Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións temáticas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Exposicións temáticas. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de xuño de 2018

Caligramas

A imaxe pode conter: 2 persoas, xente sorrindo, xente de péMostra de Caligramas elaborados polo alumnado de 4º da ESO de Lingua Española e Literatura que poderedes atopar expostos no corredor do Edificio A que conduce á Biblioteca.

Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.
Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.
Foto de Biblioteca Santiago Basanta Silva.

domingo, 22 de outubro de 2017

Chegou o outono á Biblioteca!

É tempo de outono na nosa Biblio. Sentímolo chegar no sabor das cabazas, das castañas, das avelás e nas follas secas que o vento trouxo ata a nosa biblioteca, con poemas e moitos contos de medo. 

Lemos e imaxinamos o ruxir das follas secas mentres paseamos entre os carballos na busca de cogumelos. Saboreamos o outono e, con todas as letras que veñen na sopa, fixemos poemas para limpar o bico.



Ven pola Biblio, un lugar acolledor onde atoparás libros con sabor doce a cabaza, poemas que saen da sopa e cheiran a avelás,  follas que falan de cousas que trae o vento e contos de medo que non dan tanto medo. Bótalle un ollo ás lecturas que che recomendamos, leva ou escribe un poema e vive con nós o outono.


Mentres, fóra chove para que soñemos. 



martes, 23 de maio de 2017

"HISTORIA DEL LIBRO"

Esta interesante mostra, como xa dixemos nunha entrada anterior, fai un percorrido pola historia da comunicación escrita desde os seus antecedentes ata os actuais formatos dixitais.

Poderáse comtemplar ata o día 23 de xuño.

  

  

  





sábado, 20 de maio de 2017

A HISTORIA DO LIBRO


O IES Fernado Esquío de Neda cedeunos esta exposición temática coa que queremos conmemorar o Día Mundial do Libro e que poderedes contemplar do 23 de maio ao 23 de xuño.

É un percorrido pola historia da comunicación escrita, desde os seus antecedentes (as pinturas rupestres, os petróglifos, etc) e as súas primeiras manifestacións en soportes diferentes (pedra, taboíñas de de arxila, papiro, pergamiño, taboíñas de madeira e papel) ata os actuais formatos dixitais.



sábado, 5 de decembro de 2015

ESCRITOS NA FLORESTA. ÁRBORES HISTÓRICAS

Esta exposición está baseada nun dos apartados do libro-catálogo Escritos na Floresta. Árbores senlleiras na cultura chairega, de Ricardo Polín, que xa comentamos nunha entrada anterior.
A mostra está composta de máis de 40 paneis, que poderedes ver e ler mellor na sala de exposicións do centro.