luns, 1 de outubro de 2018

Parabéns, Ariana!!!


Ariana Núñez , alumna de 1º de BAC do IES Basanta Silva resultou gañadora, na categoría de 2º ciclo de Secundaria, do IV Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira de Reigosa, A Pastoriza, que establecía como tema “Sempre en Galiza”. 

No acto de entrega de premios, que tivo lugar o 16 de agosto en Reigosa, a nosa compañeira recibiu un diploma, uha tablet e un lote de libros. Pero non só iso, ao ser o seu o traballo máis votado, o noso instituto recibiu tamén un lote de libros e unha fermosa escultura en madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado, obra do artista lucense Luís Loureira, titulada Peiteando o porvir, que poderemos admirar en breves, cando rematen as obras de mellora da biblioteca.

Nestas fotos da Asociación de Amigos de Reigosa podemos vela no acto de entrega, xunto con outros premiados e a súa profesora Carme Cabaneiro.




Grazas aos organizadores e, por suposto, a Ariana, a quen animamos a seguir escribindo. Como dicía Castelao no seu Sempre en Galiza

Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma

Deixamos aquí o seu excelente traballo, titulado ” Serendipia”.