no mundo da poesía e participedes no III Concurso de Videopoemas, que convocaremos proximamente e cuxo fallo farase público o Día das Letras Galegas.



 

  

 

 

 

 

 

 

Ao rematar a actividade, realizou este caligrama-dedicatoria no libro Verdedades.




domingo, 12 de marzo de 2017

ENCONTRO CON YOLANDA CASTAÑO

O obradoiro consistirá nunha pequena combinación entre un breve achegamento ao xénero poético seguido dun recital comentado  con proxección de videopoesía para "rachar os seus prexuízos sobre a poesía, desmontar estereotipos e achegalos a este xénero poético que ha ter moito máis que ver con eles do que pensan".


DÍA
HORA
GRUPOS
16 de marzo
11:45-12:35
E1A e E1D
12:35-13:25
E1B e E1C


martes, 7 de febreiro de 2017

OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

Xosé Tomás estivo connosco o día 30 de xaneiro dirixindo este obradoiro que organizou a biblioteca para conmemorar o Día da Ilustración.

O alumnado asistente escoitou con atención as súas explicacións sobre a banda deseñada (as denominacións usadas en varios idiomas, a orixe, as características principais, os elementos fundamentais, etc.) e puxo en práctica o aprendido.



O ilustrador deixounos a presentación que utilizou:



e tivo a xentileza de adicarnos un dos seus libros, Nómades:




mércores, 6 de xaneiro de 2016

"SENSIBILIZACIÓN CONTRA A TRATA DE SERES HUMANOS"



O día 12 de decembro todos os grupos de 4º de ESO participaron nestes obradoiros. Por problemas técnicos, só podemos ver as fotos do alumnado do grupo de 4º C. 


 

  

martes, 15 de decembro de 2015

QUÉROTE+

Hoxe está con nosoutros un membro desta asocaición gobernamental realizando obradoiros co alumnado de 3º de ESO sobre o valor da diversidade.

En Vilalba, o Espazo Xove da asociación está na rúa Novo Cazón e o seu teléfono é 982 241 732.