venres, 24 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA

Hoxe, no 180º aniversario do nacemento de Rosalía e no curso no que o lema das bibliotecas escolares é: Biblioteca Escolar. Territorio das Artes, propoñévosmos que escoitedes varios poemas seus orquestados.

  • Nasín cando as prantas nasenpor Andrés Gaos (música), Juan Durán (orquestación), Cristina Gallardo-Domâs (soprano) e Orquestra Gaos.




  • Cantart'ei, Galicia, Por que?, Adiós ríos, adiós fontes e Vamos bebendo, por Nuria Real (soprano) e Real Filharmonía de Galicia.

  • Doce sono e Negra sombra, por Juan Montes (música), Marta Sancho (arreglos, voz e clarinete) e Jorge Abreu (piano).





xoves, 23 de febreiro de 2017

QUE É POESÍA?

Xa se escribiron varias contestacións en diferentes linguas, mais aínda hai moito espazo baleiro.

Seguide escribindo as respostas!




mércores, 22 de febreiro de 2017

"DON JUAN TENORIO"



A figura de Don Juan, o transgresor de todas as ordes e estamentos, creada por Tirso de Molina en El burlador de Sevilla y convidado de piedra (1630), fue transformada por José Zorilla en Don Juan Tenorio. Drama religioso-fantástico en dos partes (1844), a obra máis representada do teatro español.



Este personaxe tivo gran influencia tanto na literatura universal: Dom Juan de Molière (1665), Don Juan de Lord Byron (1821), como na música: a ópera Don Giovanni de Mozart (1787) ou o poema sinfónico Don Juan, de Strauss (1888).



martes, 21 de febreiro de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O Día Internacional da Lingua Materna, foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase desde febreiro de 2000 para promover o multilingüismo e a diversidade cultural.
  
Los idiomas, con su compleja imbricación con la identidad, la comunicación, la integración social, la educación y el desarrollo, son factores de importancia estratégica para las personas y para todo el planeta. Sin embargo, a causa de los procesos de mundialización, pesa sobre las lenguas una amenaza cada vez mayor o, en algunos casos, algunas están desapareciendo completamente. Con la extinción de los idiomas mengua también la rica urdimbre de la diversidad cultural. Se pierden posibilidades, tradiciones, recuerdos, modalidades únicas de pensamiento y expresión, recursos valiosos necesarios para lograr un futuro mejor. (...) Para fomentar el desarrollo sostenible, los educandos deben tener acceso a la educación en su lengua materna y en otros idiomas. Es a través del dominio de la primera lengua o lengua materna que se adquieren las habilidades básicas de lectura, escritura y aritmética. Las lenguas locales, especialmente las minoritarias e indígenas, transmiten culturas, valores y conocimientos tradicionales, desempeñando así un papel importante en la promoción de los futuros sostenibles. (Vía: UNESCO)



"Con motivo de este Día, hago un llamamiento para que el potencial de la educación plurilingüe se reconozca en el mundo entero, en los sistemas educativos y administrativos, en las expresiones culturales y en los medios de comunicación, en el ciberespacio y en los intercambios comerciales"
Extraído do mensaxe de Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO.





BICENTENARIO DO NACEMENTO DE JOSÉ ZORRILLA

José Zorrilla, unha das máximas figuras do Romanticismo español, naceu en Valladolid o 21 de febreiro de 2017. 


A súa extensa obra literaria abarca a lírica (Poesías, Margarita la tornera, A buen juez mejor testigo, …), a narrativa (La flor de los recuerdosRecuerdos del tiempo viejo, ...) e o teatro (El zapatero y el rey, El puñal del godo, Don Juan Tenorio, Vivir loco y morir más,…)


A súa cidade natal celebrará esta efeméride desde o 200º aniversario do seu nacemento ata o 125º aniversario do seu falecemento (23 de xaneiro de 2018).




domingo, 19 de febreiro de 2017

SERVIZO GRATUÍTO DE PRÉSTAMO EN LIÑA DE GRAVACIÓNS TEATRAIS

O Centro de Documentación Teatral (CDT) do INAEM pon en marcha, coa denominación de TEATROTECA ESO/BACH, un servizo gratuíto de préstamo en liña de gravacións teatrais, para o seu uso na aula polos docentes dos departamentos de Lingua e Literatura dos centros educativos regrados nos niveis de ESO e Bacharelato.

A selección de títulos, que se irá ampliando, realizouse atendendo á súa relevancia e correspondencia cos textos dramáticos que se integran con facilidade no currículo da materia de Lingua e Literatura. La CelestinaEntremeses de Miguel de Cervantes; El Alcalde de Zalamea; Sainetes de Ramón de la Cruz; Don Juan Tenorio; Luces de bohemia; La casa de Bernarda Alba; Historia de una escalera; La taberna fantástica; Las bicicletas son para el verano; ¡Ay, Carmela! Y El chico de la última fila son a primeira selección das gravacións, realizadas en directo e sobre as táboas, que elixiu o CDT e ás que poderá acceder o responsable do Departamento tras rexistrarse o usuario da TEATROTECA ESO/BACH e recibir as claves de acceso. (Vía: CCEOU)

Máis información:


sábado, 18 de febreiro de 2017

DÍA INTERNACIONAL DA SÍNDROME DE ASPERGER


Esta conmemoración celébrase desde o ano 2007 coincidindo co aniversario do nacemento de Hans Asperger, psiquiatra austriaco que descubriu a citada síndrome.



"Con motivo de la celebración el 18 de febrero del Día Internacional del Síndrome de Asperger, la Confederación Autismo España reclama un mayor compromiso social para eliminar las barreras actuales con las que se encuentran las personas con Síndrome de Asperger en el acceso y disfrute a los bienes, productos, entornos y servicios". 
"El Síndrome de Asperger (SA) forma parte de los Trastornos del Espectro del Autismo (TEA). Es un trastorno del neurodesarrollo por el cual el cerebro de la persona con SA funciona de manera diferente a la habitual, especialmente en la comunicación e interacción social y en la adaptación flexible a las demandas del día adía. Comparte las características nucleares del autismo: la persona con SA tiene dificultades en la comunicación social y en la flexibilidad de pensamiento y comportamiento; sin embargo, tiene un lenguaje fluido y una capacidad intelectual media e incluso superior a la media de la población". (Vía: autismo.org)


venres, 17 de febreiro de 2017

MÁGOA DE #RosaliaTe


Suspendeuse a actividade programada debido á mínima concorrencia de participantes.

Moitas grazas ao alumnado que se achegou ao pavillón para levala a cabo.

xoves, 16 de febreiro de 2017

"EL ROSTRO DE LAS LETRAS"

“El recorrido de la exposición en la Sala Alcalá 31 de Madrid a través de más de 200 fotografías, objetos y documentos, pretende reflejar la evolución del retrato fotográfico español desde los días del daguerrotipo hasta el final de la Guerra Civil y el inicio de la Dictadura franquista. Los protagonistas de las obras son personajes del mundo literario español, lo que la convierte en un retablo sorprendente de la época”. (Vía: Acción Cultural Española)

Premendo na seguinte imaxe, accederedes á visita virtual:



Tamén podedes ler o libro realizado a partir da exposición:



martes, 14 de febreiro de 2017

ÁNGEL CARRACEDO: LECCIÓN DE CIENCIA

O investigador Ángel Carracedo, xenetista de prestixio mundial, reflexiona sobre os retos de comunicar ciencia.

Comunicar a ciencia é básico para que a cidadanía estea informada e sexa libre. Así o pensa o xenetista Anxo Carracedo. Habitual en revistas como Nature ou Science, é unha autoridade mundial en Medicina forense. E, tamén, un gran divulgador. Que, nunha charla organizada por GCiencia para os alumnos de xornalismo da USC, dános as claves para que o traballo dos investigadores chegue á sociedade. (Vía: GCiencia)



DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Para commemorar este día (21 de marzo), propoñevos outro desafío, co que tamén celebraremos o Día Internacional da Lingua Materna (21 de febreiro).

Seremos quen de encher a pizarra branca da biblioteca con definicións propias ou doutra autoría?




domingo, 12 de febreiro de 2017

EXPOSICIÓN DE FONDOS DE XOSÉ TOMÁS E BANDA DESEÑADA

Se non pasaches pola biblioteca para vela, aínda estás a tempo poque ímola retirar a principios de marzo.


 

 


AEROPORTO ROSALÍA DE CASTRO


Nela argumentase que “cando pensamos nunha imaxe icónica de Galicia aparécesenos unha persoa que brilla con luz propia, unha figura fundamental da literatura europea, a escritora máis representativa da lingua galega, unha muller que naceu en Compostela: Rosalía de Castro, de quen este ano conmemoramos o que sería o 180 aniversario do seu nacemento”.

Pídese ao Ministerio de Fomento e a Aeropuertos Españoles y Navegación Aérea (AENA) que “aproben e dean efecto ao cambio de denominación” e demandan ás “institucións e entidades culturais, empresariais, sociais,etc. da nosa cidade e do resto do País o apoio” á declaración.

O Concello de Santiago contou con diferentes apoios (Fundación Rosalía de Castro, Real Academia Galega, Consello da Cultura Galega, Parlamento de Galicia, etc.) e o Ministerio de Fomento deu o visto e prace á iniciativa o 1 de febreiro.

venres, 10 de febreiro de 2017

"CRIATURAS"

Esta publicación dixital sobre a Literatura Infantil e Xuvenil de Galicia, coordinada pola escritora Ledicia Costas e polo poeta e deseñador Daniel Landesa. O número cero presentouse o día 6 de decembro de 2014 dentro das actividades do Culturgal

Landesa afirmou nunha entrevista concedida a Marcos Pérez Pena en Praza“Criaturas responde a un baleiro que nós notabamos. (…) Non atopabamos ningunha publicación que se dedicase en exclusiva ao ámbito da literatura infantil e xuvenil. Escollemos o formato web para Criaturas e polo de agora esa vai ser a canle na que debemos crecer (...) Non é unha revista infantil. Contámolo porque xa houbo quen nos preguntou. Mais tampouco é unha revista académica. Trátase dunha publicación de divulgación. Cremos que pode ser unha ferramenta de moita utilidade para persoas que traballan con actividades de promoción da lectura, profesorado, persoal de bibliotecas, nais e pais interesadas en achegarlles novas lecturas ás pequenas e aos pequenos".

Números da revista publicados ata agora, aos que podedes acceder dende as súas portadas:


                                      



A TABLA PERIÓDICA DA ORTOGRAFÍA DO CASTELÁN

Juan Romeu Fernández, lingüista e colaborador da RAE, é o creador desta orixinal táboa.

O seu autor dixo: La idea surgió de pura casualidad. Un día iba en el autobús volviendo de trabajar y me saltó una foto en Facebook en la que salía un amigo mío posando con una tabla periódica detrás… De pronto lo vi claro: ¿y si hacemos una tabla periódica con normas de ortografía?

Debaixo de cada símbolo químico hai unha norma de escritura, pronuncia, etc. relacionada con el:
      

  


Foi publicada en Sin Faltas no ano 2016 e a páxina estivo inaccesible debido ao gran número de visitas. Compartiuse 3.500 veces nun fin de semana, converténdose nun fenómeno viral.
 



mércores, 8 de febreiro de 2017

O PAPAGAIO

Xa temos na biblioteca este "xornal para a xente miúda" do Estudio Carreiro, que contén diferentes seccións: Actualidade, Ecoloxía, Entrevista, Arte, Historia, Natureza, Como funcionan as cousas, Ensino, etc. A súa periodicidade é mensual. 


En outubro de 2016 publicouse o pimeiro número, que podedes ler premendo sobre a súa portada:



martes, 7 de febreiro de 2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Hoxe, despois de moitos anos, botamos a andar as mochilas. Levounos o seu tempo porque tentamos facelas moito coidado para que fosen atractivas. Rotarémolas entre o alumnado dos grupos do PMAR.

Xa comenzou a andaina! Agardamos que gocedes delas.


 



Materiais elaborados:

Compromiso
      
Carta ás familias



















Caderno de viaxe:





OBRADOIRO DE BANDA DESEÑADA

Xosé Tomás estivo connosco o día 30 de xaneiro dirixindo este obradoiro que organizou a biblioteca para conmemorar o Día da Ilustración.

O alumnado asistente escoitou con atención as súas explicacións sobre a banda deseñada (as denominacións usadas en varios idiomas, a orixe, as características principais, os elementos fundamentais, etc.) e puxo en práctica o aprendido.



O ilustrador deixounos a presentación que utilizou:



e tivo a xentileza de adicarnos un dos seus libros, Nómades:




PRÓXIMO RETO NO NOSO CENTRO

A gran maioría de vós participastes no reto das 1000 grúas proposto polo equipo da biblioteca, ou en The Big Challenge.

Tamén vimos nas aulas, os corredores, o patio, etc. mostras dun desafío, o water bottle flip challenge ou reto do lanzamento da botella, que consiste en lanzar unha botella parcialmente chea de auga, que dea todas as voltas posibles e, ao caer, quede de pé e sen moverse.

O mozo Mike Senatore realizou ese lanzamento nun concurso escolar de talentos en Charlotte, EE. UU. O vídeo publicado en YouTube ten xa máis de sete milones de reproducións. 



O venres 17 de febreiro temos outro reto, o proposto pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), #RosalíaTe, para conmemorar o Día de Rosalía. Esta asociación propón que o alumnado de Educación Secundaria e Bacharelato interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía (de modo, por exemplo, que no vídeo resultante se poidan ler versos completos de Rosalía de Castro, ou que se poidan intuír artisticamente os contidos da súa obra…)”.


Ide pensando como facelo!

luns, 6 de febreiro de 2017

UN RETO MÁIS


“MANNEQUÍN CHALLENGE"

Manequín é unha palabra do mundo da confección que chega a nós a través do francés mais que tería por orixe o holandés ou flamengo manneken, que significa “home pequeno”. Os primeiros “homes pequenos” eran as figuras de madeira que servían de modelo para os artistas –pintura, escultura…–. Logo pasarían a simular ser un torso humano que usaban os xastres para a confección de prendas. Dise que foi Charles Fréderic Worth, creador do concepto alta costura, quen en 1858 comezou a exhibir as súas creacións sobre unhas bonecas con trazos e forma humana, o que sería co tempo a semente dos desfiles tal como hoxe os coñecemos.

O termo púxose de moda nos últimos tempos por causa do mannequin challenge, algo que que podemos adaptar como o reto do manequín e que consiste en gravar e difundir un vídeo en que os protagonistas quedan totalmente inmobilizados nunha postura especial. Xurdiu por unha ocorrencia dunha moza dos EE.UU, usuaria de Twitter, quen publicou un vídeo da xente do seu instituto facendo de manequín. Non pasaba dunha brincadeira entre deles. Púxolle o cancelo: #MannequinChallenge, e o invento espallouse a todo meter. Ao pouco non había famoso que se prece que non fique conxelado, mesmo unha candidata á presidencia estadounidense. O obxectivo: o divertimento, aínda que en ocasións tamén transmiten algunha reivindicación. Feitos por aquí, xa temos varios, e os pioneiros foron este do IES da Chapela, “O galego non para”, e mais estoutro da Universidade de Vigo. 

Lingüisticamente atopamos a locución en inglés mannequin challenge ou o híbrido manequín challenge. Porén, recorrer ao estranxeirismo, neste caso, non é preciso xa que a intención queda perfectamente recollida na frase reto do manequín ou desafío do manequín. (Vía: O Portal das Palabras)

domingo, 5 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA 2017


A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais.


Alén do acto central, que terá lugar ás 12:00 do domingo 19 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, a AELG en colaboración coa súa base asociativa está organizando por todo o país lecturas públicas da obra de Rosalía de Castro.
En todos estes actos lerase o tradicional manifesto da AELG, que este ano elaborará a escritora Ledicia Costas.

Actividades propostas pola AELG para os centros de ensino
Desde a AELG, convidamos á comunidade educativa a que se implique de forma activa nesta festa que celebra o nome e a obra da poeta maior de Galicia, chave mestra da nosa literatura e da nosa conciencia como pobo. Por iso, para expandir o poder da súa palabra entre a xente nova, a AELG convida a celebrar o Día de Rosalía de Castro nos centros de ensino con estas accións colectivas de difusión da súa obra:
Educación Secundaria e Bacharelato
Propoñemos para o venres 17 de febreiro a gravación no centro dun Mannequin Challenge. Respondendo ao lema desta iniciativa (#RosalíaTe), propoñemos que o alumnado interaccione visualmente coa obra ou a figura de Rosalía (de modo, por exemplo, que no vídeo resultante se poidan ler versos completos de Rosalía de Castro, ou que se poidan intuír artisticamente os contidos da súa obra…).
Estes vídeos serían subidos polo centro á rede, antes do 24 de febreiro, coa etiqueta #RosalíaTe. (Vía: AELG)