Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ciencia b>. Amosar todas as publicacións
venres, 27 de outubro de 2017
OPERACIÓN MONARCA
"Un dos fenómenos mais abraiantes dos que nos ofrece a natureza galega, é
unha visitante de alén do atlántico: a bolboreta Monarca, que voa miles de
quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e visítanos cada outono cun sixilo
que non fai honra a semellante fazaña da Natureza."
No Basanta Silva agardamos impacientes a súa visita. Acontecerá alá polo mes de xaneiro deste novo ano que entra e, para facer máis doada tan longa espera, ideamos a nosa gran bolboreta monarca. Construirémola entre todos para recibir a exposición que nos chegará do CEIDA sobre esta marabilla da natureza. Xuntas e xuntos faremos moitas bolboretas de papel, que conformarán as ás desa grande bolboreta monarca, que xa todas e todos temos na imaxinación.
A continuación deixámosvos un video e unha imaxe onde se mostran os pasos a seguir:
Non é dificil! Moito Ánimo!
xoves, 6 de abril de 2017
CONCURSO: "ENTENDENDO AS NUBES"
O 23 de marzo de 2017 celébrase o Día Meteorolóxico Mundial. Coa finalidade de participar na celebración desta efeméride e poñer de manifesto a importancia das nubes e de como o noso clima está cambiando a medida que acumulan na atmosfera máis gases de efecto invernadoiro, convócase o concurso de fotografía Entendendo as nubes.
Participantes e categorías
Poderán participar nesta convocatoria todos os centros de educación infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os centros poderán participar nas seguintes categorías:
Primeira categoría, para as etapas de educación infantil e primaria.
Segunda categoría, para as etapas de educación secundaria, bacharelato e formación profesional.
Forma e prazo de presentación
Para participar nesta convocatoria cada centro educativo poderá enviar ata un máximo de tres fotografías á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do enderezo electrónico administracion.meteogalicia@xunta.gal .
O prazo para a remisión de fotografías será de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Valoración dos traballos
O xurado seleccionará as tres mellores fotografías en cada categoría, para o que valorará a orixinalidade, excepcionalidade e valor artístico destas, que serán obras orixinais e inéditas e non estarán retocadas por ningún programa informático.
Premios
Cada unha das tres fotografías seleccionada en cada categoría será recoñecida cun diploma acreditativo do resultado do concurso.
Os/as autores/as da primeira fotografía seleccionada en cada categoría recibirán como premio unha cámara de fotos.
Os/as autores/as das fotografías seleccionadas en segundo e terceiro lugar, en cada categoría, recibirán como premio uns prismáticos.
(Vía: CCEOU)
sábado, 18 de marzo de 2017
venres, 10 de marzo de 2017
MULLERES Á SOMBRA DE HOMES FAMOSOS
Ao longo da historia as mulleres foron pioneiras en diversos campos. Foron invisibles, vagamente recoñecidas ou coñecidas só por ser esposas, irmás, fillas, colaboradoras de ... homes famosos.
Esa pouca ou nula visibilidade debíase a que a muller ocupaba un lugar secundario; “se las excluía del ejercicio de poder y la toma de decisiones", según dice Henar Gallego, de la Asociación de Investigación de Historia de las Mujeres.
“Que no estemos representadas en los parlamentos o en los puestos de responsabilidad de las empresas, que siga existiendo la violencia de género o que la mujer siga encargándose de los cuidados no responde a un problema de naturaleza: es que venimos de una historia de opresión y sometimiento, que hay que recuperar y conocer" (Ana de Miguel)
- A igualdade entre mulleres e homes: O vaso medio baleiro?, de Paloma Uría na revista Andaina (páxs. 22-25).
- Análise da percepción da igualdade de xénero entre a poboación adolescente.
- As mulleres teñen cen mans, de J.A. Pinto Antón,
- Galicia lidera a involución na igualdade de xénero ,de Manuel Rey.
- La historia de las mujeres, todavía una asignatura pendiente, de Montserrat Boix.
- Mujeres invisibles, de Lola Huete Machado.
- Nadie hablará de nosotras, de Gemma Lienas.
- Visibilizando a las mujeres, de Fundación Mujeres.
martes, 14 de febreiro de 2017
ÁNGEL CARRACEDO: LECCIÓN DE CIENCIA
O investigador Ángel Carracedo, xenetista de prestixio mundial, reflexiona sobre os retos de comunicar ciencia.
Comunicar a ciencia é básico para que a cidadanía estea informada e sexa libre. Así o pensa o xenetista Anxo Carracedo. Habitual en revistas como Nature ou Science, é unha autoridade mundial en Medicina forense. E, tamén, un gran divulgador. Que, nunha charla organizada por GCiencia para os alumnos de xornalismo da USC, dános as claves para que o traballo dos investigadores chegue á sociedade. (Vía: GCiencia)
venres, 10 de febreiro de 2017
A TABLA PERIÓDICA DA ORTOGRAFÍA DO CASTELÁN
Juan Romeu
Fernández, lingüista e colaborador da RAE, é o creador desta orixinal táboa.
O seu autor
dixo: “La idea surgió de pura casualidad.
Un día iba en el autobús volviendo de trabajar y me saltó una foto en Facebook
en la que salía un amigo mío posando con una tabla periódica detrás… De pronto
lo vi claro: ¿y si hacemos una tabla periódica con normas de ortografía?”
Debaixo de
cada símbolo químico hai unha norma de escritura, pronuncia, etc. relacionada
con el:
Foi publicada en Sin Faltas no ano
2016 e a páxina estivo inaccesible debido ao gran número de visitas.
Compartiuse 3.500 veces nun fin de semana, converténdose nun fenómeno viral.
- Tests sobre ortografía (acentuación, palabras homónimas, puntuación, palabras dudosas,etc.)
- Test: ¿cuál de estas palabras está bien escrita?
- Acción Ortográfica: los curiosos correctores de grafitis
- Los 9 errores de ortografía más habituales en las redes sociales
mércores, 8 de febreiro de 2017
O PAPAGAIO
Xa temos na biblioteca este "xornal para a xente miúda" do Estudio Carreiro, que contén diferentes seccións: Actualidade, Ecoloxía, Entrevista, Arte, Historia, Natureza, Como funcionan as cousas, Ensino, etc. A súa periodicidade é mensual.
En outubro de 2016 publicouse o pimeiro número, que podedes ler premendo sobre a súa portada:
domingo, 5 de febreiro de 2017
USOS DOS ELEMENTOS QUÍMICOS
Ao pasar o cursor sobre calquera dos elementos, veremos unha explicación da súa clasificación e exemplos de como se utiliza na vida cotiá.
Apetéceche explorar o marabilloso mundo dos elementos químicos?
- Ligazón de descarga da táboa en fornato PDF
- La Tabla Periódica de los Elementos; guerras,nazis, molibdeno y wolframio en El Reflejo en la Ventana
xoves, 12 de xaneiro de 2017
A TÁBOA PERIÓDICA
Dmitri Ivánovich Mendeléiev, (1834- 1907), elaborou a primeira no ano 1869 cos 63 elementos descubertos ata entón e deixou celas baleiras para situar nelas os non coñecidos nese momento.
Os elementos con propiedades similares están colocados en columnas verticais e as súas masas atómicas nas liñas horizontais.
Dous anos máis tarde, publicou a segunda, que estaba formada por oito columnas repartidas en dous grupos cada unha.
Na tabla periódica actual, moi parecida á de Mendeléiev, os elementos están ordenados segundo o seu número atómico (cantidade de protóns) e están incorporados os descubertos co paso do tempo.
venres, 30 de decembro de 2016
CIENCIA EN GALEGO
"Para divulgar hai que falar na lingua da contorna e a nosa lingua é o galego" (Anxo Carracedo)
xoves, 29 de decembro de 2016
"LOS PECES EN EL RÍO"
Quen non coñece esta panxoliña?
Cientificamente, os peixes de río moven a boca para respirar, non para beber.
- Pero mira como osmorregulan los peces en el río
- Los peces de mar sí beben
- ¿Beben los delfines?
- ¿Beben agua de mar las serpientes marinas?
- Las focas sí beben agua de mar
xoves, 17 de novembro de 2016
CIENCIA NUN CORREDOR DO CENTRO
- El aparato de rayos X portátil de Mónico Sánchez cumple 100 años.
- Vídeo do funcionamento do aparello.
- El Laboratorio Eléctrico de Mónico Sánchez.
- Exposición Off/On (MUNCYT).
- Historias de cerebros fugados. De la Mancha al Madison.
- Röntgen descubre los misteriosos rayos X.
- Los “rayos incógnita” y la primera radiografía humana.
mércores, 16 de novembro de 2016
martes, 15 de novembro de 2016
EXPERIMENTOS DE FÍSICA E QUÍMICA
Neste caderno atoparedes como realizar varios experimentos e a súa explicación científica.
Tentade facelos nas vosas casas!
luns, 14 de novembro de 2016
CIENCIA NOS RECREOS
O venres pasado foi o derradeiro día do obradoiro de experimentos guiado polas profesoras do Departamento de Física e Química. De agora en adiante seredes tan só vós, o alumnado, quen siga experimentando e ensinando aos demais.
sábado, 12 de novembro de 2016
CIENCIA NA BIBLIOTECA
Que experimentos podemos facer con estes materiais?
Gran parte do alumnado do centro, que acudiu á biblioteca nos recreos, xa o sabe. E ti?
CERNA: REVISTA GALEGA DE ECOLOXÍA E MEDIO AMBIENTE
Editada por ADEGA
cunha periodicidade trimestral é a revista ecoloxista galega con maior difusión.
Pódese ler en liña ou descargar en PDF.
Velaquí o último número:
domingo, 6 de novembro de 2016
DÍA MUNDIAL DA CIENCIA E DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
Dende o ano 2001, o día 10 de novembro é o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento.
O ano 2016 foi declarado Ano Internacional dos Legumes co obxectivo de sensibilizar á opinión pública sobre as súas vantaxes nutricionais como parte dunha produción de alimentos sustentable encamiñada a lograr a seguridade alimentaria e a nutrición.
En consonancia con isto, o VII Día da Ciencia en Galego (4 de novembro) estivo dedicado á Bioloxía e dedicouse á Gregor Mendel, que traballou con legumes, con chícharos para deducir as súas tres leis da herdanza. Nesta edición homenaxeouse a Cruz Gallástegui Unamuno, fundador da Misión Biolóxica de Galicia, polo seu labor de investigación no campo da xenética vexetal.
sábado, 5 de novembro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)






















