luns, 14 de maio de 2018

Incluíndo a diversidade !

Enlace ás recomendacións lectoras 2018 da  nosa Biblioteca Agustín Fernández Paz. Se pinchas no enlace atoparás, nun folleto informativo, as novedades recén chegadas dos Audiolibros que podes levar en préstamo. Pásate pola Biblio!

https://issuu.com/bibliotecasantiagobasantasilva/docs/folleto


luns, 7 de maio de 2018

Novidades


Wonder. La lección de August. 

Peli e libro xa na vosa Biblioteca! 

Vide por eles! 






Marcapáxinas con Voltaire


"Le principal fléau de l'humanité n'est pas l' ignorance, mais le refus de savoir."

"A principal praga da humanidade non é a ignorancia, senón o rechazo de saber"






Roteiro literario: "A fábrica de poetas"

O pasado xoves alumnado de primeiro da ESO visitou Guitiriz para realizar o roteiro "A fábrica de poetas" que organiza o Ies Poeta Díaz Castro.







Coiro e calzado en Bangladesh. O costo real da súa produción

As imaxes e testemuños desta exposición son froito do traballo do fotógrafo GMB Akash en Hazaribagh, Bangladesh.

A exposición céntrase nas condicións de traballo e de vida dos traballadores e as traballadoras deste distrito, onde se procesa en coiro e se produce o calzado.

A exposión é un traballo de Amarante Setem, unha organización galega que traballa na construción dunha sociedade baseada en relacións xustas a través da educación, a economía social, consumo responsable e comercio xusto.

"Coiro e calzado en Bangladesh. O costo real da súa produción", xa chegou ao instituto. Atoparédela no corredor do edificio A. Vide vela!