venres, 30 de outubro de 2015

VII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE AUTONÓMICA



Os convocantes da proba son a AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra) e a SGE (Sociedad Geológica Española), cotando co apoio e patrocinio da Universidade de Santiago de Compostela (Facultades de Bioloxía e Escola Politécnica Superior) e da Universidade de Vigo (ETSE de Minas e Facultade de Ciencias do Campus de Ourense).


  • Participantes: Alumnado  de 4º de ESO, 1º e 2º  de bacharelato
  • Remate do prazo de inscrición: 15 de decembro de 2015.
  • Día e lugares das probas: mércores 17 de febreiro de 2016, de xeito simultáneo nas catro sedes provinciais: Facultade de Bioloxía en Santiago, Escola Politécnica Superior de Lugo, ETSE de Minas de Vigo e Facultade de Ciencias de Ourense.
  • Máis información e recollida de datos


XI OLIMPÍADA DE BIOLOXÍA. FASE AUTONÓMICA GALEGA

Está convocada pola Asociación Olimpíada de Bioloxía (OEB) baixo o patrocinio de, entre outros, a Facultade de Ciencias da  Universidade da Coruña e o Colexio Oficial de Biólogos de Galicia.
  • Participantes: alumnado matriculado na materia de Bioloxía no 1º ou 2º de bacharelato durante o curso 2015-16.
  • Prazo de inscrición: entre o venres 16 de outubro e o luns 16 de novembro de 2015.
  • Realización das probas: venres día 15 de xaneiro de 2016 na Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña, entre as 11:00 e as 19:00 horas.

Ligazón á XI Olímpíada de Bioloxía

O SAMAÍN


Chega o DÍA DE DEFUNTOS e empezamos a ver cabazas como a que trouxo á biblioteca Iria Villares, que nos invitan a celebrar o noso SAMAÍN (Halloween noutros países). 
 
Samaín é unha palabra gaélica que significa "fin do verán" e alude a unha antiga festividade celta de orixe profana que se celebra nas datas do 31 de outubro e 1 de novembro. Esa noite as portas do outro mundo ábrense e as ánimas son quen de vir visitar este mundo, moitas veces para render contas inacabadas.
A tradición europea de facer o que nós chamamos caveiras, calacús, calondros, cabazos ou calabazotes vén destes ritos célticos. Unha cabaza iluminada axudará a afastar as ánimas defuntas errantes, igual que facían os celtas cando colocaban a caveira dun inimigo nos muros altos dos seus castros. (Rosa Mª Rodríguez Currás, 3º ESO)


Desta tradición ancestral veñen abondosas historias de ultratumba sobre defuntos que reviven ou interactúan cos vivos, das que se nutriron un bo feixe de escritores galegos como Vicente Risco, Castelao, Otero  Pedrayo, Ánxel Fole, Rafael Dieste, Xosé Miranda, Agustín Fernández Paz, Suso de Toro e moitos outros.

Deixámosvos aquí a curtametraxe galega Os defuntos falaban castelao, baseada nun relato de Ánxel Fole.


xoves, 29 de outubro de 2015

ESCRITOS NA FLORESTA. ÁRBORES SENLLEIRAS NA CULTURA CHAIREGA

Xa temos na biblioteca varios exemplares deste libro do noso compañeiro Ricardo Polín, editado polo Instituto de Estudos Chairegos. Un deles, cunha dedicatoria entrañable: 





Atoparedes nel moitas árbores coñecidas, coñeceredes outras das que non sabíades e tamén algunhas xa desaparecidas. 




A Vicedirección do centro en colaboración coa biblioteca e o ENDL organizarán  o vindeiro ano dúas exposicións, que recollen dous apartados contidos no libro-catálogo:

  • Escritos na floresta. Árbores históricas.
  • Escritos na floresta. Árbores monumentais
O terceiro apartado, Árbores literarias na paisaxe cultural da Terra Chá, xa puidemos contemplalo neste centro hai dous cursos.

domingo, 25 de outubro de 2015

VISITAS GUIADAS Á BIBLIOTECA



Esta semana o alumnado de cada grupo de 1º de ESO visitará a biblioteca do centro cun membro do equipo da mesma. Recibirá información xeral (servizos, espazos, tipos de fondos e organización dos mesmos, páxinas web da biblioteca, etc.) e realizará prácticas de busca de documentos.

sábado, 24 de outubro de 2015

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2015




Santiago García (guionista) e Javier Olivares (debuxante) veñen de obter este premio pola súa obra Las Meninas, baseada no cuadro de Velázquez.



EL PAPIRO DEL CÉSAR

Acaba de publicarse este álbum da colección As aventuras de Astérix o Galo. Está escrito por Jean-Yves Ferri e debuxado por Didier Conrad.


  • Ligazón a información sobre os creadores da colección, álbums, personaxes, xogos, etc.



sábado, 17 de outubro de 2015

LECTURA CONTINUADA MULTILINGÜE DE O PRINCIPIÑO

Moitas grazas a todo o alumnado de 2º e 3º de ESO pola lectura continuada de Le Petit Prince en francés, O Principiño en galego, El Principín en bable,  El Principito en castelán e The  Little Prince en inglés; e tamén a todo o alumnado que asistiu a esta actividade o venres 9 de outubro na biblioteca.


venres, 16 de outubro de 2015

PRESENTACIÓN DOS CLUBS DE LECTURA



As reunións de presentación dos libros do primeiro trimestre terán lugar na biblioteca, ás 11:20, nas seguintes datas:

VENRES 9 DE OUTUBRO       → 1º BAC

Shelley, Mary: Frankenstein

MARTES 20 DE OUTUBRO    →   1º  ESO

Dickens, Charles: Canción de Nadal


XOVES 22 DE OUTUBRO        →      2º ESO
       
Martín Gaite, Carmen: Caperucita en Manhattan

VENRES 23 DE  OUTUBRO      →  3º / 4º ESO

Stevenson, R.L.: A illa do tesouro




NOTA: O alumnado que non poida asistir á reunión na biblioteca deberá falar con Marisa ou Domingo para xustificar a súa ausencia. En caso contrario, deixará de pertencer ao Club de Lectura.


Deixámosvos aquí un pequeno resumo da saída cultural do club do curso pasado



martes, 13 de outubro de 2015

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN

O día 16 de outubro de 1979 a Conferencia da ONU para a Agricultura e a Alimentación (FAO) proclamou o Día Mundial da Alimentación coa finalidade de concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza. É desde 1981 que se conmemora este día, coincidindo coa data de fundación da FAO en 1945.



O DMA vai adoptando todos os anos causas ou temas que precisan de reformas sociais, sendo a deste ano 2015: “Protección social e agricultura para romper o ciclo da pobreza rural”




NOVIDADES EN PORTUGUÉS





 

EL PRINCIPITO E O CINE





A adaptación cinematográfica animada, dirixida por Mark Osborne, poderémola ver na gran pantalla antes de que remate o ano. 





 

luns, 12 de outubro de 2015

domingo, 11 de outubro de 2015

HENNING MANKELL



Un dos grandes escritores da literatura policíaca contemporánea, faleceu o pasado 5 de outubro.


Entre as súas obras de literatura infantil e xuvenil, destacan:


Trilogía del fuego.


 El perro que corría hacia una estrella. (Tetralogía)


El gato al que le gustaba la lluvia.

A PRAIA DOS AFOGADOS

Xa podemos ver no cine a película baseada na novela de Domingo Villar.




GALICIENCIA 2015



Tecnópole, coa colaboración da Consellería de Economía e Industria,  celebrará o 10º Aniversario de Galiciencia do 18 ao 20 de novembro. 

Ademais da exposición de proxectos e a realización de visitas, a programación incluirá tamén:
  • Un concurso de fotografía para alumnado e profesorado da ESO, Bacharelato e FP.
  • Un concurso de deseño da imaxe da camiseta oficial da feira, que será utilizada por todos os participantes durante a súa celebración. 
Ligazón a Galiciencia

mércores, 7 de outubro de 2015

LECTURA CONTINUADA MULTILINGÜE DE O PRINCIPIÑO

O día 9 de outubro ás 11:20 terá lugar na biblioteca do centro a lectura en varias linguas (bable, castelán, francés, inglés e portugués) dalgúns capítulos desta obra de Antoine de Saint-Exupéry.