Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de marzo de 2017

PREMIOS DE TEATRO MARÍA CASARES 2017


Onte celebrouse a gala de entrega destes galadóns, na que Eduardo Alonso recibiu o Premio de Honra Marisa Soto e Imma António leu o Manifesto Galego do Dia Mundial do Teatro:



Os resultados por categorías son:
1. Maquillaxe: Trini F. Silva por Voaxa e carmín, de ButacaZero e Eme2.
2. Vestiario: Mari Seoane por Voaxa e carmín, de ButacaZero e Eme2.
3. Escenografía: Dani Trillo por Foucellas, de Talía Teatro.
4. Iluminación: Afonso Castro por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
5. Música orixinal: Terbutalina por Eroski Paraíso, de Chévere
6. Adaptación / Tradución: Cándido Pazó, Santi Romay e Alberto Rodríguez por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
7. Texto orixinal: Santiago Cortegoso por Raclette, de Ibuprofeno Teatro.
8. Actor secundario: Evaristo Calvo por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
9. Actriz secundaria: Maria Roja por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
10. Actor protagonista: Santi Romay por O tolleito de Inishmaan, de Contraproducións e FIOT Carballo.
11. Actriz proyagonista: Patricia de Lorenzo por Eroski paraíso, de Chévere.
12. Drección: Xesús Ron por Eroski paraíso, de Chévere.
13. Espectáculo infantil: Danda da Choiva, de Elefante Elegante.
14. Espectáculo: Eroski paraíso, de Chévere.



mércores, 29 de marzo de 2017

SOBRE O TEATRO

Historia del teatro, de Miguel Ángel Gómez Ferrero e César Vallejo de Castro:





26 programas audiovisuais pedagóxicos sobre as artes escénicas divididos en bloques temáticos:










luns, 27 de marzo de 2017

DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Esta conmemoración foi instaurada en 1961 polo Instituto Internacional de Teatro (ITI), a ONG máis famosa das artes escénicas, para promocionar estas artes como embaixadoras da cultura, a identidade e a sociedade de todos os países do mundo. A data do 27 de marzo elixiuse porque ese día do ano 1962 tivo lugar a apertura da tempada do Théâtre des Nations en París. 




Os obxectivos desta celebración son:
  • Promover o teatro en todas as súas formas a través do mundo.
  • Concienciar ás persoas do valor de teatro en todas as súas formas.
  • Posibiblitar que as comunidades teatrais promocionen o seu traballo a gran escala para que os gobernos e os líderes sexan conscientes do valor e importancia da danza en todas as súas formas e a apoien.
  • Gozar do teatro en todas as súas formas.
  • Compartir o desfrute do teatro cos demais.

“We gather to weep and to remember; to laugh and to contemplate; to learn and to affirm and to imagine” (Brett Bailey, Stage Director from South Africa, World Theatre Day Message Author 2014)


No acto principal, unha personalidade de recoñecido prestixio comparte na Mensaxe do Día Mundial do Teatro as súas reflexións sobre o teatro e a paz. O primeiro deles foi escrito por Jean Cocteau. Desde o ano 2005, cada personalidade estivo presente no mesmo e desde 2009 inclúense representacións realizadas por ela ou relacionadas coa súa mensaxe.

Este ano celebrarase na sala de UNESCO en París e a autora da mensaxe, que podedes ler tamén en inglés, francés, árabe, italiano, grego, etc., será Isabelle Huppert, actriz cinematográfica e teatral francesa.

domingo, 19 de febreiro de 2017

SERVIZO GRATUÍTO DE PRÉSTAMO EN LIÑA DE GRAVACIÓNS TEATRAIS

O Centro de Documentación Teatral (CDT) do INAEM pon en marcha, coa denominación de TEATROTECA ESO/BACH, un servizo gratuíto de préstamo en liña de gravacións teatrais, para o seu uso na aula polos docentes dos departamentos de Lingua e Literatura dos centros educativos regrados nos niveis de ESO e Bacharelato.

A selección de títulos, que se irá ampliando, realizouse atendendo á súa relevancia e correspondencia cos textos dramáticos que se integran con facilidade no currículo da materia de Lingua e Literatura. La Celestina; Entremeses de Miguel de Cervantes; El Alcalde de Zalamea; Sainetes de Ramón de la Cruz; Don Juan Tenorio; Luces de bohemia; La casa de Bernarda Alba; Historia de una escalera; La taberna fantástica; Las bicicletas son para el verano; ¡Ay, Carmela! Y El chico de la última fila son a primeira selección das gravacións, realizadas en directo e sobre as táboas, que elixiu o CDT e ás que poderá acceder o responsable do Departamento tras rexistrarse o usuario da TEATROTECA ESO/BACH e recibir as claves de acceso. (Vía: CCEOU)

Máis información:


sábado, 28 de xaneiro de 2017

UN ANO CULTURAL NA BALANZA

Catro expertos diagnostican o 2016 na cultura galega

Para mirar atrás hai que ter un pouco de perspectiva. Por iso e porque queriamos contar coas súas voces para esta análise, hoxe publicamos un balance do 2016 nos diferentes sectores culturais. Ás portas dun proceso de elaboración dunha estratexia para a cultura galega por parte da Xunta, da que aínda non se coñecen detalles de execución, non é mal momento para avaliar o devir inmediato da nosa cultura. Carlos Ares, presidente da Academia Galega do Audiovisual, a crítica literaria Chus Nogueira, Daniel Lavesedo de GZ Música e a dramaturga Vanessa Sotelo reflexionan sobre o 2016 nas súas respectivas disciplinas.

AUDIOVISUAL
Carlos Ares
Presidente da Academia Galega do Audiovisual.


"Hai unha falsidade que se repite unha e outra vez: “en tempos de crise xs creadores, as artistas “agudizan” o inxenio, espremen a súa calidade e xorden representacións artísticas mellores” Isto non é historicamente certo. Mellores condicións económicas supuxeron o nacemento do Partenón, as obras de Shakespeare, o Renacemento italiano ou a Catedral de Compostela, entre outras. O mesmo sucede co cine, co audiovisual.

O audiovisual galego non é alleo a crise económica que vivimos, que estamos soportando, sobre todo ás persoas menos favorecidas. Pero a pesar desta crise as nosas obras son recoñecidas tanto por todo o mundo, nos festivais máis esixentes, como polo noso propio público". (Vía: culturagalega.org)