sábado, 23 de decembro de 2017
martes, 19 de decembro de 2017
Visita á exposición de Sebastião Salgado nunha xélida mañá do mes de Nadal.
O mércores pasado o alumnado de bacharelato do Basanta Silva tivo a oportunidade de visitiar Xénese, a mostra de fotografías de Sebastião Salgado que estivo exposta ata ese mesmo día na Praza Maior de Lugo. Trátase dunha “oda visual á maxestosidade y fraxilidade da Terra; unha advertencia de todo o que estamos en risco de perder”, en palabras do propio artista brasileiro. A exposición está formada por un total de 38 fotografías de persoas, animais e paisaxes, en rincóns virxes das Illas Galápagos, Madagascar, Alaska ou a selva Amazónica entre outros lugares do planeta.
Lecturas dos nosos Clubs neste primeiro trimestre.
- En 1º da ESO lemos "Conto de Nadal" de Charles Dickens e vimos de T. Haynes, "Doctor Who: Un cuento de navidad".
- En 2º da ESO lemos "Irman do vento" e vimos "Cometas en el cielo", película dirixida por Marc Forster.
- En 3º da ESO lemos "Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz e vimos "Matar a un ruiseñor" de Robert Mulligan.
- En 4º da ESO lemos "Frankenstein" de Mary Shelley, e vimos "El Doctor Frankenstein", film dirixido por James Whale.
- No bacharelato lemos "Novela de xadrez", de Stefan Zweig, e vimos "Juego de Reyes", do director Gerd Oswald, película baseada na novela.
martes, 12 de decembro de 2017
VESTINDO A BIBLIOTECA DE NADAL
Neste nadal 2017, convidamos ao Apalpador a visitar a nosa biblioteca. Tanto lle gustou, que decideu quedarse con nós para sempre. Normal que así fose, ao descubrir o agarimo e entusiasmo co que moitas rapazas e rapaces confeccionaron as cores do seu traxe.
E aquí estamos, vestindo entre todas e todos a biblioteca de Nadal!
sábado, 9 de decembro de 2017
INAUGURACIÓN DA PINTURA MURAL DE ISABEL PARDO POLO DÍA DOS DEREITOS HUMANOS
A Declaración Universal dos Dereitos Humanos foi aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 10 de decembro de 1948. É por este motivo que, no 2018, conmemoramos e celebramos este día!
Os marabillosos traballos que vedes nas imaxes foron realizados polo alumnado de 4º da ESO, coa profesora de filosofía Anxos Galocha, para celebrar o recoñecemento destes dereitos e promover o seu respecto.
Con eles inauguramos tamén a fermosa pintura mural realizada no centro pola nosa compañeira Isabel Pardo.
😍😍😍😍
Cousa bonita!
xoves, 30 de novembro de 2017
A IDEA DE NATUREZA
Traballos creativos e reflexións sobre o concepto de NATUREZA, realizados polo alumnado de 1º BAC A, na materia de Filosofía, coa profesora Carmen Cabaneiro.
Agasallos da Asociación Feminista de Vilalba
Corredora de María Reimondez, 22 segundos de Eva Mejuto e Maruja Mallo de Elvira Riveiro, tres marabillosos agasallos que recibimos este pasado martes da Asociación Feminista de Vilalba. Lecturas para a igualdade que axiña poderedes levar en préstamo!
mércores, 29 de novembro de 2017
sábado, 25 de novembro de 2017
O CONCEPTO DE NATUREZA
Unha fermosa e interesante exposición, no primeiro andar do edificio A, recolle os traballos creativos e as reflexións que, arredor da idea de NATUREZA, elaborou o alumnado de Filosofía de 1º BAC, guiado pola súa profesora Carmen Cabaneiro. A mostra poderáse visitar ao longo destes últimos meses do ano 2017. Os que seguen son os traballos dos rapaces e rapazas de 1º BAC B.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)