Presentámosvos a curtametraxe Sobre a morte do Bieito, unha adaptación do relato homónimo de Rafael Dieste incluído na obra Dos arquivos do trasno. Esta actividade corresponde a unha das propostas de traballo voluntario para o terceiro trimestre feitas pola profesora de Lingua Galega ao alumnado de 1º de BAC. Dita proposta consistía na representación dun dos relatos desta obra de Dieste, que foi libro de lectura obrigatoria para eles.
David Basanta, Manuel Debasa, Lara Pena e Manuel Vidal elixiron este coñecido relato e realizaron este magnífico traballo. Todo o mérito para eles!
O alumnado do Nivel I do PMAR realizou
durante varias sesións lectivas un traballo de investigación relacionado coa
unidade didáctica dedicada ás Forzas e o Movemento (Ámbito
científico-matemático), usando as ferramentas informáticas da biblioteca.
Voltamos cos contos, esta vez noutro colexio de Primaria da vila. O alumnado que os dramatizou conseguiu atraer a atención do público ao que ía drixido. Escoitou con gran atención ambos relatos e contestou a todas as preguntas e propostas feitas.
La vaca que puso un huevo
A min non me comas!
Tanto o alumnado de Infantil e da ESO coma o profesorado gozou da actividade.
Ao final, ao igual que na visita ao outro colexio, fixemos unha foto de grupo.
O alumnado do 1º ciclo de ESO realizou estes traballos para participar no concurso sobre o autor. Podédelos ver na vitrina branca da biblioteca, que está no corredor do edificio A.
O Departamento de Educación Plástica e Visual tamén quixo celebrar o Día das Letras Galegas coa realización por parte do alumnado de creacións consistentes na aplicación de cor, baseada na técnica empregada por Andy Warhol, a unha fotografía do escritor.
Esta é a primeira mostra, que se irá renovando en semanas sucesivas:
Onte acudimos a este centro para realizar esta actividade organizada pola biblioteca en colaboración co profesorado de Oratoria de 2º de ESO e dirixida ao alumnado de Infantil.
Dramatizáronse dous contos:
La vaca que puso un huevo:
A min non me comas!
O alumnado de Infantil pasouno moi ben; fixeron moitas preguntas sobre os contos, comentáronnos que eran curtos e pedíronnos que volvesemos.
Ao final, despois do refrixeiro que nos ofreceron, o alumnado dun dos cursos pedíulle perdón ao monstro polas cousas "feas" que lle dixeran.
Para o alumnado de ESO a experiencia foi moi boa. Sen que llo pedise ninguén realizaron a autoavaliación: manifestaron o seu descontento polos erros cometidos e os aspectos que terían que mellorar.
Sentímonos orgullosas da súa actuación, da interacción co público e da camaradeiría e estamos seguras de que a próxima actuación, que terá lugar o día 29 deste mes no CEIP M. Mato Vizoso, será moito millor.
A actividade, programada pola biblioteca en colaboración co Departamento de Lingua Castelá e Literatura, terá lugar os días 15 e 29 de maio respectivamente, días nos que nos desplazaremos aos centros.
Trala proposta de títulos feita por cada colexio, o profesorado do noso centro seleccionou os seguintes:
Un equipo do IES Santiago Basanta Silva de Vilalba pasa á fase final do Parlamento Xove, despois de acadar o 4º posto na fase clasificatoria.
O Parlamento Xove é unha competición de debate entre o alumnado galego da ESO e de BAC, organizada pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado co obxectivo de fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.
Formaban este grupo de debate de 4º da ESO os alumnos e alumnas Uxía Gato Díaz, Manuel Francisco Lamela Gómez, Sergio López Ramudo e Ainé Shilpa Novo Yáñez, que amosaron a súa gran capacidade dialéctica e de argumentación; se ben hai un traballo anterior no que estiveron acompañados polos seus compañeiros/as Carla Villares, David de la Fuente, Paulo Domínguez, Pablo López, Francisco Airado, María López, Uxía Fernández, Miriam García, Marcos Sachín Novo e Alberte Roca, que exerceron de asesores documentalistas, e baixo a supervisión e asesoramento das profesoras Sabela Figueira e Araceli Paz. Todos eles, no seu tempo libre e durante dous meses estiveron preparando o fondo documental e o propio debate que se propoñía nesta ocasión: En España a idade legal para mercar alcol é 18 anos. Variar este límite influiría nos hábitos de consumo de alcol entre a xuventude?
Nesta fase clasificatoria, que se celebrou a pasada fin de semana en Culleredo, participaban 24 centros de ensino secundario de Galiza e o equipo do Basanta Silva gañou os 3 debates nos que se enfrontou aos equipos do CPI Cruz do Sar de Bergondo, o IES Plurilingüe Pedra da Águia de Camariñas e o IES Eduardo Pondal de Santiago de Compostela, acadando un 4º posto entre os 8 equipos que se enfrontarán na fase final, que se celebrará na sede do Parlamento de Galiza os días 21 e 22 de abril.
A
competición Parlamento Xove consiste
en que a Dirección Xeral de Xuventude formula un tema a debater que se comunica
con antelación. Na fase clasificatoria, os equipos debaten entre si o día
sinalado pola organización despois dun
sorteo do que resultan os emparellamentos dos equipos. Os dous equipos que se
enfrontan en cada encontro defenden posturas opostas: un equipo asume a postura
A FAVOR e o outro a postura EN CONTRA, que se decide por sorteo inmediatamente antes
do comezo do debate. (Araceli
Paz)
Durante unhas horiñas estivo connosco Yolanda Castaño, que veu voando á
nosa vila no seu prezado coche.
Ao fondo da paisaxe, a chuvia
esvaece as
nubes cun borrón.
Esta folla de
ruta milita na xograresca.
Xa teño gana de partir e o meu coche é un
soldado.
Non vas oíndo chifrar o seu cargamento
sensible?
As estradas comarcais parecen
cadernos pautados.
Gustaríame sucar os montes cun poema ao
lombo
coma os viaxantes.
O meu coche é
unha bala prateada con
ritmo en vez
de pólvora, e eu dígolle: “Vamos!”.
Xuntos
atravesamos vales, barrios de funcionarios,
as grandes
explotacións eólicas
danme ganas
de loitar contra os xigantes.
O meu coche mais eu entendémonos sen dicirnos
nada.
Flores
brancas do ibuprofeno,
o meu coche é un soldado
e eu dígolle “Vamos recitar poemas
a Monforte de Lemos!”,
e el
acompasa o seu motor ao meu rexistro,
repenica,
badalea
aínda que
teña
metrofobia.
Cando tiña tan só
quince anos gañou o accésit ao Premio Antonio García Hermida do XVIII Certame de Vilalba con 100
Versos Descoñecidos.
Ademais de permitirlle
mercar o tan ansiado pantalón de coiro, decatouse de que as súas composicións
eran recoñecidas alén do seu colexio.
A escritora e dimamizadora cultural fíxonos reflexionar sobre as figuras literarias (hipérboles, metáforas, etc.) e as distintas interpretacións da linguaxe poética.
Se falase de ti non
prounciaría
as silabas supremas
pero bicas ben e gústame
estar contigo.
O meu verde co teu azul.
Delirio de ramas.
O meu verde co teu azul.
Abstéñome de pronunciar
esas sílabas sublimes
pero gústame cómo abrazas
e o teu pelo fai xogo co meu vestido.
Os teus dedos patinan nas
miñas medias.
O meu verde co teu azul.
O Vídeo da Egoísta, galardoado co 1º premio no apartado de videocreación do Festival Curtocircuito 2004 exemplificou a mestura de linguaxes creativas.
A
POESÍA É UNHA LINGUA MINORIZADA
Comezaría polo espesor. A súa acidez, o seu
ph.
Camiña igual ca unha muller:
entre o masacre do invisible
e o campo de concentración da visibilidade.
Ladra estilo e final,
unha épica hospitalaria.
No poema a linguaxe
faise ouvidos xordos a si mesma,
nel as palabras amplían
o seu círculo de amizades.
Hai
que masturbar o abecedario
ata que balbuza cousas
aparentemente inconexas.
Caixa
de cambios da fala,
acenos doutra orde.
O sorriso do mosquito dentro da pedra de
ámbar.
Non se trata de que non comprendas árabe.
Non entendes
poesía.
Boa viaxe e estadía na Verde Erín!
Aproveitamos para animaros a que penetredes no mundo da poesía e participedes no III Concurso de Videopoemas, que convocaremos proximamente e cuxo fallo farase público o Día das Letras Galegas.
Ao rematar a actividade, realizou este caligrama-dedicatoria no libro Verdedades.