sábado, 9 de febreiro de 2019

TODAS SOMOS AGUSTÍN

Dende a Biblioteca Agustín Fernández Paz do IES Santiago Basanta Silva, elaboramos este pequeno video coa colaboración de alumnas e alumnos do centro, en recordo e homenaxe a Agustín. Foi proxectado no acto de entrega do II Premio Agustín Fernández Paz de Literatura Infantil e Xuvenil pola Igualdade, ao que fomos convidadas polo iESCHA.