Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Orientación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Departamento de Orientación. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de abril de 2017

OBRADOIRO DE IMAXE CORPORAL E AUTOESTIMA

Hoxe tiveron lugar os últimos obradoiros impartidos por Xosé de Quérote+. Esta actividade foi organizada polo Equipo da Biblioteca e o Departamento de Orientación.

Coma sempre, quedaron encantados. Esperemos que poñan en práctica o aprendido.

 


 

  

 


xoves, 13 de abril de 2017

POLA IGUALDADE DE XÉNERO

O alumnado de 4º de ESO asistiu o 8 de marzo á charla-debate con Marta Piñeiro sobre a igualdade de xénero. Trala proxección do documental Aprendendo a cambiar o conto e o debate sobre o mesmo, a relatora propúxolles unha actividade de reflexión sobre igualdade e desigualdade.



Coas aportacións do alumnado, elaborouse despois un mural, que foi pegado na planta baixa do edificio B, xusto debaixo dos artigos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

 

 

 

 



domingo, 2 de abril de 2017

venres, 3 de marzo de 2017

CHARLA-DEBATE SOBRE A IGUALDADE DE XÉNERO

Esta actividade organizada polo equipo da biblioteca e o Departamento de Orientación co gallo da celebración do Día Internacional da Muller está destinada ao alumnado de 4º de ESO e terá lugar o vindeiro 8 de marzo ás 12:00.

O seu obxectivo e promover a reflexión sobre a igualdade de xénero. Proxectarase o documental Aprendendo a cambiar o conto, experiencia audiovisual protagonizada por rapaces e rapazas de 3º da ESO do IES de Tomiño (Galicia), ideada e dirixida por Marta Piñeiro a partir dunha iniciativa do Concello de Tomiño para o Día Internacional das Mulleres de 2014. Foi seleccionada no 2014 no 6º Festival Latinoamericano Imágenes Sociales e no V Festival Internacional de Cine Mujeres en Foco (Arxentina).




A continuación, haberá un coloquio coa creadora do mesmo, directora nas series da TVG : Rías Baixas, Libro de familia, Padre Casares, O Nordés de Matalobos  e Premio Mestre Mateo á Mellor Realización en 2009 e 2011 polas dúas últimas. 


mércores, 6 de xaneiro de 2016

"SENSIBILIZACIÓN CONTRA A TRATA DE SERES HUMANOS"



O día 12 de decembro todos os grupos de 4º de ESO participaron nestes obradoiros. Por problemas técnicos, só podemos ver as fotos do alumnado do grupo de 4º C. 


 

  

martes, 15 de decembro de 2015

QUÉROTE+

Hoxe está con nosoutros un membro desta asocaición gobernamental realizando obradoiros co alumnado de 3º de ESO sobre o valor da diversidade.

En Vilalba, o Espazo Xove da asociación está na rúa Novo Cazón e o seu teléfono é 982 241 732.

domingo, 22 de novembro de 2015

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

O alumnado de 2º de ESO e 1º de Bacharelato participou activamente nas actividades programadas.

Non podemos subir as fotos de todos os grupos debido a problemas técnicos.

Aquí tedes algunha do alumnado de 2º de ESO.  

 









Esperamos que aprenderades e disfrutarades moito. 

domingo, 15 de novembro de 2015

ACTIVIDADES SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

ALUMNADO
ACTIVIDADE
Data
Hora
Lugar
Organizadores
2º de ESO
Prevención da violencia de xénero.
(Charla)
20 de novembro
E2C
9:35-10:25
aula de referencia de cada grupo
Biblioteca
Departamento de Filosofía
Departamento de Orientación
CIM do Concello de Vilalba
e2B
10:25-11:15
E2D
11:45-12:35
E2E
12:35-13:25
E2A
13:25-14:15
1º de BAC
Cineforum.
(Varias curtametraxes)
24 de novembro
11:45-13:25
Salón de actos
Biblioteca
Departamento de Filosofía
Departamento de Orientación
CIM do Concello de Vilalba